En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.
Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?
Hoxe recibín un correo con isto, e fíxome graza. Xa sei que teño o blogo abandonado, pero, como se pode entender despois de velo vídeo, estou en pleno proceso de doma, que non castración, dos meus novos xabaríns. E cansa, abofé que cansa.
Este é o enlace, por se non o podedes oír, que a min non me deixa.
Non tan ben ditas, pero levo unha morea de anos decindo máis ou menos o mesmo e nin dios me fai caso...
A cousa venme de vello, pois o exemplo que cita "padecino", afortunadamente para min, con miña nai:
Un día calquera, tiña que chegar da escola ás 5 e chejo ás 6, castijado quedei, claro, tiña lugar unha conversa coa miña nai tal que así:
- ¿De o#blgtk08#nde ves, meu neno?
- Es que me castigó la maestra, pero es que...
-Nin pero nin pera, castigado á túa habitación ata a hora da cena. E mañán vou falar ca mestra e xa falaremos ti e máis eu despois.
Nunca soupen o que falou coa mestra, pero sí que, moitas veces, asejundábame o castijo para o outro día...
Porque o merecía, claro está.
Un deses tiña que haber en cada colexio e instituto recordándolle ós pais eses articulos dos deberes para darlle unha conferencia obrigatoria coa matricula do rapaz.
Por certo ben#blgtk08#vida de volta, e quedo a espera das túas aventuras no terruño.
Tras moitos meses sen escribir, actualicei o blog e agora a miña dirección é http://crispress-cpress.blogspot.com/ Vémonos.
Para ter en conta, sen dúbida...
E a ter paciencia con esa doma, pense que al#blgtk08#gún día quizais algún deles (ou incluso os pais!!) llo agradecerán.
Un saúdo.