No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Nada
Non estaba nos meus plans deixar esmorecer a isto. Máis ben, non tiña plans. Pero deberíamo ter imaxinado. O verán e a miña conexión a internet sempre sufriron un distanciamento.

Estou a recuperar a miña vida normal a unha velocidade pasmosa: non fago nada, e non quero facer nada. As miñas maletas voltaron fai unha semana, con parte da roupa mollada e apestando (ouriños de can anti-bomba?) pero aí están, xa baleiras, coa roupa clasificada por cores e a espera de pasarlle unha auguiña, ou dúas, e de que saia o sol para que sequen os xerseis de lá do inverno.

Outra boa desculpa para non pasarme por aquí, nin por aló, é Harry Potter. Eu coido que todo o mundo ten unha parte oculta, que nunca debera ser revelada. Debe quedar aí agochada, para que non se che suban os fumes. A miña é Harry. Non podo evitalo. Gústame, e como fago con todo o que me gusta, fágoo de forma incondicional, sen cuestionarmo. En nove días sae o último libro da saga, así que estiven ocupada relendo os seis anteriores para gozar do momento de saber o final.

Aínda que non son moi fan das pelis, como dixen que cando decido facer algo son incondicional, onte fun ver a última. As sete estaba no cine. E sentime mal. O acomodador miroume raro. A sala estaba abarrotada. Había unha enchenta de adolescentes, todos pagando a súa entrada co carné de estudante e o carné xoven. Debía de ser a única que pagou a entrada completa. Paciencia. Alguén sabe como falsificar un carné deses?


Tes algo que dicir? (9) - Categoría: Xeral - Escrito o 12-07-2007 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentarios
1 eu tamen son fan de Harry! teño explicacións moi serias para as xentes moi se#blgtk08#rias e outras mais emocionais para quen non necesita de verbas sofisticadas.
E así dixo torredebabel (13-07-2007 01:45)
2 non teño nin idea como se falsifica un carnet xoven... e mira que eu cas falsificaciois son experta. Cando tiña 6 anos (1º curso) falsifiquei a nota do cuadernillo de caligrafia "campanillas"...
(non é broma eh?) a odiosa profe me plantificou un 0 e eu... dianto do 0 patatero metin o 1... o tema é que non tiven suficiente c#blgtk08#on iso e engadin unha nota... "muy bien, ya no haces flatas". Noutra ocasion explicarei a reaccion dos meus pais e da profe :(
O tema do carnet xoven é outro tema... o certo é que non o probei, mais que nada porque non so teria que falsificar o carnet senon tamen o meu careto e eso... eso é moito mais dificil jeje.
E así dixo oquetencutenmedo (13-07-2007 02:24)
3 lease "diante"... #blgtk08#dichosas flatas...
E así dixo oquetencutenmedo (13-07-2007 02:26)
4 Os aires da terra séntanlle ben, iso de non querer facer nada é o que queremos facer todos pero non todos somos quen de admitilo.<#blgtk08#br /> Xa a vexo mercando roupa nova, ese cheiro nunca se lle vai ir dos miolos. Aproveite as rebaixas, muller.
Un saúdo.
E así dixo Doutora Seymour (13-07-2007 17:49)
5 Alédome de que aparecesen as maletas anque sexa nesas condicións.
Todos temos lados escuros e non creo que a paixón por Harry Pott#blgtk08#er poida ser considerada tan escura afición.
Desfruta destes días de relax e adaptación pero non deixes o blogo.
Un saúdo.
E así dixo paideleo (14-07-2007 23:07)
6 Vexo que ti tamén tes por medio de escape a Harry.
Sobre o carné xove eu non vexo forma de falsificalo, pero se alguén #blgtk08#o sabe que me avise, pero creo que para aforrar un chisco no cine terei que conseguilo.
Unha aperta!!!!!!!!!!!
E así dixo Mauro (16-07-2007 19:30)
7 Menos mal que lle atoparon as maletas. Estaba eu preocupada polo destino da roupa.

Eu fun tamén a ver a Harry (aínda que non moi convencida#blgtk08#) e sen carnet xove!! Despois de comprobar a idade media da sala (sesión de noite) creo que hai moitos máis necesitados de falsificacións do que se pensa.
E así dixo vakastolas (20-07-2007 19:24)
8 "El dia que temiamos ha llegado, la consumación de los planes de los amigos de la ETA y los socialistas-nihilistas. La suprema traición a las esencias españolas de esta Galicia tan española como cualquier otra región de España se ha cumplido. Vivimos en la edad en la que se han cumplido las pesadillas de nuestros padres y abuelos, ellos que tanto se esforzaron#blgtk08# para garantizarnos un futuro basado en el dominio de una lengua internacional, universal, cósmica. Se ha dado el primero (o segundo) paso para instaurar en Galicia una sucursal de la persecución lingüística que practican como deporte los catalanes y vascos"
Pero como podes defender posturas coma esta? Non entendo como non se che cae a cara de vergoña.
E así dixo ekis1331 (21-07-2007 01:40)
9 Grazas a todos por pasarvos por aquí. Xa sei que é tarde, e ao mellor xa non ledes isto pero hai algunha historia por aí que promete.

Torredebabel, as explicacións, tanto serias como non, podería#blgtk08#n ser un bo artigo :)

Oquetencutenmedo, esa historia delictiva na túa doce infancia precisa dunha xustificación, e as súas consecuencias.

Ekiss1331, I don't understantd :(
E así dixo A do outro lado (26-07-2007 19:50)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0