No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Na escola, xa foi
Xa rematei. Hoxe xa podo considerar que o meu traballo rematou aquí. Fun devolver o portátil e entregar as chaves e a tarxeta coa clave de seguridade para entrar no colexio. E o sábado chegoume unha carta que na última reunión de non sei que engarabatados do distrito aceptaran a miña renuncia.

O venres 22 rematei de recoller a clase. Foi unha tolemia ese día. Os nenos viñeron só de 9 a 11, e fomos todo o colexio para o ximnasio-cafetaría-salón de actos. A dire, mestra de cerimonias, deunos as grazas a todo o staff. Nombra a cada mestra unha a unha. Levántaste e saúdas. Os nenos berrando e aplaudindo (ledos de non volver verte en dous meses, I guess). Despois aplausos para os de mantemento, para os do proxecto de ciencias, para os das olimpiadas de matemáticas, para cada un dos de 5º que rematan no colexio...

O mellor de todo foi o momento da maxia. Con ton solemne, díxolle aos peques de infantil que se levantasen. Mirándolle aos ollos, exclamou:

"Polo poder que teño como directora e gran maga do colexio, declaro que a partir de agora sodes estudantes de... [fai un aceno coa man, como brandindo unha variña máxica]... PRIMER GRADO!"

Todos berrando de ledicia. Despois mándalle levantarse aos de primeiro, os meus entre eles. E convérteos en estudantes de segundo grao. E así fai con todos. Foi moi emocionante. Aínda que, pensei eu, aquí moitos repetidores como que non hai...

Cando rematou o show, para a clase quince minutos e levalos ao autobús. Eu obrigueilles a cada un dos nenos que me desen un abrazo. Algún dos gallitos non quería, pero fíxoo, que remedio. Teño que confesar que dende o mércores, cando fixen a festa de fin de curso e viñeron os pais cos seus thank you´s previsibles e os regaliños, tiven os ollos un pouquiño pingoentos. Vou estrañar aos meus monstríños.

A partir das once xa non me deu tempo a pingar o ollo. Corre de arriba para abaixo, recolle toda a clase, cubre os ordenadores, cubre o Smart Board, limpa a clase, busca ao de mantemento para que veña comprobar que teño todo recolleito e que poña un tick non dezaseis items que teño que facer e me firme para facer o check out. Busca á libreira para que comprobe que devolvín todos os libros da biblioteca para que me poña o bendito tick e me firme. Despois á dos ordenadores, para que comproba as vinte e seis cousas que teño na lista, me poña un tick en cada unha delas, e me firme. E despois á secretaria, que comprobe que puxen as notas na caixa de correos e metín unha copia en cada expediente dos nenos.

Toda a check out list cuberta e son as 2 da tarde. Ceibe por fin. Voulle axudar a Nancy a acabar de recoller o seu salón, que ás 5 é a cea de fin de curso.

Que estrés. Pero xa foi. Non mo podo crer. E saín viva e victoriosa.
Tes algo que dicir? (4) - Categoría: Xeral - Escrito o 25-06-2007 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentarios
1 Quedouche un pape#blgtk08#l encima da mesa
E así dixo (25-06-2007 23:09)
2 "Polo poder que teño como directora e gran maga do colexio, declaro que a partir de agora eres de... [fai un ace#blgtk08#no coa man, como brandindo unha variña máxica]... GEROGE BUSH PRESIDENTE DOS EEUU E DE PARTE DO MUNDO!"
E así dixo (25-06-2007 23:15)
3 Vaia ascenso de Educación Infantil a#blgtk08# presidentes dos USA, e sen repetir.
E así dixo (25-06-2007 23:16)
4 MISION CUMPRIDA¡¡¡¡ Misión cumprida polo teu propósito ou meta persoal conseguida, enténdase vivir a experiencia de todo este curso en toda a AMPLITUDE, dando por suposto a túa profesionalidade de cara aos pícaros e a labor docente (aos fixáchete).. e agora saborea ese momento de felicidade, e incluso#blgtk08# tristura en forma de morriña prematura de cara a marcha.... ri, chora, e experimenta esa mixtura de sentimentos que supoño debes experimentar estes últimos días, unhos debidos a tristura da marcha e outros a emoción-ilusión da volta...(en minúsculas)hehe, tomei unhas estrelas¡ MISIÓN CUMPRIDA¡ chuchos
E así dixo (27-06-2007 00:20)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0