En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo... |
|
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.
Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora? |
|

|
Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sen coche |
|

Así é como está o aparcadoiro do meu coche dende hai unha semana, dende o sábado que o coche dixo plof. Dende entón, fixemos moitas cousiñas raras o meu coche e máis eu.
Eu todos os días ao cole con Nancy, que me viña recoller ás 6:45 pola fresca. O meu coche abandonado nun taller de mala morte en Seattle, porque os donos pedíanme $3800 por amañalo (máis do que vale, que xa o tiña vendido por $3300). Como viron que non colaba, baixárono a $2900. Seguía a ser moito. O mércores funme para Seattle co marido de Nancy para intentar sacalo de alí sen que me cobraran nada por telo aparcado e por mirar o que tiña, e conseguímolo.
Tamén intentamos que o seu seguro da grúa mo levase para Bellevue, pero non foi posible, así que a cotizar $140 por traelo. Agora está nun taller por aquí, e a reparación custará entre 1000 e 2000 dólares. A ver, fagamos cálculos, o Ford custou 3900, máis 300 que lle gastei en talleres, máis outros 200 en grúas, máis estes poñámoslle 1500 de amaño, saíu en 5900 (4400?), e véndoo por $1500 (1100?). Perdín 3300?. Como me dixo alguén, non viña aquí facerme rica. E sigo sen coche. E cando se me acabe o tabaco e o leite, que fago? Vou mirar de alugar un.
Continuará, me temo... |
|
|
|
11 Comentarios |
|
1 |
Eche o que teñen os coches, sempre dan gastos por todos lados#blgtk08#!! Eu prestábache o meu, pero coido que estamos moi lonxe... |
|
|
E así dixo Anxélica (23-06-2007 19:21) |
|
|
2 |
Os coches dan gastos pero son necesarios e máis nesas terri#blgtk08#ñas.
Ánimo que falta pouco para comer decentemente. |
|
|
E así dixo paideleo (23-06-2007 23:26) |
|
|
3 |
Eu xa sei que os coches dan gastos, pero tantos? Paseime toda a mañá buscando coches de aluguer. Para a semana que me queda cóbranme de 150 a 200 dólares. Todo ben até aí. O problema é que lle teño que pagar á parte un seguro, e con isto xa me suma máis de 400. Totalmente inviable.
Teño que pensar como vou facer. Teño que ir devolver o portátil do colexio antes de mércores. O luns teño que ir facer a transferencia dos cartos para mandalos á Caixa. Teño que devolver#blgtk08# ó módem por correo antes do domingo, ben, isto podo facelo andando, dando un paseiño.
Sigamos coa lista. Quédanme dous paquetes de tabaco. Podo ir compralos á gasolinera da 148, que estará a 40 minutos andando. E teño leite, un bote de olivas, nachos, galletas de chocolate, un paquete de bacon, catro latas de sardiñas e unha laranxa. E café. Ben, con isto sobrevivo a semana. Non!!!!! Acabo de lembrar que se me están a acabar os dónuts? Que dura é a vida.
|
|
|
E así dixo A do outro lado (24-06-2007 00:16) |
|
|
4 |
Pois eu levo un mes e pico sen coche e estoume a facer de ouro. Pena que non teña mui#blgtk08#to pero o que é en gastos baixei case un 80%. A vida é saudábel e fermosa en bici ;) |
|
|
E así dixo turonián (24-06-2007 22:05) |
|
|
5 |
Eres moi optimista neses cálculos dos gastos do coche. Podes sejir sumando: sejuros, aparcamentos, jasol#blgtk08#ina, autopistas, impostos municipais, multas...
E tempo e disgustos.
Pero, éche o que hai. |
|
|
E así dixo Ninsesabe (25-06-2007 12:06) |
|
|
6 |
Ten vostede un autentico arsenal na casa!!!, pode vostede aguantar tra#blgtk08#nquilamente sen coche, resista muller, que nós a apoiamos moralmente. |
|
|
E así dixo Doutora Seymour (25-06-2007 13:15) |
|
|
7 |
Vas volver de indiana pobre, así que xa #blgtk08#nos podemos esquecer da escola do pobo. |
|
|
E así dixo (25-06-2007 21:50) |
|
|
8 |
Rica non virás, pero míraoo polo lado bo, quen te verá contando batallitas dos EEUU cando estes al#blgtk08#go chispa, un gran pais, que eficiencia, que marabilla, que merda de educación hai en GZ, etc, etc |
|
|
E así dixo (25-06-2007 21:52) |
|
|
9 |
Vouche dar uns consellos de ex-emigrante retornado:
1º. Merca un haiga,
2º. Castellanea algo que sempre queda fino
3º. Traduce as cancións en inglés, e dille aos teus colegas, que Bruce ten unhas letras de merda
4º. Emprega abundantemente a tecnoloxía, o powerpoint, non fo#blgtk08#i iso o que che dixeron cando fuches, que nos colexios se empregaba habitualmente o powerpoint, (non sei que carallo pensaran os ianquees de nós, cando poñen como exemplo de tecnoloxía punta en educación o power point, secadra pensan que seguimos a empregar o papel calcante)
Namais, para máis consellos pasar por caja |
|
|
E así dixo (25-06-2007 21:56) |
|
|
10 |
Vouche dar uns consellos de ex-emigrante retornado:
1º. Merca un haiga,
2º. Castellanea algo que sempre queda fino
3º. Traduce as cancións en inglés, e dille aos teus colegas, que Bruce ten unhas letras de merda
4º. Emprega abundantemente a tecnoloxía, o powerpoint, non fo#blgtk08#i iso o que che dixeron cando fuches, que nos colexios se empregaba habitualmente o powerpoint, (non sei que carallo pensaran os ianquees de nós, cando poñen como exemplo de tecnoloxía punta en educación o power point, secadra pensan que seguimos a empregar o papel calcante)
Namais, para máis consellos pasar por caja |
|
|
E así dixo (25-06-2007 22:10) |
|
|
11 |
Non os coches!!! Só dan problemas...<#blgtk08#br />
Ánimo que queda menos. |
|
|
E así dixo vakastolas (25-06-2007 22:39) |
|
|
Ti dirás. |
|
|
|
|