No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Allos, preciso de allos
Para espantar as meigas. Ista fin de semana foi apoteósica. Creo que a vou marcar na miña axenda o 16 e o 17 de xuño como días negros.

Onte sábado á noite funme a unha cea de despedida que lle facían a María, unha española que está en Seattle de auxiliar de conversación. O coche, ao chegar, dixo xa. E así foi, xa. Non lle entraba nin a marcha adiante nin a de atrás. Funme cear, a ver se dándolle un pouco de tempo pensábase mellor o de deixarme tirada catorce días antes de cruzar o océano, pero non. Quedeime a durmir en Seattle, por se o día do señor o bendito carro decidía amañarse. Non. Hoxe pola mañá chamar á grúa, pagar á grúa, deixalo nun taller pechado de Seattle, tirar as chaves e un papel explicando o que lle pasara ao coche por un buraquiño e que sexa o que deus queira. Dende 500 a 2000 dólares, dixo o da grúa que podía ser a bromiña.

E tráenme á casa, e a simpática da miña caseira trouxo a unha amiga por se lle interesaba algo do que eu tiña. Viñeron pola mañá, que eu non estaba, con nocturnidade e alevosía, e levaron mesas, electrodomésticos, as mesiñas, a lámpada coa que leo polas noites, os vasos!... Eu pensaba que viña mirar se quería algo, non que viñera arramplar con todo. Espérate a que vexa á caseira. Voulle a cantar as corenta en bastos.

Que día. Que remate isto xa, por favor!
Tes algo que dicir? (5) - Categoría: Xeral - Escrito o 18-06-2007 03:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentarios
1 Tranquila muller, que segundo os últimos informes que teño lido o coche non cabe na maleta e é ilegal matar ca#blgtk08#seiras. Se atopo algunha novidade arredor destas anteriores afirmacións comunícocha rapidamente.
Ánimo!
E así dixo turonio (18-06-2007 12:23)
2 din que non hai mal que dure cen anos. E por#blgtk08# sorte, a meirande deles dura moito menos...
E así dixo torredebabel (20-06-2007 00:49)
3 Grazas aos dous por pasarvos por aquí. Torredebabel, o do coche, relativizando, non é grave, e non durará 100 anos, pero xa levo dende o sába#blgtk08#do con todo o pitoste montado, e estamos a martes e non hai nada claro como vai acabar isto. Turonio, sigo á espera de se atopas novidades :)
E así dixo A do outro lado (20-06-2007 07:16)
4 Mira a cousa polo lado bon...somentes che falta vender o coche. Polo día anda moito, asi can#blgtk08#do chegues a noite terás moito sono e poucas ganas de ler.Que teñas unha boa viaxe de volta
E así dixo pepe penas (20-06-2007 23:43)
5 Grazas polos ánimos, P#blgtk08#epe, xa queda menos!!!
E así dixo A do outro lado (23-06-2007 18:23)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0