No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Pechando o ano

Isto estase a acabar. Dentro de dezaseis días, só dezaseis días, xa estou atravesando o Atlántico. Ando a mil esta tempada. E os nenos tamén. Como sempre chego á casa morta, non dou avanzado en todas as tarefas que teño que facer para o peche do ano. Xa que logo, hoxe pedin medío día e non fun ao colexio no p.m.

Funme arreglar os papeis para que me devolvan o que levo cotizado para o retiro, porque non penso ser unha xubilada aquí, onde todos os que se retiran acaban buscando outro traballo ao pouco tempo, non sei se porque lles gustan os cartos, porque lles pagan pouca pensión, ou porque non saben en que dedicar o tempo de lecer. Se cadra, unha mestura de todo. Despois fun ao banco para ver como podo levarme os dólares para a Caixa, que nunca uns cartiños foron tan ben ganados e sudados. Máis tarde chamar á compañía de teléfonos para ver como e cando devolvo o módem, cando podo pechar todo... E agora, a corrixir os exames, que por aquí lles chaman assessments, e meter as notas no portátil que nos dan a todos os mestres do distrito. Isto non pasa en todos os lados, pero é que eu estou nun distrito fresa, que diría un mexicano. A outros dos que coñezo por darlles non lles dan nin os bos días.

En fin, seguiremos tirando do carro, que isto xa cheira a festa pasada, ou a iogur caducado.
Tes algo que dicir? (6) - Categoría: Xeral - Escrito o 15-06-2007 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentarios
1 Aínda queda muito iogur, pero hai que preparar #blgtk08#a última cullerada para que sexa ben especial.
E así dixo turonio (15-06-2007 07:15)
2 Iogur, iogur... O que preciso é un bo bocadillo de chorizón. Hoxe, saíndo do Starbucks de mercar un pseudo-café en vaso de papel para levar (sn#blgtk08#if) pareceume oler á chorizo Revilla. O meu corpo é as miñas percepcións sensorias xa mo din ben clariño. Volve xa!

Un saúdo :)
E así dixo A do outro lado (15-06-2007 07:27)
3 Ánimo! o últ#blgtk08#imo esforzo.
E así dixo vakastolas (15-06-2007 13:28)
4 Non é mala a idea do portátil. Voull#blgtk08#e escribir a Touriño, a ver se cola.
E así dixo Ninsesabe (16-06-2007 13:19)
5 Sorte nesta recta final.
Nós pasamos ese tr#blgtk08#ago o ano pasado e aínda é un incordio de carallo.
E así dixo paideleo (16-06-2007 17:15)
6 Grazas polo azos. A verdade é que xa non queda nadiña, pero fan falla porque como di paideleo o final é unha tolemia.
#blgtk08#/>
Ninsesabe, o de escribirlle a Touriño parece unha boa idea, non sei se será fructífera, pero por intentalo...
E así dixo A do outro lado (16-06-2007 19:02)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0