No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

De flores con pinchos
Hoxe foi un día completo. Ás sete da tarde había na biblioteca do colexio un acto organizado pola Asociación de Pais na que se lle agradecía a todos os voluntarios que traballaron durante o curso. Así que o día foi completiño: cheguei ás 8:40, pasadas, un pouquiño tarde, que se supón que ás 8:35 teño que estar no colexio (non sei que lle pasou ao espertador, para min que se durmiu), e estiven traballando até as 5. Vinme para a casa, acabei de corrixir uns exames, e marchei para aló outra vez.

Acó o do voluntariado lévase moito, en todos os ámbitos. No colexio as nais veñen axudarche na clase, por exemplo todos os luns de dez a once están na clase axudando nos centros cos nenos, outra ben os martes de once a doce para facer fotocopias, grampar libriños, plastificar pósters? o que faga falla. E por iso hoxe fixeron esta especie de premios de Hollywood, e un premio para a nai que máis colaborou con este proxecto, aplauso, e outro premio para a nai que axudou a recaudar máis fondos, aplauso, e así sucesivamente.

A min tamén me agasallaron, unhas flores e un chocolate, para agradecerme vir de tan lonxe e darlle clase aos seus fillos. Até aquí todo ben, moi agradecida. Pero non me gustou cando lle deron o premio ao mellor mestre do ano. Déronllo á substituta que colleu a clase do outro profesor visitante que veu conmigo para as Américas, e que o 18 de outubro decidiu que xa tivera dabondo e marchou para Cataluña. Déronlle as grazas por axudarlle aos nenos da clase a superar o principio do curso tan duro e facilitarlles a transición. Non sei, sóupome mal por el, porque non foi toda a culpa súa.

E a miña cámara de fotos morreu, RIP.

Tes algo que dicir? (6) - Categoría: Xeral - Escrito o 08-06-2007 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentarios
1 interesante o premio ese á voluntaria que mais cartos recadou. Encántanme esas cousiñas que deixas ver dunha cultura "peculiar" a través d#blgtk08#a túa xanela.
Supoño que premiar ao que viu substituír a outro é para non ter que premiar a ninguén que vaia estar o ano vindeiro.
E así dixo turonio (08-06-2007 11:17)
2 A cámara non será Canon ?. A Crispress morréronlle dú#blgtk08#as nos Esteits.
Que tal levas a recta final ?.
E así dixo paideleo (10-06-2007 12:31)
3 Eu sonlle un chisco alérxica a todas esas historias de actos de agradecemento e premios e tal e tumba. Un fai o que ten que facer coa mellor intención e dedicán#blgtk08#dolle o tempo máis a enexía que precise, a recompensa xa ven no feito de ser quen de ver que serviu para algo.
Deséxolle unha volta gozosa. Unha aperta.
E así dixo Doutora Seymour (11-06-2007 21:47)
4 o dos premios soa moi show americano pero esa colaboración dos pais nos t#blgtk08#emas escolares vai facer que acabe empatizando cos ianquis (que perigo!)
E así dixo vakastolas (11-06-2007 21:53)
5 Coincido bastante coa Doutora Seymour e con Vakastolas.Tanto é así que para o ano penso xubilarme e ándolle dando volta#blgtk08#s a ver como podo librarme de toda a parafernalia que se monta nestes casos sen parecer insolente cos demais...
E así dixo Ninsesabe (12-06-2007 17:25)
6 Pois a cámara non é Canon, que ma regalaban no Eroski por mercar dous botes de 5 kg. de Nesquick, pero parece que está resucitanto. Veremos o que aguanta. A recta final vouna levando. No colexio non podo ter máis traballo, é cronolóxicamente imposible. Vouno facendo como podo, máis mal que ben.

No tocante ao país das grazas, certa#blgtk08#mente é todo show e parafernalia, pero se algo aprendín neste ano é que con palabras bonitas chégase máis lonxe. Nunca desagrada oír unha palabra amable. Aquí fáltalle un pouco de sentimento, pero agradécese. E pódese aplicar en todos os ámbitos, ninguén ten que darlle as grazas a outro por facer o traballo, pero unha palmadiña no ombro gusta.
E así dixo A do outro lado (13-06-2007 03:12)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0