No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Un bisonte pasoume por riba

Non tal, pero síntome así. O luns pasado pedín o día no colexio, unha sick leave, e castigoume deus porque agora si que estou maliña. Un catarro destes sen importancia, cansazo e pouco máis, con ganas de mimos e de durmir. Levo tres días durmindo doce horas. Xa me recomendaron uns polvos máxicos e tomei o primeiro sobre. Débenme estar facendo efecto porque espertei con ganas dun donuts e de fumar. Síntoma de que me estou recuperando.

Ao búfalo, ou bisonte, da foto, coñecino a fin de semana pasada, que me fun a recorrer a costa de Oregón. E mañá de ruta outra vez, a ver un volcán activo, o St. Helens, que nos oitenta deulle por dar eruptos. Espero que o sábado siga durmidiño.

E tamén estou un pouco triste, porque o randeeiro vaise.


Tes algo que dicir? (4) - Categoría: Xeral - Escrito o 18-05-2007 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentarios
1 Pois eu tamén estiven un par de días amolado. A#blgtk08# ver si vai resultar que os blogs contaxian...
E así dixo Ninsesabe (20-05-2007 16:39)
2 Eu tamén mirei bisontes e levei unha desilusión polo pequenos que eran. Na película "Bailando con lobos" parecían descomunais.
Boa viaxe e aproveita pa#blgtk08#ra facer turismo por aí que pouco che queda.
Cando chegues á terriña non fagas coma o Randeeiro e non feches o teu blogo.
Un saúdo e a curarse.
E así dixo paideleo (20-05-2007 23:52)
3 Non dou feito con vostede! non me xogue coas baixas laborais, xa ve o que pode pasar, e polo que máis quiera... que é iso da automedicación e os#blgtk08# polvos máxicos, e veña donuts e veña fumar! Vai vostede a acabar comigo, non sexa tan rebelde muller, case temo que se achegue ao St.Helens...
E así dixo Doutora Seymour (21-05-2007 11:41)
4 Ninsesabe, por se acaso é contaxioso, non pasei pola túa casa nuns días. Agora xa estou recuperada, así que por alí irei de paseo, aínda que teño que recoñecer que moitas veces o fago ás agachadas e non te enteras.

Paideleo, de verdade que non te impresionaron? Mimadriña, estes estaban nunha granxa, mesmiño ao lado da estrada e protexido#blgtk08#s só por un valadiño de arame. Cando me acheguei a facerlles a foto, un deles virou a cabeza cara a min e eu marchei correndo para o coche. Literalmente.

Doutora, parece mentira que non confíe vostede nas propiedades curativas dos polvos... os que veñen en sobre, digo.

Un saúdo para os tres, e a compartilo e non pelexarse.
E así dixo A do outro lado (24-05-2007 03:34)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0