No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Aprécianme/nos
Teño discutido con moita xente por aquí a valoración social dos mestres por estas terras. Hai xente que me di que non se nos aprecia, que damos pena. Outra xente di que si que se valora o noso traballo, pero só socialmente, non monetariamente.

A miña percepción é que está moito mellor visto por aquí que por alá. Cando polas miñas terras dis que es mestra o primeiro que che din é o dos tres meses de vacacións.

E para mostra un botón. Esta semana é a Teachers Appreciation. A asociación de pais (máis ben de nais, como pasa por aí) organiza as seguintes actividades para todos os mestres e demais membros do colexio:

1) Luns. Ás oito da mañá almorzo completo. Traeron café, zumes, froita, bollería varia... Deixaron todo na sala de profesores. E comímolo. Non quedou nada.

2) Martes. Flores. Todos os estudantes trouxéronnos flores e demáis cousas. Eu teño galletas recién cociñadas, deliciosas, e chocolate.

3) Mércores. Comida gratis. Traen para a sala de profes comida. Pasta, ensaladas, froita, doces...

4) Xoves. Car wash. A partir das 9 da mañá, as nais puxéronse a lavar todos os coches do aparcadoiro de mestres. Onte fun aspiralo, así que teño o coche coma unha patena.

5) Venres. Os nenos traerannos chocolates, zumes, tarxetas de regalo...

E, ademáis, temos unha masaxe un día á semana. A min tocoume hoxe. De 12:00 a 12:15 unha masaxista profesional estívome a traballar as costas. Todo pagado polos pais.

Contáronme que o distrito, o que sería coma a nosa delegación, tivo que poñer freo ás actividades que se fan durante esta semana, porque antes dábanlles moi bos regalos aos seus profes, coma cruceiros e cousas así.

Río sóa cando penso nos colexios nos que estiven aí se lles digo que me teñen que lavar o coche.
Tes algo que dicir? (10) - Categoría: Xeral - Escrito o 11-05-2007 02:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentarios
1 Son filla de mestra... que me vas contar? Aquí o que che dan son desgustos.

Pero algunhas cousas que dis trouxéronme bos recordos. Cando eu era pequeniña tocoume em#blgtk08#pezar os párvulos nunha escola unitaria e un día á semana as nais axudaban á mestra a limpar a clase (só había unha) mentras nos xogábamos no patio. Quizais eran outros tempos...
E así dixo vakastolas (11-05-2007 18:54)
2 Carallo! Téñente aí coma unha raíña!! Estas segura de que queres voltar??

Co que xa quedei flipando foi co do coche... están tolos estos americanos!!
A m#blgtk08#in que me da meu pai de cando en vez uns euros se lavo o coche e aí tó quisque veña a lavalos de balde... así non había facer eu negocio pra tomar uns cafés máis ó mes! hehehe
E así dixo Suso (13-05-2007 03:44)
3 Paréceme un chisco excesivo, coido que o respecto e a valoración á labor dun mestre (como a calquera outro traballador) demóstrase día#blgtk08# a día e tamén no soldo( por qué non dicilo). Pero xa que por aí é costume vostede aproveite, muller! (o do coche é un choio, oiga!)
E así dixo Doutora Seymour (13-05-2007 22:35)
4 NON VOLVAS!!#blgtk08#!!!!!!!!!!!!
E así dixo (15-05-2007 15:57)
5 Definitivamente vou abandonar a miña profesión, meterme a facer a secundari#blgtk08#a e o maxisterio e voume de mestre para USA ... é preciso dominar o inglés?
E así dixo a randeeira (15-05-2007 17:23)
6 Recordame a cando se iba ao médico cun cartón de Winston de contrabando e unha de Yoni gualker, ou coma ainda fan algunhas personas por Gali#blgtk08#cia adiante, cun pinto escamado, ou co galo desplumado.Tamén andan a hostias cos maestros en españa, eu digo nin tanto nin tan calvo. Bicos
E así dixo susolista (15-05-2007 19:43)
7 déixate q#blgtk08#uerer....
E así dixo mamiago (16-05-2007 01:00)
8 Este costume é dos costumes que deberi#blgtk08#amos copiar. Pero só copiamos o malo.
E así dixo paideleo (16-05-2007 01:38)
9 Aberto do peito quedei co que escribes. Levo 37 anos de exercicio da profesión e na miña vida tal vin, nin de lonxe. #blgtk08#É máis, podiavos contar anécdotas ben curiosas no sentido contrario...Manda chover na Habana, como perdín o tempo...
E así dixo Ninsesabe (16-05-2007 17:41)
10 Home, o que fan é impresionante, pero tamén hai que poñelo en contexto. Nesta terra o de da#blgtk08#r as grazas é parte do rito social. Non é que sexan sempre de corazón. Pero non me queixo.
E así dixo A do outro lado (18-05-2007 07:10)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0