No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Proust pregunta, eu non digo nada
Ninsesabe, e a min que non me pregunten, convidoume a facer este cuestionario. Eu non son moi amiga deles, que xa os test da Cosmopolitan cústame facelos, pero heino intentar só por unha razón, a fermosa introdución que escribiu no seu artigo. Máis aviso, non pretendas coñecerme mellor léndoo, que intentarei agocharme todo o que poida nas respostas.


O cuestionario Proust:


O principal rasgo do meu carácter?

A principal rasgo é a súa ausencia, é dicir, non teño carácter. Caeume un día de pequena cando ía na bicicleta e non fun quen de atopalo. Pusilánime, din a malas linguas.

A calidade que prefiro nun home?
A calidade que desexo nunha muller?
Gústame a xente que ten algo que dicir.

O que máis aprecio nos meus amigos?

Aos meus amigos ás veces os aprecio, outras veces os desprecio, pero nunca podería poñerlles precio.

O meu principal defecto?
Eu son un defecto, por defecto.

A miña ocupación preferida?

Vivir sen vivir en min. En cristiano, que Morfeo me abrace.

O meu soño de dicha?

Non sei quen dixo que a felicidade non é o obxectivo, senón o camiño. Supoño que me gustaría buscar a felicidade toda a miña vida, pero sempre camiñando cara adiante. E se non, unha boa sesta para olvidarse do dura que é a vida.

Cal sería a miña maior desgraza?

Perder o avión o 30 de xuño.

Que quixera ser?
Quisiera ser... quisiera ser...



... e de paso, ter o cú da rapasiña.

Onde desexaría vivir?
No outro lado, sen dúbida.

A cor que prefiro?
Cando era heavy era o negro, despois foi o verde pero un día decidín cambiar e que fose o azul. Agora xa non me lembro se sigo co azul ou voltei ao verde.

A flor que prefiro?

A do toxo.

O paxaro que prefiro?

Piolín.

Os meus autores preferidos en prosa?
Eu non teño preferidos, leo o que me cae nas mans. Se me gusta, disfrútoo. Se non, deíxoo. Muller pouco de canon, son eu.

Os meus poetas preferidos?

Non leo poesía. A miña relixión impídemo.

Os meus heroes de ficción?
Superlópez.

As miñas heroínas de ficción?
A de "Pechos fuera", compañeira de Mazinger Z.

Os meus compositores preferidos?
Hombres G... que pasa!?

Os meus pintores predilectos?
Pepe Gotera e Otilio.

Os meus heroes da vida real?

Cambio de mes en mes. Sempre me emociono con alguén, pero dúrame pouco. Actualmente estou un pouco desheroada.

As miñas heroínas históricas?
A raíña católica, sen dúbida, ou a arte de non ducharse en meses.

Os meus nomes favoritos?

Todos os nomes, desa escritora portuguesa tan famosa, Sara Mago.

Que detesto máis que nada?
Creme, podo detestar calquera cousa? Pero non me gustan os soberbios.

Que caracteres históricos desprezo máis?

Todos os que teñen bigote.

Que feito militar admiro máis?
A guerra de Cuba... eu que sei!

Que reforma admiro máis?
A agraria.

Que dons naturais quixeras ter?
A forza dun elefante, a rapidez dun leopardo e a graza dun mono.

Como me gustaría morrer?
Non me gustaría morrer.

Estado presente do meu espírito?
Estado monárquico e aconfesional: ten un rei pero non o confesa.

Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Ves, algo que teño que mellorar, son pouco indulxente.

O meu lema?
"Es mejor estar callado y parecer tonto, que hablar y despejar las dudas definitivamente." (Groucho)


E que rule, convido a Cris a facelo, para que recomende algo de poesía, e a ao das portas, por se non ten nada do que escribir.
Tes algo que dicir? (4) - Categoría: Xeral - Escrito o 04-05-2007 06:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentarios
1 Afrodita se chamaba, a min tamén#blgtk08# me gustaba mogollón Mazinguer Z
E así dixo a randeeira (04-05-2007 10:42)
2 Vexo que acertei plenamente ó invitarte a responder o cuestionario.
Ti pensas que non te coñezo aljo máis, é o mellor tes razón, nunca se sabe, aínda que eun penso o contrario, que teño dereito a terquear. Pero divertín #blgtk08#si que me divertín lendo ás túas respostas.
Polo demais, a pesares do que dis na primeira resposta, comprobo que tiña tamén razón, que es unha rapaza con carácter.
En fin, que acertei. Coma sempre. Je,je,je,je....
E así dixo Ninsesabe (04-05-2007 12:12)
3 Un lema xenial. E case que calo...
(só unha cousa máis, o 30 #blgtk08#de xuño xa está aí a volta da esquina, desexolle unha doce espera.)
E así dixo Doutora Seymour (05-05-2007 02:16)
4 Pero muller... cómo me metes ese vídeo no medio do cuestionario?? Agora xa estou descolocado e non son quen de lle poñer atención #blgtk08#ás respostas... nin ás preguntas.

Mira, coincidimos no da reforma! :)

Moi enxeñosas as respostas :)
E así dixo Suso (05-05-2007 03:08)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0