No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Café quente

Hoxe o café estaba moi quente, e acordeime de miña nai. Lembrei como me arrefriaba o Cola Cao antes de marchar para o colexio, cando ía tarde; como o pasaba dunha cunca a outra até que xa valía para beber; e como cando eu metía un cacho de tortilla moi quente na boca dicíalle coa boca chea, mamá, está moi quente, e abría a boca e ela soprábame.

Quérote moito, mamá.
A foto
Tes algo que dicir? (8) - Categoría: Xeral - Escrito o 10-04-2007 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentarios
1 Coido que as nosas nais soprabannos sempre. Cando facía frio sopraban para que nos #blgtk08#quentaramos, cando facía calor tamén sopraban, pero desta era para que enfriaramos.
E así dixo pepe penas (10-04-2007 23:13)
2 Elas sempre están aí..., soprando, incluso cando cremos que n#blgtk08#on nos fai falta.
Fermosa foto, e fermosísimo texto.
E así dixo Doutora Seymour (10-04-2007 23:31)
3 Moitas grazas polos vosos comentarios. Da ghusto ter veciños así. Por engadir algo mái#blgtk08#s ao artigo, dicir que miña nai non sempre sopra... ás veces resopra, e bufa tamén. :)
E así dixo A do outro lado (11-04-2007 07:01)
4 ¿Que pode haber máis grande que o amor dunha nai?
Ás veces non o valoramos ben. Ata que se nos escap#blgtk08#a de entre as mans case sen darnos conta.
Disfruta moito do amor de túa nai, miña amiga "americana".
E así dixo Ninsesabe (11-04-2007 17:29)
5 A verdade sempre fun mais de cola cao que de café, sempre me puxo toliño, eu o que lembro e como de nen#blgtk08#o lle pedia os meus avós que lle quitaran a tona, de aldea si, pero un chisco finolis!
Un saudo.
E así dixo Alberte Fotografando (12-04-2007 01:42)
6 Pois miña irmá, a nai de Iago e Diego, toma case 1 quilo de colacao á semana, así que merca os paquetes de 5 quilos case cada mes, e#blgtk08# enfádase se non os topa no carrefour. Por riba o pequerrecho de 2 anos parece que herdou o vicio e tamén lle da ó bibe de colacao.
E así dixo crispress (12-04-2007 20:24)
7 Así que contando el secreto de mis superpoderes...1kg, ¡qué exagerada!, son 900gr de nada a la semana. Es que #blgtk08#el cola-cao, ya no es lo que era, y aunque sabe bien, hay que echar más para que esté oscuro, parte é fariña.
E así dixo mamiago (13-04-2007 01:04)
8 Moitas grazas a todos por pasarvos por aquí. Que #blgtk08#graza ver as dúas irmás "pelexándose on line"! :)
E así dixo A do outro lado (19-04-2007 05:53)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0