En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo... |
|
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.
Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora? |
|

|
Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cans e Pascuas |
|

Onte foi Pascua, que aquí parece ser un día importante, na que se fai unha cea con xeito. Eu funme para Seattle, que a familia coa que vive María díxolle que invitara a quen quixera.
Antes da cea, os nenos buscando pola casa os ovos que os pais agocharan polos recunchos. Os ovos eran coma os de Kinder, con sorpresa dentro, que tiñan cartiños. Non daban atopado o que tiña $50. Dábame non sei que poñerme a buscalo que se non... A cea gustoume moito, tamén hai que dicir que agradezo calquera cousiña quente. Un xamón asado moi rico, con patacas gratinadas ao forno e xudías á prancha de guarnición. Foron moi agradables. Mandáronme dous tuppers cheos de patacas e lacón, así que hoxe ceéi con xeito, invitei á miña caseira, e aínda me queda para mañá: cozo uns cachelos e listo.
Hoxe pola mañá, sobre ás nove e media chamoume á caseira. Antes de marchar para o traballo, escapóuselle o novo can, si, o de arriba, así que me pediu que estivera pendente por se aparecía. Como non teño clase, que estou de Spring break até o xoves, funme no coche intentar atopalo. Ao final el soliño chegou á casa. O can creo que se chama Baily, ou algo así, aínda que o principio a caseira barallou en poñerlle Toby, como lo oyes, aínda que pronunciado /toubi/. Hai cousas internacionais.
By the way, primer artigo escrito en Linux, e sen problemas.
|
|
|
|
5 Comentarios |
|
1 |
je, je .... pois eu tamén teño un can que lle ch#blgtk08#aman Toby ... ó mellor é parente do da caseira. |
|
|
E así dixo a randeeira (10-04-2007 09:34) |
|
|
2 |
Hai comidas de dias de festa americanas que non tenhen desperdicio.
A min gustabame o #blgtk08#pavo do dia de accion de gracias.
Aledome por Baily de que aparecese.
Un saudo. |
|
|
E así dixo paideleo (11-04-2007 00:58) |
|
|
3 |
Un can de palleiro que se preze teríase que chamar polo menos polo#blgtk08# menos Sultan, ou Silt, ou león, e se fora vaca morena, paloma, |
|
|
E así dixo (19-04-2007 00:56) |
|
|
4 |
By the way, se queres #blgtk08#ser exacta é GNU/Linux |
|
|
E así dixo (19-04-2007 00:57) |
|
|
5 |
Non che é can de palleiro, ou polo menos iso é o que di a dona, que ten unha raza. Non che sei cal, que de razas só sei a dos br#blgtk08#ancos, negros e amarelos. O resto escápaseme.
E non quere ser exacta, gosto da subxectividade e da inexactitude. |
|
|
E así dixo A do outro lado (19-04-2007 05:48) |
|
|
Ti dirás. |
|
|
|
|