No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Evolución e relixión, segundo Dawkins
Estes días están todos os blogos moi relixiosos, ou quizais debera dicir, anti-relixiosos. Non deixa de chocarme como o politicamente correcto aquí é selo, e aí é non selo.

Xa que logo, andiven buceando por esta arañeira e atopei a Richard Dawkins, un ciéntifico e teórico evolutivo inglés cunha teima no estudo do fanatismo. Publicou o libro The God Delusion, que podería vir sendo como A Ilusión Falsa de Deus. Tamén hai un documental pola rede que a min pareceume interesante, aínda que me da un pouco de medo. Dura case unha hora, pero paga a pena. Neste enlace podedes velo completo con subtítulos en castelán.

Dende logo di verdades coma puños, ou polo menos a min parécemo. O vídeo fala das relixións en xeral na nosa vida cotiá -cristiá, musulmá- e como esa aparente inocencia que poden desprender non é tal.

A pasaxe co predicador americano é sinxelamente arrepiante. Que medo da ese home de Diós, nunca mellor dito.

A miña opinión, porque tamén hai que mollarse un pouco, é que unha cousa é a Igrexa como institución (léase negocio-empresa) e outra a relixión, como algo máis que ao mellor hai. Non sei, descendemos do mono (ou eso creo, xa que confío no que me din os ciéntíficos), aínda que todo hai que dicilo, uns máis ca outros. Pola outra banda, algunha diferenza terá que haber entre un caracol e máis eu. Algo terei que ter eu e máis ti dentro que el non teña, e non me refiro aos cornos. É igual que morra un caracol a que morra unha persoa?



Anuncio televisivo do libro.
Tes algo que dicir? (13) - Categoría: Xeral - Escrito o 09-04-2007 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
13 Comentarios
1 Vaia, foi un gran descubremento este Richard Dawkins!! Hei de lé-lo artigo e vé-lo vídeo máis de vagar logo.

Aos que me coñecen sorpréndelles o meu desenrolado ateísmo, non porque vaia por ahí predicando contra a relixión, senón porque creo que ó morrer non hai nada, nada nada e absolutamente nada máis que o ciclo vital. "Pó e e en pó te converterás". Somos pó de estrelas, estamos feitos dos mesmos elementos que elas, coma todo o universo, acaso non é iso moito máis fermoso e máxico que crer nun deus que nos deu vida porque lle saíu dos collóns? A vantaxe disto, que eu VIVO a vida, porque sei que só teño esta e teño que exprimila todo canto poida.#blgtk08#

En canto a descender do mono é errado, do que descendemos é dun homínido que é o antepasado común dos grandes simios e os humanoides, non descendemos dos chimpancés coma cré moita xente, senón que estamos emparentados por un pasado común; tamén temos un pasado en común coas esponxas e ninguén se identificaría cun destes seres. Na actualidade sómo-lo froito de polas diferentes da evolución.

E en canto ó do caracol... se tomámo-la Hipótese Gaia a morte dun só individuo é irrelevante, sexa humano, caracol ou paramecio.

Vaia, que pedazo comentario!! É que me encanta este tema, podería estar falando disto horas e horas :)
E así dixo Suso (09-04-2007 01:34)
2 Gústame o do pó das estrelas. É fermoso. Pero, por agora, a min non me preocupa a morte, senó#blgtk08#n a vida. Non sei, non sei.

Grazas polo comentario, puxécheme moita tarefa...
E así dixo A do outro lado (09-04-2007 18:54)
3 É a primeira vez que chego a este sitio e para empezar ¡menudo post!
Dende logo que da para moito.
Da Igrexa como institución, sempre foi, cando menos, un lastre para o progreso da humanidade. E en moitos momen#blgtk08#tos aljo moito peor que iso.
En canto ó demais, Suso deixou dito todo o que eu penso moi clariño. Polo tanto excusado repetilo: totalmente de acordo con el.
Penso que pasarei por aquí con frecuencia...
E así dixo Ninsesabe (09-04-2007 22:53)
4 Si, os cientificos semellan máis fiables que os "homes dos deuses", pero tampouco hai que fiarse moito deles...velaí como cambian de teorías continuamente#blgtk08#, cal é a verdadeira?, nunca se saberá, o universo (somos po de universo)é infinito, e quizais a resposta está alí... nun recuncho do final.
Ufff.
E así dixo Doutora Seymour (09-04-2007 22:59)
5 Quen o díría e empezamos cun p#blgtk08#esebre, manda huevos!!
E así dixo Benedictus XVI (09-04-2007 23:17)
6 Iso da relixion e cuestion de fe e non hai mais onde ir. Despois tamen influen as tradicions e mais #blgtk08#do que se pensa.
E eu non me considero superior a un caracol. Son mais grande pero nada mais.
E así dixo paideleo (10-04-2007 00:50)
7 Xa me chupei todo o documental. Hai grandes verdades e mentiras de todos os lados. Dawkins admite que a ciencia é cambiante e ve niso un valor engadido e eu estou de acordo, o avance do coñecemento fundamental e para chegar a unha pinga de verdade hai moito que equivocarse antes, equivocacións necesarias, sen ciencia e sen erros non hai avance. Quizais o problema da ciencia nos últimos tempos é que se botou a andar soa e se esqueceu das súas irmás, as humanidades, e unha comprensión global do mundo o do ser humano require a unión de esforzos entre os científicos e os filósofos, historiadores, etc. e por que non? teólogos, o impacto da relixión ou, en xeral, dos fe#blgtk08#nómenos espirituais creo que ven no paquete de persoa humana.
Sobre o showman ese americano ... moita ignorancia é o que hai, un ignorante dirixindo a máis ignorantes, e iso sí que é preocupante.
Sobre o conflicto de Israel e Palestina creo que é un erro abordalo dende unha óptica relixiosa, o que hai aí é un problema político onde a relixión é só un instrumento máis o servizo dos intereses de cadanseu.

En definitiva, si a ciencia e si o a espiritualidade do ser humano (que ninguén nos quite a oportunidade de crer, imaxinar ou fantasear, si tamén en e con Afrodita, Thor ou as fadas jajaja) pero non á ignorancia e ó fundamentalismo.
E así dixo vakastolas (10-04-2007 13:51)
8 O Dawkins este da que pensar, si señor. #blgtk08#Non é un tema sinxelo. Boas reflexións.
E así dixo A do outro lado (11-04-2007 07:48)
9 Se cho sabe D. Antonio, hai Deus non sei onde imos parar, parece a viñeta de Castelao na #blgtk08#que lle dí un paisano ao outro: Téñoche un fillo tan listo tan listo que non cre en Deus
E así dixo (11-04-2007 20:13)
10
El espejismo de Dios - Richard Dawkins Espasa Calpe 2007 - 23 ?

Botei unha ollada moito por riba. Hai algunhas citas curiosas:
#blgtk08#r /> " Todas as relixións son o mesmo: a relixión é basicamente CULPA con diferentes días festivos"


Cathy Ladman (Humorista américana)
E así dixo Xa teño o libro (26-04-2007 21:33)
11 O cristianismo visto por un marciano ou estudo antropolóxico do cristianismo por Richarda Dawkins (ADVIRO É UN ROLLO)


1- Vai moitos, moitos anos, un home naceu dunha nai virxe sen que interveña un pai biolóxico.


2- O mesmo home sen pai bérralle un día a un amigo seu chamado Lázaro e que levaba morto uns cantos días, e este vai é volve á vida.


3- O propio home sen pai volve á vida despois de ser morto e enterrado durante tres días.


4- Cuarenta días despois, o home sen pai sube á cima dun monte e desaparece corpóreamnete no ceo.

5- Se murmuras pensamenteos priva#blgtk08#dos na túa cabeza, o home sen pai e o "se Pai" (que tamén é el mesmo, é dicir son a mesma persoa) oirá os teus pensamentos e pode actuar segundo eles. Asemade e de xeito simultaneamente é capaz de oir os pensamentos de todo o mundo.

6- Se fas algo malo, ou algo bo, o mesmo home sen pai qe o ve todo. pode recompensarte ou castigarte enfunción diso, mesmo despois da túa morte.

7- O pan e o viño se son benditos por un sacerdote (que ten que ter testículos) "convírtense" no corpo e o sangue do home sen pai.

.....


Richar Dawkins - The God Delusión






E así dixo (26-04-2007 21:44)
12
El espejismo de Dios - Richard Dawkins Espasa Calpe 2007 - 23 ?

Botei unha ollada moito por riba. Hai algunhas citas curiosas:
#blgtk08#r /> " Todas as relixións son o mesmo: a relixión é basicamente CULPA con diferentes días festivos"


Cathy Ladman (Humorista américana)
E así dixo Xa teño o libro (26-04-2007 21:49)
13 Gustoume o de que "ten#blgtk08# que ter testículos".
E así dixo A do outro lado (27-04-2007 04:14)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0