No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Vida intelixente

Hoxe estes americanos fixéronme rir.

Á unha mándanos dende a oficina un e-mail co aviso de very important: "Acaba de chegar o material de ciencias. Por favor, revisade os vosos casilleiros porque vén material vivo que hai que atender inmediatamente."

Ao lelo, pensei se serían os famosos lagostinos cos que van traballar en 4º; tráenlles lagostinos vivos que teñen na clase coma se fosen peixes de cores. Os rapaces deben facer un traballo de observación para ver como viven: cómense uns aos outros, pola noite chimpan e morren por detrás dos mobles e, en xeral, levan unha vida moi democrática. Agradezo aos deuses non dar 4º.

Eu dou 1º, así que a mensaxe importante non é para min. Pasa o día, e remata por fin. Voume para a casa, pero primeiro paso pola sala das fotocopiadoras, xa que os servizos están ao lado. Oh, oh... unha caixa no meu casilleiro. E chea de letreiros por todos lados: OPEN AT ONCE. PERISHABLE. Merda, penso, xa me carguei un bicho. Ábroa cun pouco de medo, porque vai saber ti que estraño ser sae de aí.

Tres allos e cinco patacas. Ría eu soa. Estes americanos, que esaxerados. Vida claro que había dentro da caixa. É máis, vida intelixente, diría eu. Porque o que é fóra...
Tes algo que dicir? (13) - Categoría: Xeral - Escrito o 04-04-2007 04:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
13 Comentarios
1 As patacas son canabei ou baraca? P#blgtk08#ara fritir son millores as canabei.
E así dixo (04-04-2007 10:20)
2 Que mágoa de langostinos. Era millor que estiver#blgtk08#as en 4º, así polo menos podías facer un arros.
E así dixo (04-04-2007 15:12)
3 Vale, se non che gusta o arros, mándoche un bote de grelos en conserva e fas un revolto.

Bu#blgtk08#eno, mándoche tamén ovos da casa. Xa postos non sei se mandarche o cocho enteiro. Tes congelador nos state?
E así dixo (04-04-2007 15:16)
4 Se queres vou no pascualín e axúdoche a botar as patacas. Tes esterco?, ou te#blgtk08#ño que levalo eu. O nitramon podes mercalo nunha drugstore, I think.
E así dixo (04-04-2007 15:22)
5 os ovos deben ser para utilizar no curso seguinte.......#blgtk08# /> se están chocados.. puf iran para a university
E así dixo (04-04-2007 18:20)
6 QUE RICAS SON LAS PATACOLAS
FRITIDAS CON LOS BISTEQUELES#blgtk08# /> CARALLO COMO TE ATRACOLAS.......

A RODA
E así dixo (04-04-2007 18:21)
7 DE TODALAS FORMAS OS EXPERIMENTOS DE DESENROLO DA MADRE NATUREZA COA BOA BASE DE TRABALLO QUE TES PODE SER ASOMBROSA, E #blgtk08#SE OS RAPARIGOS OU A DIRECTIVA LLES FAS UNHA TORTILLA....UMM
SEGURO QUE CHE DAN ALGUN PREMIO PEDAGOXICO...SEGURO
E así dixo (04-04-2007 18:23)
8 Pois nin vou facer arroz, nin tortilla, nin patacas friti#blgtk08#das... ¡Vou plantar patacas! Vir aos States para isto...
E así dixo A do outro lado (05-04-2007 03:33)
9 Menos mal que os americanos non cren na teoria da evolucion que senon pen#blgtk08#saban que as patacas e os allos eran antepasados.
Son simpaticos.
E así dixo paideleo (05-04-2007 23:39)
10 Eu voto polo da tortilla,#blgtk08# que lles gusta un undo!!
E así dixo crispress (06-04-2007 13:36)
11 E pensar que os galegos que facían as américas era pra dei#blgtk08#xar de vivir de prantar patacas... cantas volta da mundo!
E así dixo Suso (06-04-2007 20:27)
12 Os allos tamén vas plantalos?
Xa sabes que v#blgtk08#anche facer falla se fas caldeirada...
Bicos
E así dixo Mela (11-04-2007 16:09)
13 Os allos para o Halloween e as patacas (de coristanco#blgtk08# supoño) par aquedar ben cos amigos.

E así dixo ana (26-04-2007 22:45)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0