En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo... |
|
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.
Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora? |
|

|
Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
U-lo cheque? |
|
 Mi madriña, que estrés. Pasei medio día no colexio lendo e contestando e-mails para ver onde carallo vai un cheque de 20 dólares que unha nai entregou en novembro. Tiñan que pagar $8.88 por uns cadernos de actividades que usamos na clase, e $10 para sufragar os gastos das festas que facemos na clase ao longo do curso.
Que se a nai escríbelle á secretaria que onde vai o cheque, que se a secretaria faille un CC á asociación de pais que son os que levan iso, que se a asociación de pais fai un CC á outra nai que non sabe nada do tema, que se a que non sabe nada do tema faime un CC a min para que verifique nos meus rexistros, que se a secretaria do colexio dille a nai -e logo ela faime a min un CC e por iso me entero- que os cartos teño que telos eu somewhere (iso non é unha acusación de roubo?), que se lle escribo a nai que lle fago un cheque para que se aclare todo dunha vez, que se ela dime deso nada, monada...
Que son 20 dólares, rehostia! Nin que fora a morte de ninguén. E eu téñome que preocupar de facer a miña declaración da renda, e non por estupideces!
Hoxe aprendín dúas cousas:
1) Cos cartos non se xoga, aínda que teñas ben deles. Cando anden cheques polo medio, ándate con ollo.
2) CC=cara culo? comparsa de carallada? copia de carbón?
|
|
|
|
7 Comentarios |
|
|
|
2 |
Supostamente os cheques deixan rastro, así que se di que non se cobrou non se cobrou e se o cobrou alguén ten que figurar... en Galiza é case obrigado anotar o nome de quen o cobra e figuralle ao banco nos seus ar#blgtk08#quivos ou directamente ao dono da conta. E todo por menos de 15 euros...
Mira que son ratas.
Igual é que non ten nada millor a facer, se lle mercas un libro de sudoku seguro que che deixa tranquila. |
|
|
E así dixo turonio (28-03-2007 13:23) |
|
|
3 |
home, se é ao portador pode deixar rastro onde foi cobrado e de que conta , pero non a quen,pero eu de t#blgtk08#i darialles 30 orios e que fagan unha festa co que lles sobre, ou que compren misiles ou cos metan no cu |
|
|
E así dixo (28-03-2007 16:32) |
|
|
4 |
Eu cobraba con cheques cada semana e unha vez perdín o cheque. O xefe fíxome outro e anuloume o anterior pero o banco descontou 25 dólares por anular un cheque. Eu tiven que pagar eses 25 dólares pero polo menos cobrei.
En tódolos lados hai xente xenerosa e xente ruin e toca apan#blgtk08#dar con todos.
Non sei como será o da declaración nese estado pero a nós sempre nos devolvían e por traballar medio ano do 2006 vannos devolver 3000 dólares.
Ogallá a ti che saia ben a declaración.
CC ?. Nin flores. Esa si que é unha manía fastidiosa dos americanos. |
|
|
E así dixo paideleo (28-03-2007 23:29) |
|
|
5 |
Que cholliño filla! Eu tiña sorte que non tiña homeroom e en middle school español era optativa e libraba de moitas cousas. Non sei como cargan con ese traballo ós profesores, co prácticos que son para todo estes ianquis xa podían crear unha figura que administrase esas cousas.
A min o que me encantaba era que cando dabas de baixa al#blgtk08#gún servicio sempre te devolvían os cartos en cheque por poucos que foran e os bancos dilixentemente a chollar daban o que era de teu. Aínda temos na casa un cheque de 2 dólares que non houbo maneira de cobrar aquí que pensarían que estamos tolos no banco. E é unha mágoa cando o que o escribeu pasóu o chollo de remitilo ata Galicia.
|
|
|
E así dixo crispress (29-03-2007 22:05) |
|
|
6 |
Pois xa está o misterio resolto. Non aparecen os cartos, pero misterio resolto, e todo grazas á falar coa nai face to face, que é como se amañan as cousas. O cheque cobrouno o colexio, aínda que estaba ao nome dunha nai da miña clase. Houbo, coma adoita pasar nestes casos, un cúmulo de circunstancias negativas.
Erro número 1.- A nai mandou o cheque co fillo para que mo dera a min, cando o que tivo que ter feito era darllo á outra nai encargada de recolectar os fondos.
Erro número 2.- Daquela eu estaba recollendo os cheques do famoso#blgtk08# caderno de actividades, así que cando mo deu o neno, púxeno xunta aos outros sen decatarme que non era para os libros.
Erro número 3.- A secretaria do colexio cobrouno aínda que non estaba ao nome do colexio.
Non sei como se vai amañar agora. A nai non está cabreada conmigo, senon co colexio porque non "colaboraron" moito, díxome ela. O que me toca a moral é que eu ás dúas recoñecinlles o meu erro, e elas "Oh, don´t worry, that´s fine" pero nidiós máis recoñece que meteu a pata.
En fin, que se maten.
|
|
|
E así dixo A do outro lado (31-03-2007 03:51) |
|
|
7 |
Nisto último equivocaste, AZNAR recoñeceu o erro das Azores, ou soñaríao, non#blgtk08# sei teño que ter coidado co gingtonic, debe de estarme afectando a mamoria. |
|
|
E así dixo (31-03-2007 20:29) |
|
|
Ti dirás. |
|
|
|
|