No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Sábado, día de visitas
Hoxe está o día triste, e chove e chove e non para. Levo unha semana non moi boa. O ánimo non está alto e síntome moi sousiña. Alén disto, o meu corpo maduro está a desprenderse, de forma salvaxe e sanguinolenta, do aborto de vida que cada vinte e sete días fabrica sen o meu permiso.

Non estou con moitos azos, así que non chamei aos que andan na diáspora coma min. Eles tampouco me chamaron. Eles son varios. Eu estou soa. A quen lle correspondería chamar?

Estando así o panorama, hoxe matei o tempo visitando aos meus veciños. Fun até a casa do Marcos, e presentoume á Mafalda. El estaba apurado así que case non se decatou da miña visita, pero pagou a pena.

Mafalda
é unha rapaza ben fermosa que canta fados, e leva toda a tarde conmigo. De natureza xenerosa, só por ires á súa casa cántache e faiche compaña. Cando eu sexa grande hei de ser así, fermosa e doce. Pero só algúns días. Outros días hei ser dura e contundente, coma ela, coma a Harvey.
Aquí vive Mafalda.
Tes algo que dicir? (10) - Categoría: Xeral - Escrito o 25-03-2007 05:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentarios
1 Vin onte a foto de Mafalda na Voz de Galicia, non a coñecia pero puiden escoitala grazas a tí. Preciosas cancións, pero eu que tamen estiven de profe visitante escoitaría maís as outras. Sei por propia experiencia que é duro, pero xa verás ca#blgtk08#ndo volvas como se botan de menos moitas cousas de alá, e iso que onde ti vives polo menos teñen boas pescaderias, que xa e algo!! Paga a pena sempre!! Eu estaba con Ana e máis o meu amigo paideleo, e estabamos no mismiño cu do mundo en NC.
E así dixo crispress (25-03-2007 12:34)
2 Graciñas crispress. Aínda que xa o sei, dá gusto que alguén che diga que pasou polo mesmo, e que hai días que son malos e punto. Días mellores virán.

Todos os ex-visitantes din o mesmo#blgtk08#, que se acaba botando de menos isto. Hoxe paréceme imposible, xa che contarei cando volte.

Unha aperta, e moitas grazas pola visita. Vou escoitar á Harvey, a ver se me sube a moral :)
E así dixo Eu no outro lado (25-03-2007 19:13)
3 Ánimo. Xa sei que un día de chuvia e co#blgtk08#a "visita" non é mui bo pero xa pasará.
E así dixo paideleo (26-03-2007 01:59)
4 Grazas polo ánimos. Hoxe estiven léndoche algunhas das vosas aventuras p#blgtk08#ola Carolina de arriba e, coma dicías ti ás veces, mañá será outro día.
E así dixo Eu no outro lado (26-03-2007 06:40)
5 IMOS VER, CON LO BONITA QUE TU ERES, COMO ES QUE ESTAS ASI, Y TE VOY DICIR, NUESTRA REGION ES PRECIOSA Y BONITISIMA , Y PRONTO TE AUNARAS A NOSOTROS PARA DISFRUTARLA Y PODRAS VISITAR NUE#blgtk08#STRA CORUÑA, YA TE FALTA POUQUIÑO,INTENTA ADEVIRTIRTE Y AQUI TE ESPERAMOS TODOS CON LOS BRAZOS ABIERTOS PARA DARTE DE APIERTAS. MUCHO ANIMIÑO EH¡ (AH VENTE POR EL VATICANO CUANDO VUELVAS)
E así dixo (26-03-2007 15:06)
6 AH SOY YO EL QUE ESCRIBIO EN #blgtk08#EL NUMERO CINCO, PACO VAZQUEZ
E así dixo (26-03-2007 16:06)
7 Pois que honra que o señor Paco Vázquez se pase por aquí.

Intentarei adivertirme, pero non prometo nada. Xa me adevirtirei cando vaia pola Curuña, aínda q#blgtk08#ue tengo que reconocer que el castejano muy bien lo que es muy bien no es que se me dea.

Seguro que algún ancestro teu non era das Esculs, sir Paco? jejeje
E así dixo A do outro lado (27-03-2007 02:57)
8 Sei o que iso, as veces a soidade apreta, pero creo que non afoga e ainda que a min gústanme moito os dias de chovia, non te preocupes, non hai dia de choiva, que non escampe e s#blgtk08#e precisas falar, eu escoito moi ben, testado por amigos con moito por contar.
un saudo.

pd:Encantanme os fados, ainda que eu son da xeración de pearl jam.
E así dixo Alberte (28-03-2007 07:27)
9 Moitas grazas polos ánimos, Alberte. Preciso falar urxentemente, pero tomando un viño nun #blgtk08#bar situado no noroeste da península ibérica. Senon, non me vale...
Xa queda menos!
E así dixo A do outro lado (01-04-2007 22:33)
10 Pois entón a volta, xa sabes, queda pendente ese viño#blgtk08#, nalgún lugar do noroeste.
Un saudo.
E así dixo Alberte (02-04-2007 14:34)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0