No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

En Rusia hai moitos rusos
Venres pola noite. Que mellor que pasar a noite vendo a tele.

A tele de aquí é unha merda, como everywhere, imaxino. Non sei se teño un problema coa antena, ou é o aparato. A tele atopeina nunha garage sale, que é unha costume ben típica dos Esteits. Consiste en que fas limpeza das cousas que tes amoroadas no garaxe, bótalas no xardín e, previo permiso concedido polo concello, polas á venda. Pois aló por setembro, cando andabamos na procura de mobles para o apartamento, atopámolas nun xardín co letreito de free. Como a cabalo regalado non se lle mira o dente, collémola. E agora só vexo dúas cadeas, xa digo, e non sei a quen maldicir por elo.

Vin o parte, así que xa estou ben informada do que pasa polo mundo: o accidente de tráfico ocorrido na I-5, o incendio da casa no concello do lado, a nena que desapareceu da súa casa, o soldado que marcha para Irak dende San Diego, as queixas que hai por un texto nos WASL -exames tipo selectividade que fan todos os anos os nenos a partir de 3º de primaria- porque ofrece unha imaxe negativa dos inmigrantes mexicanos, o tempo (que semella que o repiten cada 5 minutos)... Que gusto sentirse unha muller informada! Non me estraña que os americanos non saiban nada de xeografía, se no parte só falan do que pasa nun radio de trinta kilómetros.

Póñome a ver o concurso de Miss USA 2007, todas ben ghuapiñas desfilan por alí. Despois preséntanse. Aquí é a parte un pouco distinta ao concurso de aí. As misses falan das súas horas de voluntariados varios, que se na igrexa, que se nos hospitais, que se cos nenos máis desfavorecidos... Despois chega o gran momento, o das preguntas ás cinco últimas finalistas, nos que teñen que mostrarse coma realmente son, amosar o seu interior para que non nos quedemos só coa súa fachada... De aquí o título do artigo.

Non o fixeron tan mal. A verdade é que me sorprenderon gratamente. Non só teñen unha xenética envexable as raparigas, senón que tamén saben falar. Claro, como falan en inghlés e non lles entendo...

Unha. Cal é a persoa á que che gustaría parecerte? A Will Smith, adoro a súa integridade, a súa forma de pensar...

Outra. Cal é o teu heroe? Meu irmán, que está no exército. Sempre admirei a súa dedicación.

Outra máis. Cres que se debe dar unha segunda oportunidade ás persoas? Non sempre, depende dos casos. Por exemplo, non a un asasino. (Pena de morte xa, quixo dicir a rapaza. Merda, non me acordei de mirar de que estado era.)

A última. De puider, que farías desaparecer do mundo? E dixo a de Nova Iork, toda convencida, o uso dos móbiles nos coches.

Pois iso, como dixen, que en Rusia hai moitos rusos.

Tes algo que dicir? (7) - Categoría: Xeral - Escrito o 24-03-2007 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentarios
1 E en Lamarcide hai moitos lamarcianos, que cara#blgtk08#llo. Se me explicas o título, xq non o entendo.
E así dixo (24-03-2007 23:42)
2 Pois xa enmendei o artigo, para que te enteres. Que pouca cultura televisiva te#blgtk08#s, carallo, un clásico coma este... (unha das razóns polas que te quero tanto).
E así dixo Eu no outro lado (24-03-2007 23:47)
3 Eu de Rusia pouco máis che coñezo. Sei que ademais de ser un gran pais,vai un frío de moito carallo, hai neve, osos, bueno había, xq emborrachanos e despois suicídanse, ou millor mátan#blgtk08#os. (MITROFAN), disque porque son republicanos.

E é unha pena porque tiña pensado presentarme a Miss. Enfín haberá que foderse, a ver se chego polo menos a funcionario.
E así dixo (25-03-2007 21:39)
4 Pois non cedas, se o teu soño e presentarte a miss faino. Habíache quedar#blgtk08# tan ben a coroa e a banda... Eu véxote máis de miss que de funcionario.
E así dixo Eu no outro lado (25-03-2007 23:26)
5 Non sei estouno pensandoo millor, e dadas as miñas posibilidades, creo que ao millor me animo a profesor vi#blgtk08#stante, OLLO, pero tipo Aznar en Georgetown. Pareceme que o noso nivel de inglés imítase moito, non cres.
E así dixo (25-03-2007 23:31)
6 CLASICO TELEVISIVO XA CHE MANDAR#blgtk08#EI EU, E DEIXATE DE.....XA VERAS
E así dixo S BRIZ (26-03-2007 16:08)
7 Ala, outra vaca no millo! Señor San Briz, que xa sabe vostede que conmigo non p#blgtk08#ode discutir de tele, que eu son a experta, aínda que non me guste recoñecelo.
E así dixo A do outro lado (27-03-2007 03:00)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0