Parece que hai plan. Ás 12:30, hora do oeste (dentro de dúas horas) empeza un
desfile na honra de San Patricio. Dinxeron onte nas noticias que todos somos irlandeses hoxe. Eu, rapariga obediente onde as haxa, convertireime logo en irlandesa. A ver que sae disto.
Neste vida hai que ter prioridades. Teño moito que facer, a saber:
1. Facer a coada, que os calcetíns estanse a acabar.
2. Limpar a casa, que os xermes están a organizar orxías.
3. Corrixir exames, que as notas teñen que estar no sistema informático do distrito o venres que vén.
4. Facer a compra, que na neveira só hai medio tomate e un iogur bebíbel.
5. Limpar o coche, que xa non se sabe de que cor é.
6. Facer a p*** declaración da renda americana, que o prazo acaba en menos dun mes.
Vista a listaxe, tampouco parece tanto... Pero o corpo pídeme festa. Ao mellor teño sorte e mañá domingo o día dura 39 horas...
P.D. Quédanme 34 cigarros.