No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

Hai días bos e días malos
Se te levantaches sen forzas coma min, e necesitas un pouco de enerxía, ao mellor che axuda isto que roubei por outros blogos.


Música, maestro!




Se tes o día un pouco tonto, e queres acabar de rematalo, olla isto.




Hoxe non foi un día moi aló, que digamos, así que chegei á casa en busca de enerxía. Por unha banda, os donuts axudáronme. Pola outra, as cancións de arriba.

E que pasou hoxe? Tiven unha reunión coa principal. O asunto era o próximo ano, ía voltar ou volvía para Galicia? Esa era a dúbida que tiña ela, non eu.

Aclareille, xa definitivamente, que volvía para a miña casa, xunta aos meus. Ten fama de ser unha señora dura -algo teño oído dela, que hai cousas internacionais, coma falar mal do teu xefe-, pero conmigo sempre se portou ben. Entendeu perfectamente a miña decisión de voltar para a miña terra.

Deixoume descolocada unha pregunta que me fixo: "¿Que pensas de América?" Empecei a tatabexar un pouco, pero axiña me recuperei. Intentei non mentir, díxenlle que pensaba que América era un gran país e que os americanos eran estremadamente amables. En canto á educación, que non vía moitas diferenzas aquí e aló: nenos que aprenden e nenos que lles custa máis.

Non mentín en ningún momento. A palabra "gran" ten moitas acepcións.
E agora reláxate, ou deprímete, escoitando esta.
Grazas.
Tes algo que dicir? (6) - Categoría: Xeral - Escrito o 28-02-2007 06:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentarios
1 algo empalagoso #blgtk08#pra o meu gusto
E así dixo (28-02-2007 20:56)
2 Os de vieiros xa lles vale, era en agri-C#blgtk08#ULTURA onde tiñan que situar o teu blog.
E así dixo (03-03-2007 08:41)
3 neste blog #blgtk08#hai censura
E así dixo (03-03-2007 08:42)
4 Non é empalagoso. Non fai falla que o vexas, chega con escoitalo.

No da censura, por agora non, per#blgtk08#o quen sabe, todo podo chegar... así que ándate con ollo se non queres que exerza de "administradora omnipotente".
E así dixo Eu (05-03-2007 02:55)
5 dixeches #blgtk08#IMPOTENTE
E así dixo (05-03-2007 09:01)
6 dixeches IMPOTENTE, #blgtk08#que palabra máis fea
E así dixo (05-03-2007 09:01)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0