No outro lado


En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo...
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.

Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora?

Eu
 Categoricémonos
 Retratos
 Busca e atoparás
 Buscar en Blogos Galegos
 Arquivo
 Anteriores
 De visita

California, o principio da viaxe

Ben, aquí estou de novo. Xa me botabas de menos, non si?

Teño moito que contarche. A miña longa viaxe percorrendo a costa do salvaxe oeste americano, dende Seattle a San Diego, case nada, 2.024 quilómetros. Isto vai ser longo e por capítulos, aviso, que o que avisa non é traidor.

A nosa aventura consta de tres aventureiras. María, andaluza, Laura, madrileña e eu, galega e dun obxectivo: rentabilizar o Rail Pass, que nos permite viaxar polo salvaxe oeste durante quince días. Desafortunadamente, as nosas vacacións só duran unha semana, pero menos dá unha pedra. Neste país os mestres realmente non teñen de que queixarse en canto ás vacacións (coma se tiveran que facelo aí...) porque o resto dos currantes americanos só teñen dúas semanas. Imaxino que a moitos deles non lles importa, vendo a "cultura do traballo" que hai aquí: profes que están no colexio até as 6 ou as 7 cando a hora de saída (e até a que nos pagan) é ás 4, mestres que van traballar sábados e domingos.

Inciso: o termo traballar no é exactamente o mesmo que o que eu teño. Aquí o traballo comprende todo: no traballo comes, no traballo fas vida social e falas coa xente, no traballo traballas, no traballo fas a lista da compra e organizas a túa vida, ao traballo levas os teus fillos e a túa mascota... Moitas horas, iso si, pero non só de traballo. Con isto non quero dicir que os americanos non sexan traballadores, senon máis ben que son ineficaces.

Deixo o do traballo que me zono, e me saio do tema. Volvo á viaxe.

A aventura poderíase facilmente dividir en tres aliñas, a saber, viaxe no tren (catro días), cidades visitadas (dúas, San Francisco e San Diego) e freakies atopados, sobre todo no tren. Curiosos os especímenes que habitan por estes lares.

Agora estou cansa, así que xa che seguirei contando, se me apetece un día destes. A modo de conclusión dicir que realmente mereceu a pena a viaxe, case, case, por un momento, alegreime de estar aquí.


A viaxe, aquí.
Tes algo que dicir? (6) - Categoría: Xeral - Escrito o 26-02-2007 08:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentarios
1 pois si, a verdade é que nos estas facend#blgtk08#o ver unha nova américa,

E así dixo ana (26-02-2007 09:01)
2 Manda carallo, aínda te vas facer famosa e todo. Saes na portada de Vieiros.

#blgtk08#/> Xa te estou vendo entrevistada por Gaioso, ou Piñeiro


Namais
E así dixo namais-daquen-lado (26-02-2007 15:20)
3 home aqui, eficaces eficaces #blgtk08#tampouco somos moito, ou non?
E así dixo o eficaz, ou non? (26-02-2007 18:04)
4 Grazas por pasarte por aquí, Ana. Eu vou contando as cousas como as vou vivindo, pero abofé que non hai máis certo que cando un conta como lle vai na feira.

O de Vieiros a verdade é que acohona un pouco (co ben q#blgtk08#ue se está agochada nunha esquiniña) e, por outro lado, preocupa. Non hai nada máis interesante que as fatadas que digo eu? Vale, recoñézoo, fíxome un pouco de ilu...

O da eficacia... dedícoche o próximo artigo.
E así dixo Eu (27-02-2007 03:37)
5 O que hai que oir, eles pasan máis horas no traballo e punto. Vosoutros#blgtk08# pasades menos horas, pero sodes igual de ""eficaces"", é dicir, pouco.
E así dixo (27-02-2007 18:22)
6 Eu nunca dixen que nós foramos más eficaces. Bueno, ao mellor un pouco si. Pero dende logo non presumimos tanto da nosa vida labor#blgtk08#al.

E falando da miña efucacia, ti non me coñeces cun lapis na man, rapas. Pódoche facer unha vaca en 30 segundos.
E así dixo Eu (28-02-2007 07:26)
Ti dirás.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Locations of visitors to this page








Powered by eSnips.com

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0