En que lado, dirás ti? Pois no que non é o bo, dende logo... |
|
Isto pretendía ser un resumo do que foi a miña non-vida por eses lares. Bellevue, estado de Washington, profesora visitante nos EE.UU. Tamén podería ser un pasatempo, para que desta aventura saira algo... digamos... tanxible. Tamén podería ser unha chulería.
Por poder, podería ser tantas cousas... E que será agora? |
|

|
Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A noite dos Oscars |
|

A miña vida social vai "in crecendo".
Sei que deveces por saber da miña viaxe, pero ese artigo vaime levar un ratiño, así que xa te enterarás. Voume centrar nas novidades.
Esta tarde a miña caseira (55 anos), invitoume a ir con ela a casa dunha amiga para ver os Oscars. Todo hai que dicilo, é a primeira vez que os vexo a unha hora normal (5 da tarde no Pacífico, 8 da tarde en Nova Iork).
Para alá me fun, e aprendín catro cousas:
1) Jennifer López aquí é J.Lo. (pronunciado /lli lou/).
2) Penélope Cruz fala o inglés con acento de Madrid, así que xa non me volvo preocupar polo meu. Cantos anos leva aquí? Non se vai o acento despois de tantos anos?
3) Aquí tamén hai unha "Rosa de España" made in USA. A que hai un par de anos participou en American Idol, o equivalente ao noso "Operación Triunfo", gañou o Oscar á mellor actriz secundaria.
4) O tema "político" da gala foi o medio ambiente. Parece que os actores están agora preocupados polo do quencemento global. Por alí andaba Al Gore co seu documental. Non sei o que pensarán os políticos actuais.
A tarde foi moi entretida e aprendín máis cousas da vida neste país. A amiga da miña caseira ten 72 anos, ni uno más ni uno menos, e todavía traballa. Vende distintos produtos, e a miña caseira axúdalle dous ou tres días á semana. Ten unha casa moi bonita, pero aínda a está pagando. Segundo me contou a miña caseira, vive ao día e realmente non ten cartos, aínda que o parece. Que tipo de sociedade é esta na que unha muller de 72 anos aínda está a pagar a hipoteca? |
|
|
|
6 Comentarios |
|
1 |
mi maa, o que me queda por pagar, 72#blgtk08#-35= ?
E eu sen casa |
|
|
E así dixo (26-02-2007 15:22) |
|
|
2 |
Xa sabes, canto antes e#blgtk08#mpeces, antes acabas... |
|
|
E así dixo Eu (27-02-2007 04:36) |
|
|
3 |
No por mucho madrugar#blgtk08# amanece más temprano |
|
|
E así dixo (27-02-2007 17:05) |
|
|
4 |
Son o da #1, quería dicir sen c#blgtk08#asa...r,
é groma |
|
|
E así dixo (27-02-2007 17:05) |
|
|
5 |
hola belen, deixa o lado oscuro e volta o #blgtk08#lador peor (vicio, noite e rock and roll. |
|
|
E así dixo (11-03-2007 15:53) |
|
|
|
|
Ti dirás. |
|
|
|
|