EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

47. De que obxecto se trata?
Moitos números aquí atoparás.

CATEGORÍA: FÁCIL

Unha vez resolto este enigma visual poñeremos a foto completa en FOTOBLOGOTECA - ENIGMAS.

SOLUCIONADO
Comentarios (3) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 10-12-2010 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
46. Un problema de mans e dedos
Nunha man hai 5 dedos, en 2 mans hai 10 dedos. Cantos dedos hai en 10 mans?



SOLUCIONADO
Comentarios (5) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 10-12-2010 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
45. Cousas de cartos
Como se poden reunir 300 euros con só dous billetes se un deles non é de 100 euros?



SOLUCIONADO
Comentarios (5) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 10-12-2010 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
44. Operacións sorprendentes
Cando é correcta a operación 10 + 5 = 3?

Comentarios (4) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 10-12-2010 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
43. Enigma horario
Que hora será, se quedan do día a terceira parte das horas que pasaron?

Comentarios (3) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 10-12-2010 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
42. Números e letras
Cal é o único número que ten tantas letras como indica a súa cifra?

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 10-12-2010 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
41. O problema do autobús.
Imaxina que vas conducindo un autobús e que na primeira parada montan 34 persoas. Na seguinte parada baixan 11 e suben 17 persoas. Na terceira parada suben 15 persoas e baixan 20. Na cuarta suben 3 persoas e non baixa ninguén. Podes dicirme como se chama o conductor do autobús?


SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 10-12-2010 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
A CASA ENCANTADA
Esa casa era a casa menos desexada do mundo. Todos naquel pobo o sabían. Polas noites escoitábanse berros, ruídos e alaridos. Ningún habitante do pobo se atrevía a pasar por diante dela. Un ano chegaron uns estranxeiros de moi lonxe e non sabían nada daquel pobo nin daquela casa. Só quedaba esa casa dashabitada. Eles , ignorantes do que alí pasaba alugaron a casa. A inmobiliaria díxolles que non se aceptaban devoluciones e menos desa casa. Está embruxada! Os estranxeiros non fixeron caso e foron cara a casa. Cando chegaron viron que non había luz e encenderon as luces. Era un lugar con pouca luz, pero si grande. Os estranxeiros non entendían por que aos deste pobo non lles gustaba aquela casa. O que eles non sabían era que alguén os vixiaba.
Ao cabo dun mes estaban sorprendidos porque desaparecían cousas. Os máis vellos do pobo contáronlles que no sitio daquela casa houbera un cemiterio.
O día 31 de outubro daquel ano o seu fillo pequeno aparece na súa habitación, baleira e co pixama desfeito. Por iso foron á policía a denuncialo e atopáronse coa sorpresa de que había máis pais denunciando un caso similar.
A policía, despois da súa investigación, descubriu que o que en realidade pasara era que os nenos colleran cousas das súas casas para xogar nunha cabana no medio do monte.

Carlota Ameneiro 5º A
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 10-12-2010 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
COS ESPÍRITUS NON SE XOGA
Había una vez un neno chamado Fran que non cría nas pantasmas. Un día púxose a xogar á ?uija?e burlouse dos espíritus, e, como todos sabedes xogar á ?uija? é moi perigoso. Unha noite foi el so ao cemiterio e viu una luz branca. Asustouse moito. De súpeto pechouse a porta, intentou abrila pero non podía. Berraba desesperado:
-Socorro! Socorro!
Pero ninguén lle escoitaba.
Ao día seguinte o conserxe do cemiterio, ao abrir a porta, atopouno tirado no chan, morto, cun coitelo cravado no peito.

Cristofer 6º B
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 10-12-2010 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
TERROR NO RECIMIL
Os medos comezaron o 26 de outubro, ás nove da mañá. Todos os nenos de 4º A estaban na súa clase como todos os días. Todo parecía normal ata que fomos Martín e eu ao servizo e escoitamos uns ruídos estraños e berros. De súpeto apareceu a profesora de música, chamada Tucha, que estaba coa frauta e os nenos de 4º B seguindoa, e lle saían as notas polo nariz. Fomos para clase e a profe mandou a Xurxo a facer fotocopias. Xurxo, cando chegou a dirección para facer as fotocopias, atopou una man negra. Xurxo saiu de dirección correndo e berrando. Cando de súpeto ve a Natalia, Adriana, Laura, Marta e Dani ao seu lado vendo como tiñan as cabezas nos brazos e os brazos na cabeza. Dani estaba berrando:
-¡Tolas! ¡ Tolas! ¡Tolas, que estades tolas!
Todo pasou dun momento a outro. Cando xa estaban na clase pasaban máis cousas raras, a Antón a cabeza lle daba voltas a mil por hora, a Martín e a min puxeronsenos as tesoiras nas mans. As tesoiras nos controlaban e nos levaban á mesa de Anxo para cortarlle o pelo, pero nós non queríamos. Pero ao final, sabedes como quedou Anxo? Caaaaaaalvo! Bueno despedímonos para sempre. Adeus.

Miguel Roca Otero 4º A
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 10-12-2010 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0