EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

53. De que obxecto se trata?
Amarelo ou de cores,
deberás utilizar.

CATEGORÍA: FÁCIL

Unha vez resolto este enigma visual poñeremos a foto completa en FOTOBLOGOTECA - ENIGMAS.

SOLUCIONADO
Comentarios (3) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 17-12-2010 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
52. De que obxecto se trata?
Do campo saín e nun produto elaborado me convertín

CATEGORÍA: DIFÍCIL

Unha vez resolto este enigma visual poñeremos a foto completa en FOTOBLOGOTECA - ENIGMAS.

SOLUCIONADO
Comentarios (4) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 17-12-2010 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
51. De que obxecto se trata?
Son necesario, dentro e fóra.

CATEGORÍA: MOI DIFÍCIL

Unha vez resolto este enigma visual poñeremos a foto completa en FOTOBLOGOTECA - ENIGMAS.


SOLUCIONADO
Comentarios (3) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 11-12-2010 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
50. De que obxecto se trata?
De moitas cores as atoparás,
hoxe a que miras verde está.

CATEGORÍA: MOI FÁCIL

Unha vez resolto este enigma visual poñeremos a foto completa en FOTOBLOGOTECA - ENIGMAS.


SOLUCIONADO
Comentarios (6) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 11-12-2010 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
49. De que obxecto se trata?
Brilla, brilla, brilla noite e día.

CATEGORÍA: MOI DIFÍCIL

Unha vez resolto este enigma visual poñeremos a foto completa en FOTOBLOGOTECA - ENIGMAS.

SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 11-12-2010 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
48. De que obxecto se trata?
Sempre á dereita a deberás colocar.


CATEGORÍA: MOI FÁCIL

Unha vez resolto este enigma visual poñeremos a foto completa en FOTOBLOGOTECA - ENIGMAS.


SOLUCIONADO
Comentarios (4) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 11-12-2010 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA LENDA DUN COLEXIO ENCANTADO
A historia trata dunha lenda sobre una estatua china que estaba preto dun colexio. Se nos poñemos diante da estatua, di a lenda, e miramos cara a dereita teremos un periodo de boa sorte e se miramos cara a esquerda acontece o seguinte: se estamos no undécimo piso subimos ao duodécimo, a clase está pechada e non se pode abrir, a auga que sae polo grifo?¡é sangue! E ao entrar no baño das rapazas non se pode sair.
Un día aconteceu que tres alumnos decidiron comprobar se isto era verdade. Subiron ao piso nº 11 e de súpeto?estaban no nº 12, a porta da clase estaba pechada, pero ? nin con chave se podía abrir. Os rapaces entraron no aseo dos rapaces e sairon vivos, pero cando entraron no baño das nenas (entrou un so rapaz) abriu o grifo e saiu auga.
Ao seguinte día, pola mañá, os país do neno avisaron ao colexio de que un rapaz non voltara onte a casa. ¿Qué aconteceu entón?? A imaxinación é libre.

Jia Hui 5º A
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 11-12-2010 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
A CASA ENCANTADA
Había una vez una nena chamada María, que vivía nunha aldea, en Casal de Gonze. Un día cando chegou do colexio os seus país dixéronlle que se ían mudar a Ferrol. O venres partiron a Ferrol e chegaron a súa casa. Era grande, con piscina, con terraza?Entraron dentro da casa e os tres quedaron abraiados porque tiñan escaleiras de caracol, una televisión de pantalla plasma? O domingo invitou ás novas amigas do novo colexio á súa casa. Pola noite estaban contando historias de medo e escoitaron un berro que viña do sótano. Baixaron pero non había ninguén. Outro día volveuno a oír e volveu baixar ao sótano e alí había un vámpiro. Correu a dicirllo aos seus país pero non lle creron.
O próximo sábado invitou outra vez ás súas amigas e volveron a oír o berro. Foron ao sótano pero primeiro chamaron aos pais de María. Baixaron e estaba o vampiro cun neno chupándolle o sangue. Escondéronse para saber que ía facer e cando terminou de chupar o sangue do neno enterrouno. Sairon rápido do seu escondite e viron moitas tumbas. Foron cara o vampiro pero cando veu aos país de María o vampiro desapareceu. Os pais de María marcharon e o vampiro volveu aparecer porque non era un vampiro corrente, en vez de darlle medo os allos e outras cousas tiña medo dos pais. Entón María colleu rápido un pau con forma dun coitelo e cravoullo no corazón. O vampiro morreu e todos os nenos sairon da tumba.

Sandra Vilela 6º B
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 11-12-2010 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
O COLEXIO MALDITO
Eu son un neno normal e corrente que nos tivemos que mudar polo traballo do meu pai a unha cidade chamada Malapata. E eu, como todos os nenos cando se mudan, tiven que ir a un novo colexio. O colexio era aterrador e eu son un pouco medoso. O colexio estaba baixo unha nube moi escura e había tormenta. As aulas eran negras e as profesoras non inspiraban moita confianza.
No primeiro día de colexio todo foi moi raro. A profesora tiña una mascota, pero non una mascota normal?un morcego! De repente castigou a un neno e desapareceu. Eu tiña moito medo, menos mal que acabou o día.
Conteille a miña nai o que pasou no colexio, e a miña nai díxome:
-Como vai pasar iso? Ti contasme trolas, verdade?
-Que non mamá,que non. ? lle contestei.
O segundo día pasou o mesmo, e o terceiro e o cuarto?
Ata que só quedamos catro nenos e estábamos moi asustados.
Pero descubrimos o segredo, que era que aos nenos que castigaba lles sacaba o sangue para quedar con ela os profesores, pero os outros nenos e eu o evitamos.
O colexio cerrou para sempre, os profesores e o director foron ao cárcere. Miña nai o sentiu por non crerme e nos mudamos a Coruña onde o meu pai cambiou de traballo.

Pablo Ferro Leal 6º A
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 11-12-2010 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA VODA DE MEDO
Nun pobo cerca do mar, de Ferrol, vivía una rapaza chamada Naomi que ía casar con Toni, un rapaz moi guapo. Toni quería tanto a Naomi que contratou un helicóptero para levala á igrexa. Cando xa estaban dentro do helicóptero empezou unha alarma vermella a soar: mee, mee, mee?
-Que pasa?- di Naomi- imos caer. AAAAH!
Naomi caeu no noso colexio e Toni no Valle Inclán, outro colexio de Ferrol.
Despois de catro millóns de anos a profesora de Ximnasia, Ana Belén, mentres daba clase aos nenos de terceiro, abriu un armario moi antigo para saber que había dentro e nel había un esqueleto vestido de noiva ¡¡¡AAAAAH!!! Ana Belén e os nenos levaron un susto de morte. Ana Belén foi chamar a Paco, o director do colexio, e ensinoulle o esqueleto do armario. O mesmo ocorreu no Valle Inclán cando abriron un vello baúl verde que estaba nunha clase. Os profesores dos dous colexios reuníronse e xuntaron os dous esqueletos, entón unha luz iluminou a sala e houbo una explosión que fixo que morreran todos os de dentro e Naomi e Toni resucitaron para matar os nenos de CEIP Recimil.

Natalia Cornide Alonso 5ª A
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 11-12-2010 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0