EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

14. Problema de cálculo
Canta terra hai nun burato de 30 X 30 X 30?




SOLUCIONADO
Comentarios (3) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 26-11-2010 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
13. Un problema no deserto
No medio do deserto atópanse dous camelos orientados en direccións opostas. Un mira directamente para o leste e outro para o oeste.
Como poden verse un ao outro sen camiñar, xirar nen mover a cabeza, sabendo que non había nada que reflexase nen ninguén que os puidese axudar?



SOLUCIONADO
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 26-11-2010 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
A BRUXA MALDITA
Érase unha vez unha nena que vivía nun bosque. Unha noite de Samaín atopou un corvo. Seguiuno ata un castelo encantado. Apareceu unha bruxa cos ollos vermellos e grandes que a quería comer. E entón a nena correu pero a bruxa maldita atrapouna e levouna.
Pero a nena fíxolle cóxegas e saiu correndo ao bosque e encontrou unhas fadas que a protexeron da bruxa.

Yanira Aneiros Romero
2º A
Comentarios (4) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 20-11-2010 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
A MEIGA DOS DENTES VERDES
A meiga dos dentes verdes vivía nun castro e tiña os dentes verdes. Un día paseando polo bosque vin a meiga dos dentes verdes cun neno quitándolle o cerebro e as tripas. Cando o cociñou na pota aproveitouse do seu corpo.
Despois de comelo volveu ao castro.

Pablo Sánchez Fernández
2º C
Comentarios (5) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 20-11-2010 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
MARIAMANTA NA CASA
Mariamanta é unha muller que sempre ten unha manta.
Unha vez Mariamanta entrou nunha casa e levou unha nena. Ademais levou aos pais e ás nais dos nenos.
Os nenos quedaron asustados. Nunca máis volveron durmir.

Claudia Ramos Rioboo
2ºC
Comentarios (3) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 20-11-2010 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
NOITE DO MARTES E 13
Primeiro día de clase. Estaba moi asustada, lóxico o instituto era un antigo castelo gótico do século XIX, con górgolas e o que eran antigamente mazmorras (pero transformaranse en aulas de castigo).
Eu nunca me fixara en ningúen, pero estaba ese rapaz... Cabelo negro, ollos escuros como a media noite, que levaba a versión negra do uniforme.
Nas clases sempre se sentaba detrás de min e sentía os seus ollos mirándome coma un depredador...
A noite do martes e trece había lúa chea e saín para observala. Oín unhas pisadas detrás de min; xireime, pero alí non había ninguén. Volvín retomar o meu camiño cando me tropecei con ese rapaz... El non pareceu inmutarse polo golpe, pero eu caín de costas. Estábame empezando a sentar cando el se abalanzou sobre min e inmobilizoume no chan. Os seus ollos brillaban como se tiveran vida propia. Mordeume no pescozo.

Novas do xornal: Unha rapaza de 17 anos atopouse morta nn bosque preto da cidade, o corpo estaba desangrado.

Nerea Bernal Fernández.
2ºA IES Ferrolterra
Comentarios (1) - Categoría: III Concurso de contos de medo. Curso 2010 - 2011 - Publicado o 20-11-2010 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
12. Menuda resta!
Existe unha maneira para conseguir que quitando un ao dezanove o resultado sexa vinte.
Sabes cal é?
Comentarios (2) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 20-11-2010 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
11. Poñendo números.
Nunha localidade galega hai unha rúa con cen casas. Queren numeralas na fachada cos números do un ao cen.
Cantos oitos se necesitan?





SOLUCIONADO
Comentarios (4) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 20-11-2010 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
10. Cuestión de prezos.
Unha botella de viño custa 10 euros. O viño custa nove euros máis que o envase.

Canto custa o envase?
Comentarios (8) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 20-11-2010 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
9. Mirando fotografías.
Carlos está mirando unha fotografía e alguén lle pregunta:
Quen é ese da fotografía?
El contesta:
Non teño irmáns nen irmás, pero o pai dese home é o fillo do meu pai.
De quen era a fotografía que estaba mirando Carlos?


SOLUCIONADO
Comentarios (4) - Categoría: Pasatempos - Publicado o 20-11-2010 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0