EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O zombi famento.
Érase unha vez un zombi que tiña os ollos colgando, tiña só unha man e non tiña cabeza. Chamábase Aladino e vivía na rúa Aladino. Era un home malísimo que mataba xente porque lle gustaba facelo e todo o mundo lle tiña moito medo.
Javier 2º B
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 20-11-2008 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
As bruxas malas
Hai moitos, moitos anos nun castelo escurísimo había tres bruxas. Unha das tres bruxas dixo:
- E se facemos masacres no bosque?
E outra delas dixo:
- Si, si, e así vemos persoas, collémolas e con elas facemos pócimas.
Un día un valente e forte foi ao castelo e as bruxas lle deron a pócima. A pócima facía que se convertise en malo.
Iván 2ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 20-11-2008 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
O conto do monstro
Érase unha vez un monstro que se chamaba o Papón. De noite, ás veces, viña ás casas cando se portaban mal os nenos e as nenas. Un día foi á casa duns nenos, petou na porta e petou. O neno oiu algo, pero non se inmutou. O Papón enfadouse moito, moito. Enfadouse tanto que lles rompeu a porta en anacos. O Papón entrou na casa. Foi correndo á habitación. Os nenos estaban moi asustados. O Papón os colleu e os comeu en cachos. Só quedaron os ósos.
Miguel 2º A
Comentarios (2) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 19-11-2008 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Un conto con moito medo
Era unha noite moi terrorífica. Eu estaba na miña casa e sentín que chamaban á porta. Sabía que fora un neno malo. Pasou un tempo e volveron chamar. Eu non abrín a porta. Pero vin que o chan tremía, a casa se elevaba e todo se derrubaba.
Era o papón!
Eu intentei escapar, pero o papón colleume e papoume.
Daniel 2ºA
Comentarios (1) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 19-11-2008 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Mariamanta
Nunha casa había unha nena que sempre se portaba mal. Nun percheiro había unha manta que nunca se usaba. Pero un día a nena quixo collela e de súpeto apareceu... Mariamanta!
A nena tivo medo e berrou:
- Aaaaaaaa!
Pero Mariamanta a colleu e ninguén a volveu ver.
Adriana 2ºA
Comentarios (7) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 19-11-2008 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Petan á porta
Alguén petou a porta; é o papón. O neno esperta. Abre a porta e di:
- É o papón!
O neno corre e se agacha debaixo da cama.
O papón rompeu a casa e o colleu. O pon ao lume e o come.
Ninguén volveu velo.
Ángel 2ºA
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 19-11-2008 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Conto do Papón
Era unha vez un neno que sempre estaba pegándolle ás persoas. E un día pola noite o papón foi á súa casa, arrasou coa porta, colleu ao neno e comeuno. Ao papón non lle sentou ben e tivo que vomitar. Pero decidiu facer o mesmo con todos os nenos e nenas malos.
Martín, 2ºA.
Comentarios (1) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 19-11-2008 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Obra de teatro sobre o magosto.


Alumnos e alumnas de segundo están preparando unha pequena obra de teatro sobre a celebración do magosto. Cantarán cancións, dirán adiviñas, levarán colares de castañas, figos e moitas cousas máis.
O luns, 10 de novembro ás doce e media, farán a súa primeira representación para o alumnado de primeiro.
Ao longo da semana máis representacións; achégate ao centro para velos.
Pasaralo moi ben.
Comentarios (2) - Categoría: Festas e tradicións galegas - Publicado o 08-11-2008 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0