EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XA CHEGA O ENTROIDO E CON EL O NOSO PELIQUEIRO!
O meco deste curso (xa imos polo terceiro) vai disfrazado de PELIQUEIRO, que é o personaxe de Entroido típico Laza.
A carauta é de madeira, pintada de cor carne, bigote e cellas negras; meixelas e beizos vermellos e dentes brancos.
Na parte superior leva unha mitra de lata de lata ou aluminio sobre a que se pintan motivos de animais reais, astros, flores, figuras xeométricas...Pola parte de atrás deste gorro vai unha pelica de animal (can, gato montes, raposo ou lobo). Desta pelica venlle o nome de peliqueiro.
Os peliqueiros levan: camisa branca, calzón branco con encaixes de fío branco e pompóns brancos e de cores, gravata e chaqueta curta con tres tiras de cores coas que se farán lazos sobre a gravata e un pano sobre a chaquetiña prendido con broches. Outro elemento importante é a faixa de seda sobre a que vai un cinto ancho de coiro . Para completar o traxe están as medias brancas, a liga e os zapatos negros.
Os peliqueiros camiñan pola rúa a pequenos saltos facendo soar as chocas. Non poden falar á xente e se esta lles toca, responden co látego. Se pillan a alguén, deberá invitalos.
Comentarios (0) - Categoría: Entroido - Publicado o 25-02-2011 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0