EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PIRATA
A miña maior ilusión, dende sempre, era ter unha mascota, Por iso o día que me regalaron a Pirata pensei que era o día máis feliz da miña vida. Pirata era un gatiño que semellaba bola de branco algodón, tan suave coma o terciopelo, cunha mancha negra ao redor dun dos seus preciosos ollos azuis, que semellaba o parche dun temerario pirata. E claro, chameille Pirata! O da mancha no ollo non é corrente nun gato, polo que dende o primeiro momento, souben que Pirata saía especial. Ninguén me cría cando eu contaba que Pirata entendía todo o que lle dicía. Cando perdía algunha cousa e pensaba en voz alta:
- Onde poñería iso?
E de súpeto, Pirata aparecía sentado ao lado da cousa que eu estivera buscando. Pera esta estraña habilidade súa, tan só a demostraba estando a soas comigo. Xa podía berrarlle ou enfadarme o que quixera, que diante de outros comportábase coma un gatiño normal.
Co paso do tempo Pirata fíxose todo un ?gatazo?, e paseábase pola casa coma se fose un rei.
Aquela tarde, mamá enfadouse comigo e mandoume ao meu cuarto. Eu entrei na miña habitación feita unha furia, chorando de rabia e dicindo o inxusta que fora mamá. Tireime na cama e collín a Pirata en brazos. Mentres choraba, apertaba ao gato contra o meu peito e acariciaba o seu suave peliño, no que se me afundían as temblorosas mans mentres dicía que mamá era moi mala, suplicaba non ter que vela máis, era unha bruxa que non me quería e eu tampouco a ela. Mentres choraba Pirata escapouse dos meus brazos, lameume as meixelas e saltou da cama saíndo por unha rella da porta entreaberta.
Como dixen antes o gato andaba ás súas anchas pola casa así que non me estrañou que se fora. Eu, tragándome as bagoas, puxen os cascos e comecei a escoltar música ao volume máis alto. Así pasei toda a tarde, ata que o anaco de ceo que se vía pola miña ventá, volveuse negro e comezaron a saír as primeiras estrelas. Eu aínda estaba furiosa con mamá, pero tiña fame, polo que baixei á cociña. Cando abrín a porta a escena petrificoume: miña nai estaba tirada no chan nunha estraña postura, pálida coma a cera, nun charco de sangue. Os seus brazos estaban cubertos de arañazos e no seu pescozo aparecían unhas leves, pero aínda sangrantes marcas duns pequenos cairos afiados. Ao seu lado estaba Pirata, cun estraño brillo na mirada e parecía sorrir.

Elena García Urbano
6ºA

Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 21-12-2010 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0