EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TERROR NO RECIMIL
Os medos comezaron o 26 de outubro, ás nove da mañá. Todos os nenos de 4º A estaban na súa clase como todos os días. Todo parecía normal ata que fomos Martín e eu ao servizo e escoitamos uns ruídos estraños e berros. De súpeto apareceu a profesora de música, chamada Tucha, que estaba coa frauta e os nenos de 4º B seguindoa, e lle saían as notas polo nariz. Fomos para clase e a profe mandou a Xurxo a facer fotocopias. Xurxo, cando chegou a dirección para facer as fotocopias, atopou una man negra. Xurxo saiu de dirección correndo e berrando. Cando de súpeto ve a Natalia, Adriana, Laura, Marta e Dani ao seu lado vendo como tiñan as cabezas nos brazos e os brazos na cabeza. Dani estaba berrando:
-¡Tolas! ¡ Tolas! ¡Tolas, que estades tolas!
Todo pasou dun momento a outro. Cando xa estaban na clase pasaban máis cousas raras, a Antón a cabeza lle daba voltas a mil por hora, a Martín e a min puxeronsenos as tesoiras nas mans. As tesoiras nos controlaban e nos levaban á mesa de Anxo para cortarlle o pelo, pero nós non queríamos. Pero ao final, sabedes como quedou Anxo? Caaaaaaalvo! Bueno despedímonos para sempre. Adeus.

Miguel Roca Otero 4º A
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 10-12-2010 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0