EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A MANSIÓN DO BOSQUE
Hai unha mansión abandonada no medio do bosque, que se di que dentro vive a pantasma Roller, segundo a lenda, ladrón moi famoso en anos anteriores. A casa era moi vella, así que mentres Roller estaba dentro roubando, (aínda vivo), as escaleiras caéronlle encima, e aí acabou a vida de Roller.
Os nenos de hoxe en día intentan non camiñar cerca da mansión cando comeza a escurecer porque a pantasma Roller sae ao bosque en busca de espíritos dos que alimentarse.
Era o día no que o turismo chegaba á cidade, chegaba xente de todas partes: Alemaña, Italia, Francia, pero sobre todo xente inglesa.
Ä noite seguinte, eu miraba as estrelas pola ventá, había festa, celebrando o día do turismo. Vin a unha rapaza moi guapa, que se adentraba no bosque cara a mansión escura; eu me vestín a toda velocidade e baixei abaixo e adentreime no bosque berrando: ?¡Coidado! ¡Quédate aí! ¡Non te movas!?, pero non funcionou, bosque por todas partes, pero só encontrei unhas pisadas de bota do número 38.
Ata fun á mansión do bosque, rodeina, e ata entrei, e vin unha moza camiñando lentamente polo corredor, e lle dixen:
- Para, non avances máis!
- Eh, Tronki! Déchesme un susto de morte!
- Síntoo, pero temos que saír de aquí, e rápido !
- Por que?
- Porque aquí vive a pantasma Roller!
- Vale, saiamos de aquí!
Os dous fomos correndo cara a porta, e cando íamos chegar ¡PAM!, pechouse a porta. Os dous tivemos que quedarnos dentro da mansión en plena noite. Así que decidimos ir ata os dormitorios. Descansamos un pouco, e despois fun buscar á moza, que aínda non sei o seu nome.
- Veña, hai que encontrar a forma de saír de aquí. Por certo, como te chamas?
- Xulia, e ti?
- Iván.
- Vale, Iván imos baixar e intentar abrir a porta.
Os dous dimos a volta e vimos como alguén transparente baixaba as escaleiras. Era a pantasma Roller! Observámola con moita atención ata que chegou á porta, abriuna e adentrouse no bosque. Cando estaba suficientemente lonxe, baixamos correndo as escaleiras e saímos da mansión, atravesamos o bosque, chegamos á festa e díxenlle:
- Adeus.

Antón López 6º A

Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 04-12-2009 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0