EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O FUME MISTERIOSO
Érase unha vez dous irmáns e dous amigos que vivían nunha casa de campo. Eles eran moi felices. Un día Natalia saíu ao supermercado. Dende lonxe viu un cartel que poñía pechado. Ela deu media volta e xusto cando faltaban tres mazás para chegar á súa casa, viu un fume moi estraño que viña cara ela e os veciños oíron un berro; despois todo foi silencio.
Os amigos déronse conta de que tardaba moito, e xusto cando o irmán Daniel se dispoñía ir buscala, chamaron á porta. O irmá ía abrir pero preferiu primeiro mirar pola mirilla a cara do que chamoba á porta. Era moi estraño, pero como era Samaín decidiu abrir a porta. O irmán e o amigo oíron un berro aterrador e viron alguén que saía correndo. Eles chamaron á policía. O axente, chamado Antón, apareceu no cuarto de enriba. Eles explicáronlle todo.
Doce anos despois, é dicir, no ano 2042 descubriuse que Natalia era unha especie de monstro mutante. Eles inventaron unha especie de líquido que se cría (só que se cría) que podería devolvela á normalidade. Pero non funcionou.
Un ano despois descubriuse unha especie de superordenador. Máis abaixo había como unhas cápsulas pero xigantes; metéronse dentro e a cápsula pechouse e apareceu nun mundo virtual. Entrou nunha torre e puxo a súa pegada e desactivou a torre. Desvirtualizouse e apareceu outra vez na cápsula. E Natalia volveu a ser normal.
Os que atoparon o superordenador tomárono como demasiado perigoso e decidiron apagalo para sempre.

Daniel Yáñez Cao 3º A
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 17-11-2009 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0