EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A PANTASMA DE MARÍA
Unha vez, nunha aldea de Betanzos, fai uns setenta anos, o pequeno Adolfo sentíase moi triste polo falecemento da súa avoa María, coa que durmía dende moi pequeno e á que quería moitísimo porque el era o neno dos seus ollos. A súa casa pronto encheuse de parentes e veciños, todos viñan despedirse de María, unha boa muller. Subiron ao piso onde estaba a defunta rodeada dos seus fillos e netos. O pequeno Adolfo estaba tranquilo na habitación cos demais, uns dábanlle bicos, outros dicíanlle que mañá vería as cousas de outra maneira, pero el o único que quería era estar preto da súa avoa e poder despedirse dela. Nesta data o tempo era invernal, chovía moito e o vento zoaba cada vez con máis forza. No cuarto no que estaba María, a única iluminación era a dunhas velas. De súpeto, na metade da noite, o vento abriu a fiestra da habitación cun golpe moi forte que asustou a todos menos a Adolfo. As velas apagáronse e a xente, aterrorizada, comezou a correr escaleiras abaixo. O pequeno Adolfo, que tan so tiña uns oito anos, foi o único que quedou coa súa avoa María, pechou a fiestra e acendeu de novo as velas, e pensou: - Por que a xente maior tenlle máis medo aos mortos que aos vivos? Os mortos nunca nos farán dano.

Cecilia Ramil 6ºB
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 17-11-2009 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0