EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

E APAGUEI A LUZ...
Xa é de noite e, coma todas as noites, téñome que ir á cama. Xa levei os dentes, xa puxen o pixama, collín o meu osiño e...chegou o temido momento: hai que apagar a luz. Os meus dedos temblorosos achéganse ao interruptor.
Cando todo se volve escuro, na miña cabeza cólase a imaxe dun terrible monstro que invade o meu cuarto. É tan alto que por pouco roza o teito, cuberto por unha mata de largo pelo negro. Os seus ollos son amarelos, fríos e crueis. Cando me mira, sinto que o sangue deixa de correr polas miñas veas. Ten unha boca grande e con afiados cairos: parece sorrir, pero o seu sorriso dá medo, moito medo.
Intento tranquilizarme. Repítome que isto non é verdade, que está só na miña imaxinación. Pero non consigo controlar o medo. Quería chamar a miña nai para que se quedara comigo. Pero xa sei o que me vai dicir:
- Xa estamos coma sempre, xa es maior, durme dunha vez.
Así que intento durmir.
De súpeto escoito ruxidos, o retumbar de pisadas na madeira do meu cuarto. Unha sombra grande parece vir cara min. Non pode ser real, os monstros non existen! Tápome a cabeza coas mantas.
Pola mañá a nai de Marta vai espertala:
- Bos días, Marta, arriba, que hai que ir ao cole.
Ao abrir a porta da habitación, o rostro da nai palideceu de golpe. Marta non está por ningún lado, os seus xoguetes tirados polo chan, a cama a almofada e o osiño de Marta parecían estar desgarrados por uns afiados coitelos, e largos pelos negros espallados por todas partes. A nai comezou a berrar.

Elena Urbano García 5º
Comentarios (1) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 10-11-2009 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 E precioso,(mellor dito TERROR#blgtk08#IFICOO)
Moi orixinal!
Comentario por Ines Sixto 6ªB (11-11-2009 20:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0