EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A FESTA MÁIS TERRORÍFICA DO MUNDO
A FESTA MÁIS TERRORÍFICA DO MUNDO

Era 31 de outubro. Cun día anubrado e siniestro. Eran as 22:30.
Na casa de Xavier, o meu mellor amigo, era a festa do Samaín.
Eu son un pouco? medorento, estaba moi nervioso por se me dan algún susto cOma todos os anos. Pero este ano estou preparado para todo.
-Xa é a hora- Dixen eu a miña nai.
- Non te esquezas do abrigo que vai frío.
-Xa o sei.
Cando ía coller o abrigo, descubrín unha pequena nota, que poñía:
?NON VAIAS Á FESTA, OU TE ARREPENTIRÁS?.
Eu pensEi que era obra do meu irmán. É moi pesado.
Non fixen caso, collín o abrigo e fun de camiño á casa de Xavier.
Cando cheguei á casa, as luces estaban apagadas.
?Seguro que é un susto dos de sempre? pensei.
Entrei, non había ninguén. Estaba morrendo de medo. Subín arriba e tampouco había ninguén.
De súpeto escoitei uns ruidos no armario.
Aínda que tiña moito medo, abrín a porta e saiu un esqueleto!!
Non sabía que facer, se irme para a casa ou investigar.
Decidín volver á casa por medo, pero pechouse cun escandaloso ruído.
-Agora, que fago? -dicía para min.
Fun a ver outra vez ao esqueleto. Estaba moi nervioso e asustado.
Ía tocar o esqueleto e ? prendéronse as luces.
Eran Xavier e os demais.
Claro está, era a estúpida broma do Samaín.
-Gustouche a broma? Je Je Je.
-Non! Pasei moito medo, sobre todo co esqueleto.
-Que esqueleto?
-Ese de aí. Ehh?
O esqueleto desaparecera, que pasou?
Iso quedará para outro día?


Martín Alonso Gamarra.
5º A
CEP Ventín
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 29-01-2013 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0