EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PREMIOS CONTOS DE MEDO:
TRATO MORTAL
Un día unha velliña foi levar unas flores á tumba da súa filla que estaba no cemiterio e atopou a un home que lle resultaba coñecido. Entón a vella preguntoulle:
- Quen é vostede? Creo coñecelo.
Daquela o home desapareceu.
Ao día seguinte, cando foi coller o bus para visitar a unha amiga case a atropela o bus. Cando chegou á casa da súa amiga o teito afundiuse e case as aplasta. Parecía que a morte as perseguía.
Cando volveu á casa oiu unha musiquiña? Era a caixa de bailarina preferida da súa filla. A velliña toda asustada correu á súa habitación? De súpeto as alarmas da casa comezaron a soar. Como non sabía que facer gritou:
- Hai alguén aí?
Unha voz misteriosa respondeu:
- Si, e non te preocupes que pronto saberás que son.
Entón escoitouse.
- Bum!
E esa cousa misteriosa foise.
A vella saiu da súa habitación e foi ao salón a ver se lle roubaran as cousas de valor que tiña, pero sorprendeuse porque todo estaba no seu sitio. Agora decatárase de que non era unha persoa a que a perseguía.
Ao día seguinte a vella chamou á súa amiga para pedirle consello, pero cando colleron o teléfono oiuse unha voz que dicía:
- A seguinte es ti! Ja, ja, ja!
Entón colgaron. A vella saiu á farmacia para pedir un calmante xa que todo podía ser imaxinación súa. Cando ía abrir a porta para saír da farmacia o mesmo home que atopara no cemiterio deulle unha carta. De camino á casa a velliña abriu a carta. Dentro poñía:
- Quérote ver no cemiterio ás doce da noite para ofrecerche un trato. Se non vés ti e todas as persoas que queres e coñeces morrerán.
A vella intentou buscar ao home que lle dera a carta para facerlle unas preguntas, pero non o atopou. Ás doce menos cuarto a vella saíu da súa casa para chegar puntual. Ás doce en punto chegou o home rodeado de moitas persoas vestidas de negro. A vella preguntoulle:
- Que queres?
Entón as persoas vestidas de negro convertéronse en ? espíritos! Que dicían:
- Vas morrer, vas morrer?
A vella saiu correndo pero debido á súa avanzada idade o que se di correr non corría, máis ben andaba. Cando os espíritos a rodearon o home tamén se convertiu nun espírito e o espírito díxolle que se superaba unas probas lle outorgaría un desexo a cambio da súa vida, e que se se negaba ou non superaba todas as probas toda a xente do mundo morrería. A vella aceptou.
A primeira proba consistía en atravesar un río de lava por unha ponte na que se pisaban a táboa incorrecta afundíase.
A vella empezou ben pero? a falta de cinco táboas pisou unha táboa incorrecta pero en vez de afundirse a táboa a ponte descolgouse pola parte que comezara a proba; ela atemorizada intentou escalar ata o cumio,e? conseguiuno!
Xa estaba na segunda proba, ainda que tiña moitas feridas no corpo. A segunda proba consistía en adiviñar un acertixo:
- No teu corpo está mais ti non a ves, se atopas un espírito xa non a tes.
A vella nerviosa respondeu:
- É a alma!
E acertou. A vella pasaba á terceira proba. A terceira proba consistía en elixir unha das tres portas que apareceran de súpeto. A primeira era escura e gris, a segunda era colorida e bonita, e a terceira era de cristal. A vella elexiu a terceira, e fíxoo porque cada unha das portas representaba un futuro malo ou bo pero ela pensaba que cada un elixe o seu futuro, e a de cristal non tiña ningún futuro, fixo se non unha oportunidade de decisión, e entón a vella acertou!
De súpeto apareceu o espírito e díxolle:
- Cal é o teu desexo?
Daquela a vella respondeu:
- Que a miña filla volva á vida e sexa feliz.
Entón o espírito arrincoulle a alma á vella e devolveu á vida á súa filla.
FIN
Daniel Yánez 5º A
CEIP RECIMIL
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 02-03-2012 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0