EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O DÍA DO SAMAÍN
O día do Samaín fomos as miñas amigas e máis eu ao Carballo Calero. Fixéramos unhas cabazas terroríficas. Despois saímos polas casas facendo ?Truco, trato?.Helena separouse de nós porque lle chamou a atención unha casa. Cando chamou ao timbre saíu un home moi vello e terrorífico. Helena ao ver ao vello quixo escapar, pero o vello agarrouna e meteuna dentro da casa.
Nós estabamos buscando a Helena cando vimos que a porta daquela case se pechaba. Cando fomos preguntar se estaba alí, non nos abriu ninguén e pensamos que era estraño. Oímos un berro, que era de Helena, e asustados fomos dicirllo aos nosos pais. Viñeron correndo e petaron na porta. Esta vez o vello tiña unha pistola na cabeza de Helena. O vello díxonos que se lle dabamos as cabazas devolvíanos a Helena. E nós aceptamos, sen pensalo, e por fin devolveunos a Helena.

Sabela Díaz Bastida 5º A
Comentarios (1) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 10-11-2009 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
E APAGUEI A LUZ...
Xa é de noite e, coma todas as noites, téñome que ir á cama. Xa levei os dentes, xa puxen o pixama, collín o meu osiño e...chegou o temido momento: hai que apagar a luz. Os meus dedos temblorosos achéganse ao interruptor.
Cando todo se volve escuro, na miña cabeza cólase a imaxe dun terrible monstro que invade o meu cuarto. É tan alto que por pouco roza o teito, cuberto por unha mata de largo pelo negro. Os seus ollos son amarelos, fríos e crueis. Cando me mira, sinto que o sangue deixa de correr polas miñas veas. Ten unha boca grande e con afiados cairos: parece sorrir, pero o seu sorriso dá medo, moito medo.
Intento tranquilizarme. Repítome que isto non é verdade, que está só na miña imaxinación. Pero non consigo controlar o medo. Quería chamar a miña nai para que se quedara comigo. Pero xa sei o que me vai dicir:
- Xa estamos coma sempre, xa es maior, durme dunha vez.
Así que intento durmir.
De súpeto escoito ruxidos, o retumbar de pisadas na madeira do meu cuarto. Unha sombra grande parece vir cara min. Non pode ser real, os monstros non existen! Tápome a cabeza coas mantas.
Pola mañá a nai de Marta vai espertala:
- Bos días, Marta, arriba, que hai que ir ao cole.
Ao abrir a porta da habitación, o rostro da nai palideceu de golpe. Marta non está por ningún lado, os seus xoguetes tirados polo chan, a cama a almofada e o osiño de Marta parecían estar desgarrados por uns afiados coitelos, e largos pelos negros espallados por todas partes. A nai comezou a berrar.

Elena Urbano García 5º
Comentarios (1) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 10-11-2009 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
A PANTASMA COMENENOS
Había un rei que odiaba aos nenos, e estaba só, non tan só estaba na compañía do seu can. Vivía nun reino moi lonxe das cidades e das aldeas, era unha illa.
Un día o rei morreu e uns días despois morreu o seu can de fame. Logo achegáronse uns nenos e a pantasma do rei comeu a dous e aos outros encerrounos no armario para a cena.
Uns días máis tarde chegamos eu e as miñas amigas á illa nun iate, fomos ao hotel deixar as maletas e logo ao castelo.
Carlota e Laura encontraron unhas lápidas e nos avisaron a Nicol, Helena e a min. Carlota e Laura escaparon para o hotel, pensaban que estaba enfeitizado e así era.
Nicol oíu gritos e foi a observar. A pantasma estaba alí e comeuna e entón Helena dixo:
- Falta Nicol, separémonos para buscala-.
Eu díxenlle:
- vale pero logo nos reunimos aquí.
Helena foi polo mesmo camiño que Nicol e oíu berros e pensou que alí estaba Nicol e comeuna a pantasma.
Eu non atopei nin a Helena nin a Nicol. Fun polo mesmo camiño que elas e a pantasma comeume. Logo Carlota e Laura atoparon a Sabela no hotel e nos viñeron buscar. Non nos atoparon, pero a pantasma a elas si, e comeunas.

Antía Casal Torrente 5º A

Comentarios (1) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 10-11-2009 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
O MONSTRO DO LUME
Érase unha vez un neno que paseaba.
-Oh, non. Veu o monstro de lume.
O mostro botou sangue , pero o neno escapou. Fíxose de noite e o monstro botou máis sangue e provocou unha explosión. E o neno morreu.

Diego Picos Peña 2º B
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 10-11-2009 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
GRANDE PARTICIPACIÓN NO II CONCURSO DE CONTOS DE MEDO
Grazas a todos por participar. Proximamente publicaranse no blog os contos seleccionados.


AGARDAMOS OS VOSOS COMENTARIOS.
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 30-10-2009 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
II concurso de contos de medo

O ENDL do CEIP Recimil convoca o II concurso de contos de medo para o alumnado de 2º a 6º de primaria do centro.

Anímate e prepara o teu conto!.

Os mellores contos de medo serán publicados neste blog e tamén teremos arrepiantes premios.

Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 19-10-2009 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0