EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A CASA ENCANTADA
Unha señora que ía á súa casa de noite descubriu unha casa e entrou nela. Vivían moitos monstros, vampiros, pantasmas e morcegos. A señora seguiu andando con medo e de súpeto un zombi saíu do armario. A señora berrou:
-¡Socorro, que alguén me axude, por favor!
Unha estraña cousa abalanzouse sobre a señora e berrou:
-¡Auxilio, auxilio!
E a señora nunca volveu a verse, nunca máis na vida.

Sofia
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 17-11-2009 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
A PANTASMA MISTERIOSA
Era un martes pola noite. A mesma hora na que saía a pantasma Weltos , que saira do inferno para vingarse de Aitana, a rapaza que o asasinou. Ela estaba a durmir. Weltos entrou na súa casa e acercouse moi lentamente a Aitana, pero ela espertou e veu a Weltos, saiu da casa correndo e Weltos dixo:
-¡Nada impedirá a miña vinganza!
Púxose a perseguila por toda a cidade e cando a matou, volveu ao inferno.

Marta 3º A
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 17-11-2009 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
¡O LOBOOOO!
Un día había unha festa e de súpeto un lobo derrubou a porta ¡cataplás! E todos sairon correndo, e a un colleuno ¡aaaaah! Tiña tanto medo. E o lobo comeuno ¡ñamñam! E o lobo dixo:
-Teño moita fame. Quero máis, moito máis.
Ata que o lobo foi a por toda a xente, colleunos e quedouse con todo o que tiñan.
- Non me comín a todos, quédame un.
E tamén o comeu, pero o lobo non podía máis e quedou rendido.

Marta García 2º A
Comentarios (3) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 17-11-2009 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
A MOMIA
A momia, unha momia andante...unha momia espectacular, ten brazos elásticos. Móvese rápido, o seu ADN son pedras brillantes. Está noutro planeta pero...¡Xa chegou! Visitou todas as casas menos unha, a casa misteriosa. Na habitación había unha nena durmindo...A nena espertou. Pelexaron e pelexaron, e gañou a momia.

Martín Sanz Barreiro 2ºB
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 10-11-2009 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
NUN CEMITERIO VIVINTE
Érase unha vez dous nenos que se chamaban David e María que foron a xogar a un cemiterio e escoitaron uns ruídos e asustáronse e escondéronse nunha casa abandonada. Mirando pola ventá viron levantarse aos mortos e os mortos querían entrar na casa. Os nenos empezaron a berrar e os mortos entraron polas ventás, colleron aos nenos e matáronos.

Gala Ares 2ºA

Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 10-11-2009 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
O CEMITERIO VIVINTE
Érase unha vez unha familia que vivía ó lado dun cemiterio. Unha noite empezaron a ver pantasmas, entraban na súa casa e se lles metían por dentro das súas camas para darlles un susto de morte. A familia estaba aterrada e comezaron a correr, tiñan tanto medo que mentres corrían non lles daba tempo a ver o que estaba ocorrendo detrás deles, ¡un día perderan un dos fillos!
A nai deu a volta para buscalo pola casa, ó final, o neno saíu dun armario, abrazou a súa nai e rezaron o ?Noso Pai?. Pouco a pouco, os pantasmas foron para as súas tumbas e nunca máis volveron saír de alí. Era a noite de Samaín.


Olaya Espiñeira Morgade 2º A
Comentarios (1) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 10-11-2009 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
UN INTERNADO TERRORÍFICO
Había unha vez un internado onde vivían catro nenas. Os seus pais morreran porque tomaron unha pócima verde. As nenas chamábanse Lucía, Miriam, Nataxa e Emma. Un día Lucía e as súas irmáns saíron pola noite e viron unha parede chea de mago. Moveron a parede e ao outro lado viron pantasmas e zombis que quitaban o cerebro. Correron e correron cheas de medo ata que viron unha luz e sentíronse salvadas. E colorín colorado este conto rematou.

Yahaira Vélez Vargas 2ºB

Comentarios (4) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 10-11-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
A RATA MALVADA
Érase unha vez unha rata normal que estaba no campo e unha nena levouna para un estanque. Alí a rata converteuse nunha rata malvada, matou á nena e levouna para a súa guarida. Colgouna do pescozo, sacoulle os ósos e fixo con ela un invento para matar á xente. E matou a toda a xente do pobo maldito.

Andrea Prado Uriz 2ºB

Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 10-11-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
A RAÍÑA DOS MORTOS
No ano 1930, nun pobo chamado Sillobre, vivía unha nena que se chamaba Cesaria. Un día estaba soa na casa, e cando ía merendar déronlle unha labazada, pero era xélida. Estaba arrepiada, cando sentiu que unha voz báballe unha mensaxe, a mensaxe dicía que tiña que ir ao cemiterio á medianoite, que era moi urxente. Moi asustada foi durmir. Era medianoite cando empezou a flotar ata chegar ao cemiterio. Alí espertouse e, guiado polo garda do cemiterio, chega a un nicho no que poñía ? Sala de reunións ?. Entrou e había un comité de ánimas; dixéronlle que ela era a elixida para ser a Raíña dos Mortos. Cesaria converteuse nunha ánima que ía diante da Santa Compaña, deixou unha nota na casa e foise. Ao día seguinte os pais viron a nota e quedaron no sitio, pasando así a ser ánimas en pena coa súa filla.

Edgar Vilaboy Salgado 6º B
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 10-11-2009 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
ANA E A BONECA
Ana estaba moi leda porque era o seu aniversario e lle regalaran unha fermosa boneca de porcelana.
Ana xogaba moito con ela. Ao cabo duns días Ana empezou a aborrecer á boneca e quixo deixala nun estante para que adornara. Despois duns días, ao chegar do colexio, Ana viu un sorriso na boneca que non lembraba que estivera alí, mais pensou que sería cousa súa.
Pola noite Ana xirou a cabeza para durmir mellor e viu á boneca ao seu carón. Asustada chamou á súa nai e díxolle que a boneca chegara soa a súa cama. A nai díxolle que a tería levado ela sen darse de conta. Ana volveu á súa cama e deixou a boneca dentro dun caixón. Xirou a cabeza para durmir mellor. Máis tranquila comezaba a durmir mellor, pero oíu un ruído coma se fora o seu caixón. E mirou e era a súa boneca saíndo do caixón.


Alicia Portas Vadibieso 6º B
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 10-11-2009 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0