EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VAIA SORPRESA!
Nunha vila moi famosa chamada Santa Mariña, había catro pescadores chamados: Cali, Merx, Jenrick e Sarnes. Tiñan un veleiro moi novo que compraran entre todos. Custoulles 17.232 euros.
Un día había moitas quenllas, pescaron e comeron moitos peixes. Ao cabo de dúas semanas foron pescar no mar. Cando Cali meteu a cana no mar, viñeron máis quenllas e rodearon o veleiro. Picou unha quenlla azul e tirou a Cali. Os compañeiros agarrárono e tiraron de el. Ao final puideron poñelo no veleiro.
Intentou pescala outra vez e puido. Preguntáronlle:
-Que vas facer coa quenlla azul?
-Devolvela ao mar ? lles dixo.
Entón foro a Santa Mariña e ningunha persoa volveu alí.

Iván Fernández García 3º B
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 19-11-2009 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
A ATRACCIÓN ENCANTADA
Había unha vez unha vila que estaba en feira. Na feira había unha atracción que se chamaba ?A montaña rusa do medo?
Un día tres rapaces que se chamaban Miguel, Martiño e Xavier subíronse na montaña rusa, que empezou a circular. Cando se meteron nun túnel, apareceu un vampiro de verdade e colleu a Miguel e levouno voando a un lugar moi estraño. Os rapaces non sabían voar. Cando saíron do túnel había moitas lápidas. Os nenos abriron unha e encontraron ao xefe vampiro. Os dous nenos viron unha estaca e craváronlla no corazón do vampiro e recuperaron a Miguel.


Rodrigo Martín García 3º B
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 19-11-2009 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
NENOS PERDIDOS
Hai moitos anos dous nenos chamados Rafael e Luís perdéronse nunha illa. Era moi siniestra. Había serpes, monos...Pero ao final da illa había unha casa encantada onde había unha nena que vivía nesa casa. A nena díxolles: ?como non tedes onde vivir déixovos vivir comigo?. A nena levounos á súa casa e non lles contou que estaba encantada.
Un día Luís levantouse para ir ao baño e lavar os dentes, e reflectida no espello viu a pantasma. Ao día seguinte, Luís foi dicirllo ás súas compañeiras pero non llo creron. Cando Raquel quixo ir preparar o almorzo, as cuncas colocáronse soas na mesa. Raquel, xunto con Luís, contoulles que había unha pantasma. Helena non lles creu. Helena, cando foi buscar a comida, deuse conta que a pantasma seguíaa mentres ela volvía correndo a casa. Cando chegou a casa alertou a Raquel e Luís e fuxiron todos nunha barca que construíran eles todos os días. Pero non se decataron de que a pantasma fuxía con eles na barca, ata que escoitaron ruídos no camarote. Era a pantasma que os perseguía.

Javier Accion García 3º B
Comentarios (1) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 19-11-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
A PANTASMA DAS TEBRAS
Había unha vez un señor que se chamaba Tom García e non cría nas pantasmas. Toda a xente lle tiña medo á casa abandonada do Samaín e Tom non se cría que alí vivía a pantasma das tebras . Con ese medo que tiña a xente, ninguén se acercaba alí, pois os que ían xa non volvías; pasaron días e Tom seguiu sen crelo así que tomou o camiño á casa abandonada. Cando chegou á casa, abriu a porta, fixo un son coa gorxa ?glu? e entrou na casa. A porta se pechou e lle deu un mal agoiro, subiu as escaleiras e de súpeto, BOOM! apareceu a pantasma. Tom viuna e asustouse moito, a pantasma agarrouno polo pé e cun coitelo cortoullo, o pé quedaba sangrando e a pantasma soltouno e lle cravou un coitelo no corazón. Logo a pantasma usou os ósos de Tom para adornar a casa. Se Tom estivera vivo nunca máis se volvería a acercar á casa.



Paloma Filgueiras 4º B
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 19-11-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
A PANTASMA ASASINA
Era un día pola noite e un home foi a súa casa. Antes de entra se lle abriu a porta. Foi sentarse ao sofá e se lle apareceu unha pantasma. Arrincoulle a cabeza e enterrouno baixo o chan. Máis tarde a súa muller regresou a casa, sentouse no sofá e lle apareceu a pantasma e lle arrincou as pernas e a enterrou baixo o chan. Despois uns amigos foron a visitalos e non os encontraban. Despois foron ao cuarto da parella e se lles apareceu a pantasma e lles arrincou a cabeza e lles cravou un coitelo na barriga.


David 4º B
Comentarios (2) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 17-11-2009 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
O FUME MISTERIOSO
Érase unha vez dous irmáns e dous amigos que vivían nunha casa de campo. Eles eran moi felices. Un día Natalia saíu ao supermercado. Dende lonxe viu un cartel que poñía pechado. Ela deu media volta e xusto cando faltaban tres mazás para chegar á súa casa, viu un fume moi estraño que viña cara ela e os veciños oíron un berro; despois todo foi silencio.
Os amigos déronse conta de que tardaba moito, e xusto cando o irmán Daniel se dispoñía ir buscala, chamaron á porta. O irmá ía abrir pero preferiu primeiro mirar pola mirilla a cara do que chamoba á porta. Era moi estraño, pero como era Samaín decidiu abrir a porta. O irmán e o amigo oíron un berro aterrador e viron alguén que saía correndo. Eles chamaron á policía. O axente, chamado Antón, apareceu no cuarto de enriba. Eles explicáronlle todo.
Doce anos despois, é dicir, no ano 2042 descubriuse que Natalia era unha especie de monstro mutante. Eles inventaron unha especie de líquido que se cría (só que se cría) que podería devolvela á normalidade. Pero non funcionou.
Un ano despois descubriuse unha especie de superordenador. Máis abaixo había como unhas cápsulas pero xigantes; metéronse dentro e a cápsula pechouse e apareceu nun mundo virtual. Entrou nunha torre e puxo a súa pegada e desactivou a torre. Desvirtualizouse e apareceu outra vez na cápsula. E Natalia volveu a ser normal.
Os que atoparon o superordenador tomárono como demasiado perigoso e decidiron apagalo para sempre.

Daniel Yáñez Cao 3º A
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 17-11-2009 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
A PANTASMA DE MARÍA
Unha vez, nunha aldea de Betanzos, fai uns setenta anos, o pequeno Adolfo sentíase moi triste polo falecemento da súa avoa María, coa que durmía dende moi pequeno e á que quería moitísimo porque el era o neno dos seus ollos. A súa casa pronto encheuse de parentes e veciños, todos viñan despedirse de María, unha boa muller. Subiron ao piso onde estaba a defunta rodeada dos seus fillos e netos. O pequeno Adolfo estaba tranquilo na habitación cos demais, uns dábanlle bicos, outros dicíanlle que mañá vería as cousas de outra maneira, pero el o único que quería era estar preto da súa avoa e poder despedirse dela. Nesta data o tempo era invernal, chovía moito e o vento zoaba cada vez con máis forza. No cuarto no que estaba María, a única iluminación era a dunhas velas. De súpeto, na metade da noite, o vento abriu a fiestra da habitación cun golpe moi forte que asustou a todos menos a Adolfo. As velas apagáronse e a xente, aterrorizada, comezou a correr escaleiras abaixo. O pequeno Adolfo, que tan so tiña uns oito anos, foi o único que quedou coa súa avoa María, pechou a fiestra e acendeu de novo as velas, e pensou: - Por que a xente maior tenlle máis medo aos mortos que aos vivos? Os mortos nunca nos farán dano.

Cecilia Ramil 6ºB
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 17-11-2009 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
A CASA DOS XOGUETES
Un día, fai bastantes anos, había uns nenos e unha nena que eran moi amigos: Lara e Natalia, que eran irmás, e tamén estaban Daniel e Ariadna. Eles tiñan oito anos. Un día, como eles vivían moi cerca, quedaron de noite na carnecería ao lado da casa de Daniel. Cando se encontraron foron andando ata unha casa moi vella que resultaba que era unha xoguetaría, porque o poñía nun cartel.
Ariadna e Daniel dixeron á vez:
-E se entramos?
Pero eles sen escoitar a resposta dos demais entraron.Elas entraron abrigadas. Cando estaban polo medio do corredor, a porta principal pechouse soa. Eles non lle deron importancia e empezaron a mirar os xoguetes. Había bonecas de porcelana, que parecía que lles miraban. De súpeto escoitaron un berro dunha nena. Viña do piso de arriba. Subiron e viron unha nena toda ensanguentada e co pescozo partido, e cun coitelo ao lado do pé dereito. De súpeto escoitaron a Lara berrar así:
-Aaaaaaah!
Miraron para atrás e Lara desaparecera. Só viron unha sombra misteriosa. Eles foron por toda a casa en busca de Lara. Chegaron á porta principal e estaba morta. Empezaron a berrar. Miraron para atrás e había unha persoa. Esa persoa que os matou a todos era o antigo propietario de aquela xoguetería, que se volvera tolo e déralle por matar. Os pais dos nenos estiveron buscandoos durante dous anos e nunca pensaron que estaban alí.
Un día os policías viron un pouco de sangue, entón entraron e viron a moita xente morta. Foron ao piso de enriba e viron ao asasino e o levaron preso. Dúas semanas despois fixéronse os funerais.

Adriana 3º A
Comentarios (1) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 17-11-2009 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
A CAVEIRA VIVINTE
Érase unha vez un país moi lexano onde se rumoreaba que polas montañas existía unha caveira vivinte e un día apareceu.
Foi devorando as persoas unha por unha e despois pediu axuda ao exército dos mortos. Destruíu toda a poboación e cando acabaron contemplaron os cadáveres das persoas. Celebrárono bebendo sangue e comendo carne.
Xa o vedes, recordade nenos, sempre estade atentos porque o maior despiste pode ser o peor inimigo no Samaín. Ben, quen sabe o que pode pasar. ¡HA, HA, HA, HA!

Stephanía 4º B
Comentarios (0) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 17-11-2009 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
O COLEXIO ENCANTADO
Fai moito tempo unha nena cambiou de colexio, ao colexio do samaín. A nena encontrou cunha pantasma. A nena tiña moito medo e a pantasma colleu un coitelo e lle cortou a man. Un zombi cunhas tesoiras atravesoulle o pescozo, veu unha bruxa e o zombi desapareceu do colexio e nunca máis se soubo de el no colexio do samaín.

Lucía Veiga Díaz 4º B
Comentarios (1) - Categoría: II Concurso de contos de medo. Curso 2009/10 - Publicado o 17-11-2009 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0