EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A viaxe do padriño a San Andrés de Teixido
Ocorreu no monte de Ancos. A miña bisavoa Aurora tiña un padriño chamado Luís. Luís nunca fora a San Andrés de Teixido. Cando morreu Luís, outro dos seus afillados, chamado Antón, decidiu levar a súa alma ao santuario e dixo:
-Vou levar a Luís a San Andrés de Teixido.
-Pero que dis?-dixo Aurora -Estás tolo?
- Pois si ?dixo el ? Como di o refrán ?A San Andrés de Teixido vai de morto o que non vai de vivo?.
Antón chegou ao cemiterio e buscou a tumba de Luís.
-Veña, Luís- díxolle Antón- Levántate, ímonos a San Andrés de Teixido.
Antón semellou coller o espírito de Luís e foron a San Andrés de Teixido, os dous da man.
-Salta o charco!-indicaba Antón, dando instrucións precisas para percorrer o camiño.
- Para! Que hai un cabalo? Coidado!, que vén un tractor?Ollo con ese toxo!..
Así foron os dous a San Andrés de Teixido, un de morto e outro de vivo.
Sabela 5ºB
Comentarios (6) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 28-11-2008 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
O espello da morte
Hai moitos anos había unha nena que foi visitar á súa avoa. Como estaba aburrida subiu ao faiado a ver que había. Alí viu un espello roto e nel estaba o seu reflexo, moi pálido, coa camisa rota e cun fío de sangue na cabeza. Asustouse e saíu correndo polas escaleiras, pero caeu e morreu. O seu cadáver, tal como aparecera no espello, era pálido, tiña a roupa rota e un fío de sangue na fronte.
Ela vira como fora a súa morte.
Alicia 6ºA
Comentarios (1) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 28-11-2008 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Case a Santa Compaña
Ía eu camiñando polo bosque, cara a casa da miña curmá, xa que era o seu aniversario, xustamente o día despois do Samaín. Quería chegar antes e entón tiven que ir pola noite. De súpeto apareceu unha luz, e eu pensei que era a Santa Compaña Entón escondinme detrás dunha árbore. Tiven moito medo, pero non escapei, quería ver a Santa Compaña. Ía dicindo o meu nome. Entón decateime que os seus cabelos eran rubios, é claro, a miña nai é a única do pobo que ten os cabelos así. Polo tanto tiña que ser a miña nai. E éraa, porque me contou que ela se quedara durmida cando lle berrei:
-Vou á casa da miña curmá!
Cando espertou e non me viu, asustouse e foi buscarme. Por sorte non era a Santa Compaña, pero? ao mellor o ano que vén aparecerá ??
Maxa 6ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 28-11-2008 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
QUE SUSTO!
Íamos unhas amigas e máis eu a gastarlle unha broma á profesora. Todo estaba planeado: primeiro disfrazariamonos coma se fosemos a Santa Compaña e logo Paula chamaría á porta da profesora.
O domingo xa estaba todo preparado. Puxémonos os disfraces e empezamos a camiñar cara a casa da mestra. Cando chegamos e Paula se dispoñía a chamar... Que pasou?
A Santa Compaña! Ufff, morreran uns amigos que tamén viñan asustar á profe.
Paula chamou á porta e nós finximos ser a Santa Compaña.
Todo saiu ben e María Xesús non volveu mandarnos deberes.
Jorge 6º
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 26-11-2008 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Tintín e o vampiro
Érase unha vez unha aldea moi pequerrecha que se chamaba a Vila do Morcego. A xente ríase dos vampiros. Tintín, que era moi valente e forte, tampouco cría nos vampiros. Tintín, coma todos os anos, foi coller castañas. Aquel día escoitouse un ruído moi estraño. Tintín, tranquilo, escondeuse nun arbusto. Asomouse e viu un vampiro cos seus dentes afiados coma un coitelo. Tintín colleu unha estaca e cravouna no corazón do vampiro. Daquela nunca máis se riron dos vampiros.
Rodrigo 2º B
Comentarios (2) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 26-11-2008 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Unha princesiña máxica
Era Samaín, no mundo das pantasmas. Unha princesiña vivía nun castelo moi bonito. O pai da princesiña vivía con ela. De súpeto abriuse a porta. Un vampiro dixo:
- Dame o teu castelo ou lévome á túa filla.
E o rei dille:
- Non che darei o meu castelo.
E o vampiro colleu á princesa. Levouna ao seu castelo escuro pero...
A princesa fixo maxia!
Un príncipe apareceu e salvou a princesa.
Paula 2ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 20-11-2008 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
As cabazas estrañas
Era Samaín. Facían un concurso de cabazas. Quedaran nunha mesa. De pronto movéronse, falaron, convertíronse en vampiros, comeron as persoas e logo non había ninguén. Fóronse a outro pobo onde estaban moitas máis persoas. Comeron a todos. Estaban tan, tan gordos, que un lobo comeunos a todos.
Laura 2º B
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 20-11-2008 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
O zombi famento.
Érase unha vez un zombi que tiña os ollos colgando, tiña só unha man e non tiña cabeza. Chamábase Aladino e vivía na rúa Aladino. Era un home malísimo que mataba xente porque lle gustaba facelo e todo o mundo lle tiña moito medo.
Javier 2º B
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 20-11-2008 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
As bruxas malas
Hai moitos, moitos anos nun castelo escurísimo había tres bruxas. Unha das tres bruxas dixo:
- E se facemos masacres no bosque?
E outra delas dixo:
- Si, si, e así vemos persoas, collémolas e con elas facemos pócimas.
Un día un valente e forte foi ao castelo e as bruxas lle deron a pócima. A pócima facía que se convertise en malo.
Iván 2ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 20-11-2008 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
O conto do monstro
Érase unha vez un monstro que se chamaba o Papón. De noite, ás veces, viña ás casas cando se portaban mal os nenos e as nenas. Un día foi á casa duns nenos, petou na porta e petou. O neno oiu algo, pero non se inmutou. O Papón enfadouse moito, moito. Enfadouse tanto que lles rompeu a porta en anacos. O Papón entrou na casa. Foi correndo á habitación. Os nenos estaban moi asustados. O Papón os colleu e os comeu en cachos. Só quedaron os ósos.
Miguel 2º A
Comentarios (2) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 19-11-2008 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0