EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A casa terrorífica

Había unha vez unha nena chamada Silvia que tiña 8 anos. Un día chegou a casa coa súa amiga Noelia. Cando Noelia xa se fora Silvia sentiu como se alguén estivera entrando na casa. Foi mirar á porta pero non había ninguén, entón pensou que sería o vento. Pola noite, cando Silvia estaba durmindo, escoitou no corredor uns pasos. Ela asustada levantouse, pero so era o seu pai que acababa de vir de traballar.
-Papá que susto me deches!
-Perdoa, Silvia.
Cando a nena volveu á cama tivo un soño onde pantasmas a collían ata que quedase sen respiración. Pola maña, na cociña, cando estaba almorzando escoitou voces que a chamaban.
-Silviaa, Silviaaa
-Quen me chama? ? respondeu a nena asustada.
Son o teu espírito e destruireiche a vida, ha, ha, ha, ha.
A nena encerrouse no cuarto, pero o seu espírito estaba en todos lados, cun coitelo moi afiado.
Pola noite apareceulle un sobre enriba da cama onde poñía con sangue: ?Perseguireite vaias onde vaias?. A nena non sabía que facer, estaba volvéndose tola.
Un día o espírito, cando estaba durmindo, cravoulle un coitelo no peito. Silvia ao espertar descubriu que soamente era un coitelo de efectos especiais que simulaba estar cravado.
Dende entón deixou de ter medo.
Antela 5ºA

Comentarios (2) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 08-12-2008 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
A pantasma do cemiterio
Esta historia ocorreu nun pobo de Magalofes (Fene).
O primo da miña avoa tiña que cruzar un cemiterio cheo de lodo para ir ata a casa da súa moza. Suponse que ao chegar ao outro lado do cemiterio tiña que ter os zapatos embarrados do lodo. Pero en cambio tiña os zapatos limpos e el sentía que algo o elevaba dende a entrada ata a saída.
Todo o mundo sabe que na cabeza da Santa Compaña vai un vivo coa cruz e a auga bendita, e en efecto, el viu ao pai da moza diante dunha liña de ánimas. Ao terceiro día de suceder aquilo? morreu o pai da súa moza.
Desde aquel día o primo da miña avoa saía todos os venres e sábado ao cemiterio ás doce da noite a alí convertíase nunha pantasma.
Ata agora todo o mundo cre que o que eleva ao primo da miña avoa era a Santa Compaña, pero ninguén se atreveu a investigalo, por agora.
Edgar 5ºB
Comentarios (6) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 08-12-2008 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
O enterro
Nun lugar chamado Piñeiro, dun pobo que xa non me acordo? vivían seis veciños. Dous dos veciños, Carme e Manolo, eran ricos e compraron unha tele.
Os demais veciños ían de noite a ver a tele á casa de Carme e Manolo. Unha parella de veciños, Xaquín e Pepa, foron unha noite a ver alí un programa de televisión. Cando rematou, á unha da noite, fóronse porque xa era moi tarde. Levaban un anaco camiñando cando viron a unhas persoas, moitas persoas. Eran moitos e coñecidos, non se atreveron a seguilos, e continuaron o seu camiño. Pero as persoas foron en grupo, en dirección ao cemiterio. A parella, Xaquín e Pepa, seguiron para a súa casa.
Ao día seguinte non se atreveron a dicir nada do que viran. Aos tres días seguintes de pasar iso chamaron á súa porta. Eran dous veciños, Xoán e Luisa, viñan moi tristes e tiñan a mala noticia de que morreran Carme e Manolo, e que tiñan que ir ao enterro.
Camiño do enterro chegaron ao lugar onde días antes viran as persoas.
Estaban alí!... As mesmas persoas. Camiño do enterro.
Esa mesma imaxe era a que viran aquela noite?
Inés 5ºB
Comentarios (3) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 06-12-2008 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Un conto de medo
Xoán e Marta vivían cos seus pais nunha finca. Un día os seus pais dixeron que se tiñan que marchar, pero que volverían tarde. Ao pouco rato oíronse uns berros. Xoán e Marta, aterrados, saíron á horta.
-!Outra vez os berros! ? exclamou Xoán.
- Mellor que vaiamos á cama- dixo Marta.
Na cama non eran capaces de durmir. De súpeto abriuse a porta. Os dous aterrados, baixaron ao salón cara a porta da casa.
Cando abriron a porta viron un home-lobo.
-!AAAAAAAA!!-berraron os nenos.
-Que vos dixen de que estiverades na cama?-dixo o home-lobo.
-Pai, es ti?-dixeron os nenos.
-Si, son un home-lobo e a que berraba era a vosa nai cando se enterou -dixo el.
-Pero non nos van facer dano, verdade? ? dixeron os rapaces.
-Claro que non- dixo o pai.
Gabriel 6ºA
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 05-12-2008 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
A Santa Compaña. Poema do Samaín
O Samaín está preto do magosto;
E no magosto bébese mosto,
pero no Samaín é época de susto.
!Non leves un desgusto!
A Santa Compaña dá moito medo,
así que intenta non ter ningún pesadelo.
!Feliz Samaín!!
Sabela 6ºB
Comentarios (4) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 05-12-2008 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
O campamento e a Santa Compaña
Un día uns nenos que estaban de campamento pola noite decidiron ir dar unha volta polo bosque. Xa tirando as dez da noite déronse conta de que estaban perdidos, cando de pronto !TAAN! !TAN! !TAAN! ! Era a Santa Compaña!
Os nenos asustáronse tanto que botaron a correr sen saber a onde ían meténdose cada vez máis no bosque, pero a Santa Compaña os seguía. Un deles lera un libro no que poñía como neutralizar a Santa Compaña. Entón sacou a lanterna e sen medo apuntou cara a Santa Compaña. Esta desapareceu ao instante.
Xuntos buscaron o camiño de volta á tenda. Ao final conseguiron chegar sans e salvos, aínda que o equipo de búsqueda que saíra a buscalos non volvera aparecer.
Marta 6ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 05-12-2008 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Pesadelo na noite de Samaín
Érase unha vez un neno chamado Pablo. Pablo vivía cos seus avós nunha casa moi vella na aldea. A Pablo o que máis lle gustaba dela era escoitar o canto dos paxaros dende o balcón, pero iso cambiou por completo unha noite de Samaín. Os paxaros non cantaban co seu canto de tódolos días. Todo ocorreu así.
Era un día normal entre os habitantes daquela aldea, era Samaín e todo o mundo estaba feliz, ben, non todo o mundo. A Pablo asustáballe moito a noite de Samaín. Sempre tiña pesadelos con pantasmas, momias, en fin, pasábao fatal. Pero aquela noite os avós de Pablo marcharon e Pablo quedou completamente só. Oíu petar na ventá do seu cuarto, pero só era unha pola do exterior; tamén oíu o pingar da auga pero só era a billa. Pablo estaba máis asustado que nunca e non paraba de pedir axuda. Sentiu moito medo, pero á mañá seguinte describiu que fora só un pesadelo, un pesadelo na noite de Samaín.
Alicia 5ºA
Comentarios (2) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 05-12-2008 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
As cabazas espectrais
Era Samaín, e María estaba decorando a casa con cabazas, ósos de xoguetes, cabras de cartón e candeas. Chegou a noite, era lúa chea e María xa se deitara. Oíu pasos e mirou polo ferrollo. As cabazas cobraran vida e agora tiñan corpos; os esqueletos e cabazas levaban candeas. Viñan a por ela, coláronse polo ferrollo e a colleron. Estaba a punto de morrer atada a unha cruz con lume, pero de repente? espertou sobresaltada. No seu cuarto apareceu unha cabaza mentres durmía, pero foi o seu irmán. María anoxouse e lle botou unha? iso si que daba medo!
Marina 6ºB
Comentarios (5) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 28-11-2008 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Unha vida maldita
Nun poboado celta chamado Vila da Mavida, vivían dous nenos de nove anos chamados Toría e Xhogo.
Unha noite de outubro, viñan do monte e, ao pasar cerca dun cranio con lume, a Toría pareceulle ver saír dun deles unha pantasma. Díxollo a Xhogo, pero el pensou que estaba tola.
Cando toda a casa durmía, Toría non podía pegar ollo, dicía que notaba algo estraño detrás dun cántaro. Xhogo volveu a pensar que estaba tola e dixo que ía a separar o cántaro para asegurarse que non pasaba nada.
Coa axuda de Toría separou o cántaro e a terra comezou a dar voltas, e uns segundos despois víronse tombados na herba. Tamén notaron un cheiro a humidade, mofo e lápidas. Estaban nun campo santo!
De súpeto as tumbas abríronse, deixando paso a corpos sen alma e formaron unha procesión entre eles: a Santa Compaña. Os mortos decatáronse da presenza dos vivos. Entón matáronnos de medo. Como por arte de maxia os seus cadáveres apareceron no centro da aldea. Isto foi pasando co resto dos habitantes ata que non quedou ninguén.
Moitísimos anos despois descubriu o gran enigma da aldea celta. O seu nome era Mavida, pero esa palabra contiña unha frase. Era: MALAVIDA.
Clara, 5ºA
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 28-11-2008 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Mortos vivinte
Manuel viña da taberna e volvía para casa. Empezou a chover con moita forza e apurou o paso para chegar ata o cemiterio, que era o único abrigo que había no camiño. Cando chegou arrimouse ben á parede para cubrirse o mellor posible da chuvia. Sacou un cigarro do peto, e de súpeto sae unha man do nicho que di:
-Queres lume?
Manuel saiu correndo porque pensou que era un morto o que lle falaba. Pero o que estaba no nicho era o seu veciño Carlos que tamén se estaba abrigando da chuvia.
Rubén 6ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 28-11-2008 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0