EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Helena e os pesadelos
Helena era unha nena coma as outras. Un día ía deitarse na cama e viu unha pantasma. Entón empezou a berrar:
-Mamá! Mamá!
E a nai díxolle que era a súa boneca.
Entón volveu a deitarse na cama e viu un monstro. Comezou a berrar:
-Papá! Papá!
O pai díxolle que era o seu percheiro.
Foi a deitarse outra vez e viu un dragón:
-Irmá! Irmá!
E a irmá díxolle : ?Se é o teu armario?.
Volveu a deitarse e por fin quedou durmida.
Sara 4ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 03-01-2009 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
O señor sen cabeza
Érase unha vez polos corredores do campo santo camiñaba un señor sen cabeza. Todos o chamaban o señor terrorífico porque o día do Samaín saía da súa casa para matar á xente. Hoxe é o día do Samaín, e toda a xente pecha as súas portas, pecha as súas ventás. Conta a lenda que o señor terrorífico colleu a unha moza , levouna á súa casa e matouna cun coitelo.
Sabela 4ºA
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 03-01-2009 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Unha casa abandonada
Había unha casa que non era coma as demais, era unha casa illada, unha casa de terror. Diante tiña unha valado, dentro tiña unhas cousas de luxo e tamén tiña as fantasmas e tiña preto da casa un campo santo. Era dun dono que morrera hai moito tempo e agora está abandonada e diante da casa está a súa tumba. E cando había lúa chea a marcaba as doce da noite se abría un pouco a valado e cada vez máis e sucedía algo na casa: se abría a porta e saía unha fantasma e por todas as casas entraba e tamén saían das tumbas os mortos.
María 4ºA
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 03-01-2009 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Había unha vez unha lenda...
Había unha vez, unha lenda que dicía que hai centos de anos había persoas que de noite, na lúa chea transformábanse en lobos. E cada vez que vían persoas as comían de golpe e pasábanse toda a noite comendo persoas. E tamén dicía que ao día seguinte, a noite, convertíanse en po. E? unha vez, unha tarde, unha muller converteuse en loba, e xusto cando estaba descansado na cama os seus fillos? arrincoulles a cabeza dunha trabada! E despois saíu á rúa porque tiña fame, comeu máis de mil persoas en menos de tres horas. E así foi durando o feitizo dez días.
Bea 3º A
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 03-01-2009 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Unha fin de semana para non esquecer
O venres pola tarde, meus amigos e máis eu collemos as bicis e fomos dar un paseo polo monte. Cando chegamos preto dun río, Pablo decidiu cruzar por riba dunha ponte vella. Eu lle dixen que era moi perigosa, pero non me fixo caso. Entón, Pablo, derrapou e caeu coa súa bici ao río. Púxose a berrar coma un tolo e eu non sabía que facer. Pensei que ía afogar, pero a nosa sorte foi que o garda forestal apareceu e sacou da auga ao meu amigo. Nunca máis volveremos cruzar unha ponte.
Héctor 3º A
Comentarios (2) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 03-01-2009 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
O terror na casa abandonada
Érase unha vez dous chicos que un día atopáronse nunha casa abandonada e entraron e se encontraron cun lobo. Mordeu a un rapaz e o outro foise. A noite seguinte había lúa chea e o neno converteuse nun lobishome e foi buscando vinganza. Primeiro foi buscando aos que se meteran con el e despois de pasar a media noite o neno se encontraba na súa casa durmindo. Ao ir ao colexio encontrou que faltaba moita xente. Na noite seguinte había lúa chea e foi a polos que o suspenderan, pero ao saír do colexio alguén lle pegou unha pedrada e volveu á súa forma orixinal.
Tomás 4ºA
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 03-01-2009 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
O esqueleto terrorífico
Había unha vez un esqueleto, o chamaban O Esqueleto Terrorífico. Unha nena acercouse a el e morreu. Un neno dicía que o esqueleto aparecía polas noites e mataba aos nenos e os comía. Os nenos se facían escravos do esqueleto e mataban aos maiores. Cando acabou a historia a clase tivo moito medo.
Lucía 4ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 13-12-2008 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
O morto vivinte
Érase unha vez un neno que tivo un sono. Ao día seguinte o neno e o seu pai saíron polo bosque onde había unha escola creativa. Se sentaron para tomar a comida, pero o neno dixo que non quería sentarse alí, porque no sono vira que había un morto. No sono uns humanos desenterraron ao morto e o morto cobraba vida. E os humanos din que o morto botou unha maldición. E o morto conquistou toda a Terra, e os humanos morreron pola maldición.
Elena, 3ºA

Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 13-12-2008 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
O samaín embruxado
Érase unha vez unha nena que era bruxa. O día do Samaín o seu inimigo transformou a toda a xente. A nena como ía disfrazada de bruxa non cambiou. Foi á festa. Se encontrou a toda a xente embruxada. Entón a nena loitou contra o seu inimigo e ganou . E toda a xente desembruxou e foron felices.
Miriam, 4º B
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 13-12-2008 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
Unha noite de Samaín
Era unha noite de lúa chea e a nai Ánxeles foi recoller a roupa tendida no campo. De súpeto escoitouse un ruído: Auuuu! Auuuuu!
Despois apareceu unha cousa andando polo chan. Era un lobo que camiñaba cara ela Saíu correndo de medo?
Que era?
Era o seu bebé que andaba á súa busca.
Óscar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 13-12-2008 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0