EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A CASA ENCANTADA
Esa casa era a casa menos desexada do mundo. Todos naquel pobo o sabían. Polas noites escoitábanse berros, ruídos e alaridos. Ningún habitante do pobo se atrevía a pasar por diante dela. Un ano chegaron uns estranxeiros de moi lonxe e non sabían nada daquel pobo nin daquela casa. Só quedaba esa casa dashabitada. Eles , ignorantes do que alí pasaba alugaron a casa. A inmobiliaria díxolles que non se aceptaban devoluciones e menos desa casa. Está embruxada! Os estranxeiros non fixeron caso e foron cara a casa. Cando chegaron viron que non había luz e encenderon as luces. Era un lugar con pouca luz, pero si grande. Os estranxeiros non entendían por que aos deste pobo non lles gustaba aquela casa. O que eles non sabían era que alguén os vixiaba.
Ao cabo dun mes estaban sorprendidos porque desaparecían cousas. Os máis vellos do pobo contáronlles que no sitio daquela casa houbera un cemiterio.
O día 31 de outubro daquel ano o seu fillo pequeno aparece na súa habitación, baleira e co pixama desfeito. Por iso foron á policía a denuncialo e atopáronse coa sorpresa de que había máis pais denunciando un caso similar.
A policía, despois da súa investigación, descubriu que o que en realidade pasara era que os nenos colleran cousas das súas casas para xogar nunha cabana no medio do monte.

Carlota Ameneiro 5º A
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 10-12-2010 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
COS ESPÍRITUS NON SE XOGA
Había una vez un neno chamado Fran que non cría nas pantasmas. Un día púxose a xogar á ?uija?e burlouse dos espíritus, e, como todos sabedes xogar á ?uija? é moi perigoso. Unha noite foi el so ao cemiterio e viu una luz branca. Asustouse moito. De súpeto pechouse a porta, intentou abrila pero non podía. Berraba desesperado:
-Socorro! Socorro!
Pero ninguén lle escoitaba.
Ao día seguinte o conserxe do cemiterio, ao abrir a porta, atopouno tirado no chan, morto, cun coitelo cravado no peito.

Cristofer 6º B
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 10-12-2010 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
TERROR NO RECIMIL
Os medos comezaron o 26 de outubro, ás nove da mañá. Todos os nenos de 4º A estaban na súa clase como todos os días. Todo parecía normal ata que fomos Martín e eu ao servizo e escoitamos uns ruídos estraños e berros. De súpeto apareceu a profesora de música, chamada Tucha, que estaba coa frauta e os nenos de 4º B seguindoa, e lle saían as notas polo nariz. Fomos para clase e a profe mandou a Xurxo a facer fotocopias. Xurxo, cando chegou a dirección para facer as fotocopias, atopou una man negra. Xurxo saiu de dirección correndo e berrando. Cando de súpeto ve a Natalia, Adriana, Laura, Marta e Dani ao seu lado vendo como tiñan as cabezas nos brazos e os brazos na cabeza. Dani estaba berrando:
-¡Tolas! ¡ Tolas! ¡Tolas, que estades tolas!
Todo pasou dun momento a outro. Cando xa estaban na clase pasaban máis cousas raras, a Antón a cabeza lle daba voltas a mil por hora, a Martín e a min puxeronsenos as tesoiras nas mans. As tesoiras nos controlaban e nos levaban á mesa de Anxo para cortarlle o pelo, pero nós non queríamos. Pero ao final, sabedes como quedou Anxo? Caaaaaaalvo! Bueno despedímonos para sempre. Adeus.

Miguel Roca Otero 4º A
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 10-12-2010 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
A BRUXA VELLA
Érase una vez tres amigos que un día foron xogar a un bosque. O que os nenos non sabían é que o bosque estaba encantado por una bruxa vella, que o vía todo. A súa mascota era un zorro cazanenos e a bruxa veunos e lle dixo ao zorro que fora por eles. E o zorro así o fixo, colleunos e os levou á bruxa. A bruxa meteunos nun caldeiro para comelos pero os nenos sairon e mataron á bruxa.

Andrea Díaz Iglesias 3º A
Comentarios (1) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 10-12-2010 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
A COVA DOS VAMPIROS
Érase unha vez unha princesa que vivía nunha casa. Tiña uns veciños que vivían nunha cova.
Un día a princesa foi investigar. Oíu unhas voces de vampiros pero seguiu. Notou que a seguían, mirou para atrás e veu aos vampiros e saíu correndo da cova. Non volveu á casa dos veciños nunca máis.

Duna Bermúdez Blas
2ºA
Comentarios (5) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 30-11-2010 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Yaiza e a pantasma dos vales.
Hai seis anos naceu unha nena moi fermosa. Tiña os ollos azuis, a pel branca e os cabelos de ouro A nena chamábase Yaiza. Era unha pastora alegre e risoña. Un día que levaba o seu rabaño a un prado, unha das súas ovellas comezou a balar moi forte e Yaiza recordou os consellos da súa nai e correu ata un pequeno burato na rocha e meteuse alí. Yaiza estaba nerviosa e moi asustada. De repente viu unha sombra moi nítida, pero unha sombra. A súa nai contáballe que a pantasma dos vales collía a ánima dos nenos. A sombra levaba unha loba delgaducha por unha cadea de ferro. Estaba moi famenta. Yaiza non podía máis, suaba moito. De súpeto, como se alguén a chamase foi ata a pantasma. E simplemente dixo:
-Buuuuu
A pantasma volveuse e, ao ver unha nena tan fea para el, fuxiu voando deixando a loba coa nena. A loba famenta correu ata ela disposta a mordeulle. Yaiza esperou unha dor atroz, pero, como era moi pícara colleu unhas larpeiradas e lanzoullas e a loba pillounas ao vo, comeunas e? Gustáronlle!
A loba fíxose amiga da nena e a pantasma dos vales nunca volveu molestar aos habitantes da aldea.
Elena 4º A
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 04-01-2009 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
O Samaín
No pobo onde eu vivo celebramos o Samaín (31 de outubro). O primeiro día de novembro celebramos a noite nova (noite vella). Tamén significaba a chegada do inverno.
No noso pobo cremos que esa noite ábrese a porta que comunica o mundo dos vivos co dos mortos; ti podes falar coa xente que coñecías e agora xa non está. Acendemos fogueiras para que os mortos nos poidan ver, e poidan ver o camiño que conduce ata nós.
Un veciño do pobo morreu hai un ano e sempre quixen comprobar se o que me contaban os meus pais dende que fora nena era certo; así foi que saían á beirarrúa, pese as prohibicións que había para deambular polo pobo e acendín unha fogueira nun bosque próximo.
Esperei tremendo de medo ata que oín un son ao lonxe. Pensei que era un animal, ou un druída contendo morcegos no seus ocos de ouro, pero non, o son era como de ultratumba.
De súpeto vin ao meu veciño coa cara desfeita, chea de vermes e a carne putrefacta. Acercouse e preguntoume:
-Onde está a miña muller?
Eu non o sabía, ademais quedara muda da impresión, así que non contestei. El volveu preguntar e eu seguía sen falar.
Abrazoume e díxome:
-Se a miña muller non está ti virás comigo.
E agora eu son unha morta vivinte que todos os 31 de outubro busca a fogueira que conduce ao meu fogar.
Candela 5º A
Comentarios (1) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 04-01-2009 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
O cabaleiro medieval
Había unha vez un neno que se chamaba Xoán e outro Xosé. Un día na noite de Samaín foron a un castelo abandonado e atoparon a tumba dun cabaleiro medieval. Abriron o sarcófago para ver que había dentro. De repente oíron unha voz tenebrosa que dixo:
-Son o cabaleiro Rigoberto e estádesme molestando.
Os nenos miraron cara a torre do castelo a viron a silueta dun cabaleiro coa cabeza de fogo. Os nenos aterrorizados saíron correndo para as súas casa. Entón escoitouse unha forte risa e o cabaleiro sacouse a cabeza resultando ser o seu amigo Pedro que estaba disfrazado cunha cabaza.
Natalia 3ºA

Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 04-01-2009 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
A orixe do Samaín
Hai moito tempo había un neno ao que non lle gustaba nada de nada. Nada agás as cabazas. Un día andaba paseando polo bosque, e de repente viu unha casiña feita de cabazas onde vivían tres bruxas chamadas: Bruxica, Bruxeca e Bruxoca.
O neno chamou á porta e?
-Quen ven molestarnos?-dixo Bruxoca.
O neno moi listo contestou:
-Son un lobishome.
-Xenial-dixo Bruxeca - Ábrete porta.
A porta se abriu e puideron ver o neno. O neno non se asustou. As bruxas pensaron:
-Podémolo converter nunha cabaza?
E iso foi o que fixeron. Pero non como pensades. As bruxas lle fixeron saltar e? Zap! Converteuse en cabaza.
As bruxas a baleiraron e puxéronlle unha veliña dentro.
E esta é a orixe do Samaín.
Julio 3ºA
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 03-01-2009 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
A ponte fantasmólica
Era unha muller que ía por unha ponte que non tiña nome. A muller ía coser á casa dunha amiga. Á muller, que se chamaba Catarina, non lle gustaba nada ir de noite pola ponte porque tiña medo a que o lobishome a comera.
Ela non tiña caveiras, pero tiña un horto con cabazas. Un día se lle ocorreu unha idea. Despois de coser na casa da amiga foi para a casa, pechou todo moi ben e botouse a durmir. Pola mañá foi a por unha cabaza e colleu unha culler e un garfo e baleirou a cabaza. Fíxolle ollos e boca para que parecera unha caveira.
Ao día seguinte ocorréuselle levar a cabaza acesa e deixala na ponte. Así as noites estarían iluminadas e xa non tería medo.
Desde entón o aspecto fantasmólico dos lobishomes xa non a asustaría, nunca máis.
Nunca soubo se existían ou se o seu medo lle fixera imaxinalos.
Carlota 4ºA
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 03-01-2009 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0