EDLG do CEIP RECIMIL



QUEN SOMOS?
endlrecimil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PREMIOS CONTOS DE MEDO:
O SACAÚNTOS

O Sacaúntos vivía nun bosque tenebroso. Todos os anos, o 31 de outubro se celebraba unha festa que se chamaba Samaín e sempre o Sacaúntos aparecía de repente na festa para coller algúns nenos ou nenas e metelos no seu saco.

Este ano os nenos e nenas disfrazáronse de zombis e cando apareceu o Sacaúntos déranlle tal susto que nunca máis se soubo del.

CEIP VENTÍN
2ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 27-02-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONTOS DE MEDO:
O SACAÚNTOS

O sacaúntos andaba polos camiños e encontrouse cunha nena. Meteuna no seu saco e levouna á súa guarida. Quitoulle toda a graxa e deixouna nos ósos.

DAYANA PIÑEIRO 1ºA CEIP RECIMIL
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 27-02-2012 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
MURAIS DO IV CONCURSO DE CONTOS DE MEDO




NA PRESENTACIÓN PODEMOS VER OS TRABALLOS DOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CEP DE VENTÍN E DO CEIP RECIMIL. NORABOA A TODOS E TODAS!
MOI BO TRABALLO!
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 17-11-2011 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
O CAIMÁN XIGANTE
Hai mil anos nun pobo de nome Pedras Brancas había un lago chamado lago Caimán. Chamábanlle así porque nel vivía un caimán xigante que medía polo menos cinco metros. Contaban os habitantes do pobo que saía todas as noites. Pouca xente o vira, pero unha noite uns nenos curiosos saíron das súas casas para velo, sen decatarse do perigo que corrían. Achegáronse ao lugar onde pensaban que saía o caimán e así foi. O caimán saíu da auga e fixo tanto ruído que todos os habitantes do pobo espertaron e saíron fóra. Como o caimán tiña os dentes e nove bocas tan grandes comeu a case toda a vila, soamente quedou o grupo de nenos. O caimán non os viu e os nenos intentaron buscar ferramentas para enfrontarse a el, pero por desgraza o caimán viunos e os nenos non se decataron. Entón o caimán aproveitou e.. zass! Papounos dun so bocado e foi o fin de pobo Pedras Brancas.

Sara Graña 4ºB
Comentarios (1) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 17-01-2011 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
A PANTASMA
Era unha noite fría e tenebrosa onde viña un esqueleto e quería ocupar o lugar dos nenos de seis anos.

Miriam Parente González 2º B
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 17-01-2011 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
A NENA QUE DESAPARECEU
Érase unha vez unha nena que ía camiñando polo bosque nunha noite tenebrosa cando...
Oíu uns ouveos. Deulle moito medo e dixo a nena:
Non podo morrer así.
Entón escondeuse nunha cova maldita por unha pantasma e desde que saíu ocorréronlle cousas moi raras. Foi correndo cara a súa casiña coa súa nai esperando que gritou:
A cea está lista!
E despois de cear foise a cama e nunca xamais a volveron ver.

Sabela Díaz Vizoso 3º A
Comentarios (1) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 17-01-2011 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
O SONO DE LAURA
Había unha vez uns amigos que se chamaban Verónica, Laura e David. Un día saíron a xogar pola noite e xogaron ata moi tarde. Sen decatarse foronse alonxando e entraron nun xardín no que todas as plantas eran máxicas e, de pronto, empezaron as plantas a dar berros e os nenos empezaron a asustarse. Entón apareceu un cabaliño branco e os nenos para escapar do xardín subironse a el . Pero de súpeto o cabalo empezou a medrar e medrar e os nenos cada vez empezaron a asustarse máis. Estaban tan asustados que non sabían que facer. Os corazóns latexabanlles e parecían sair dos peitos. Non sabían que facer para baixar daquel cabalo ata que a Laura se lle ocorreu dicir a palabra máxica e dixo ?Samaín. Axúdame a min?. De pronto o cabalo estoupou e Laura espertou e todo era un sono.

Noa Filgueira Vigo 3ºA
Comentarios (1) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 17-01-2011 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
A CASA EMBRUXADA
Érase unha vez unha nena chamada Francisca á que lle gustaba saír á rúa a xogar, pero sobre todo lle gustaba saír cos seus pais e os seus amigos a xogar ao bosque da vila, por certo chamada Silveiro. Pero tan fantástico non foi o día do aniversario de Francisca. Saíron a festexar o día ao bosque de alí. Era un bosque moi, moi grande e ademais, se te perdías, era para sempre. E así foi, como se ía facendo de noite e como ían durmir alí, pedíronlle aos nenos e a un adulto que fosen buscar pólas de árbores para a fogueira. O máis raro era que só había chairas e máis chairas. Ao lonxe, viron unha casa abandonada, pero cunhas árbores tan, pero en tan mal estado que ademais poderían coller as pólas, pero non só colleron as pólas, senón que tamén entraron alí. Por casualidade se acercaba o Samaín e tanto medo lles daba que saíron correndo ata que chegaron ao campamento menos Francisca que entrou na casa abandonada e lle pareceu fantástica. Por iso ella se escapaba todos os días, para falar con todos os mortos que vivían alí.

Paula Alaniz Lorenzo 4ºB
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 14-01-2011 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
O PLANETA MISTERIOSO
Había un planeta chamada ?Terror?onde vivían esqueletos, momias, pantasmas, vampiros, morcegos e ninguén sabía del.
Un día quixeron ir ao planeta Terra e asustar a xente que vivía alí. Baixaron con música chirriante que metía medo, ríanse moi forte e acendían luces de varias cores que deixaban cega á xente. As persoas asustáronse moito, mentíanse nas casas dos demais e revolvíanas, rompían as ventás. As persoas asustáronse moito. Ninguén quería saía a fóra. Ata que unha persoa saíu á rúa a falar con eles e chegou a convencelos de que se foran ao seu planeta dándolles algunhas cousas nosas para que se foran e nos deixaron desexando que nunca volveran e así descubriron outro planeta.

Laura Gómez 4º B
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 14-01-2011 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
A AULA ENCANTADA
Unha vez nun colexio de Ferrol uns nenos da clase de 4ºA desapareceron. Chamábanse: Alba, David, Diego e Durillo. Os seus compañeiros: Miguel, Víctor, Adriana e Laura investigaron pero non os encontraron. Había menos nenos no recreo. Preguntáronlle á súa profesora unha e outra e outra vez, pero nunca lles contestaba. Un día decidiron que irían ver o que os facía desaparecer. Non viron nada pero o escoitaron. Eran berros, moitos berros. Decidiron esperar a que non houbese ninguén para entrar. Primeiro desapareceu un neno que se chamaba Víctor. Detrás de onde debía estar el había un rastro de sangue. Decidiron seguilo, ao final do rastro había a cabeza do neno decapitado. Logo desapareceu Miguel, estaba aforcado! As dúas nenas seguían andando e Adriana dixo:
-Dáme medo seguir aquí.
Pero, xusto esvarou e morreu afogada en sangue.
E por último unha pequena nena asustada morreu porque un señor a mandou á guillotina. E esa nena era eu.

Laura Martínez Urtiaga 4º A
Comentarios (0) - Categoría: Concurso de Contos de Medo - Publicado o 04-01-2011 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 2.5 España de Creative Commons.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0