dúbidas lingüísticas


As preguntas que facedes contestaranse cun comentario a non ser que a resposta requira un novo post

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pautas para recoñecer a abertura das vogais
Presentan no sistema máis común vogal tónica semiaberta
? As vogais de abertura media que portan un acento diacrítico: vén, só, póla, óso, présa,...
? Os substantivos rematados en -el ou -ol e os seus plurais: papel, papeis,tonel, toneis, caracol, caracois, farol, farois.
? Os verbos da 2ª conxugación (-er) con vogal radical -e- ou -o- que presentan alternancia vocálica, nas segundas persoas do Pres. Ind.: bebes, bebe, beben, comes, come, comen
? Os verbos da 3ª conxugación (-ir) con vogal radical -e- ou -u- que presentan alternancia vocálica, nas segundas persoas do Pres. Ind.: serves, serve, serven, foxes, foxe, foxen
? As formas verbais do tema de perfecto (pretérito, antepretérito, pretérito de subxuntivo e futuro de subxuntivo) irregular: coubeches, coubera, coubese, couber...
? Os nomes das seguintes letras: e, efe, ele, eme, ene, eñe, erre, ese, o.

Presentan vogal tónica semipechada
? Os verbos da segunda conxugación con vogal radical -e- ou -o- que presentan alternancia vocálica, na 1ª persoa do Pres. Ind., no Pres. Subx. e no Imperativo: bebo, beba, bebas. Como, coma, comas.
? As formas dos verbos da primeira conxugación nas que a vogal -e- ou -o- vai seguida de -i- ou de consoante palatal (grafías x, ch, ll, ñ ) e nos verbos rematados en -ear ou -oar:
Deite, axexa, pechas, tellan, empeña, coxean.
Loita, despexas, acocha, ollan, soñas, voas

? As formas do tema de perfecto dos verbos ser e ir: fomos, fora, fose, for.
? As formas verbais do tema de perfecto regular: collemos, collera, collese, coller.
? As formas do infinitivo: coller, collermos..., pór, pormos,...
? Os nomes das seguintes letras: be, ce, de,gue,pe, que, te, xe, ceta.
? A maior parte das palabras acabadas en -és: coruñés, vigués, montañés,...
? As palabras nas que -o- forma ditongo con -u-: touro, tesouro,...
? Os nomes acabados en: -edo (medo), -ello (cortello), -eo (feo), -eza (grandeza), -ón (corazón), -or (matador), -oso (fermoso).
? O o e o e cando están en posición postónica son sempre pechados: débeda, ávrego, conde
morto, símbolo
Comentarios (10) - Categoría: Fonética - Publicado o 30-04-2008 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Cuestións de fonética


ALGÚNS APUNTAMENTOS SOBRE A PRONUNCIA

Nos grupos cultos cc, cd, x [ks], ct, bc, bm, bs, bt, bv, bx, ps, pt, pn, mn, gm, etc. a consoante implosiva, de se pronunciar, ten que ser de xeito moi relaxado incluso tamén é frecuente non pronunciala directamente. Cando estes grupos están precedidos das vogais e ou o estas vogais son sempre abertas. Cocción, obcecar, omnipotente, óptica, heptágono, sectario, sector sectorial. obxecto...

Hai que evitar nos grupos cc, cd, cn, ct, dm, dn a pronuncia do primeiro elemento como interdental (pronuncia como a da z), actuar, admitir...O primeiro elemento dos grupos cultos gm e gn pronúnciase como velar sonoro (un g relaxado) ou mesmo coma un ene velar, mais nunca como aspirado. Magnesio, magma, magnate, ignorar...


PRONUNCIA DO X COMO /KS/

complexo /ks/
crucifixo /ks/
prefixo /ks/
reflexo /ks/

saxón /ks/ polo tanto tamén anglosaxón ...
sufixo /ks/

PRONUNCIA DO N VELAR


Benestar /ŋ/


Comentarios (4) - Categoría: Fonética - Publicado o 08-04-2006 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0