A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pola recuperación dos peiraos
POLA MUNICIPALIZACIÓN DO CHAN E OS SERVIZOS PÚBLICOS

Para o 30 de maio está convocada umha manifestación na Coruña baixo os lemas: EN DEFENSA DO PORTO, E NON Á PRIVATIZACIÓN E VENDA DOS PEIRAOS.

A venda dos peiraos foi um acordo de Estado entre o alcalde do PSOE, daquela Paco Vázquez, e o goberno do PP, Aznar, para financiar a obra faraónica que é o Porto Exterior a raíz do atentado do Prestige; e en vez de que fose financiada polo estado como se fai en outras ocasións (porto exterior de Xixón ou agora Valencia) tiveron a idea de que fose a cidadanía galega e coruñesa a que financiara a obra.

Moitos anos despois, e fronte a tremenda débeda que xerou a obra, volve a festa e a borracheira das recalificacións e a especulación, e o actual goberno do PSOE UP, a través da Autoridade Portuaria, quere facer caixa coa venda dos peiraos.

Sen lugar a dubidas, é um motivo xusto para nos manifestar contra a volta aos dias de “viño e rosas” da privatización do chan e a especulación urbanística a costa do patrimonio da sociedade, mas non o principal.

A poboación traballadora da Coruña e a área metropolitana sufre todos os días a privatización dos servizos públicos de competencia municipal ou supramunicipal, umha política que partillan todos os partidos: todos desde o transporte colectivo ate a recollida do lixo, pasando polo proprio chan urbán a través da ORA, nun“repago” a umha empresa privada polo uso dun ben municipal, que xa pagase en contribucións e impostos sobre os vehículos.

As cidades e as súas areas metropolitanas están construídas ao redor do coche particular, á súa maior gloria. Esta política, ademais de converter nun saúdo a bandeira hipócrita a loita contra o “cambio climático”, supón un novo saqueo, xunto co prezo da vivenda, dos salarios dos traballadores e traballadores, na ORA, as peaxes, o mantemento do automóbil, etc.; porque a alternativa, os buses urbanos ou metropolitanos, en mans de empresas privadas, teñen uns horarios non axeitados as quendas de traballo ou estudo. A primeira hora da maña e pola noite é imposible moverse pola área en transporte colectivo.

Para a veciñanza da Coruña e da Area Metropolitana a xusta loita por uns equipamentos públicos nos peiraos, primeiro, non resolve o problema dos equipamentos nos barrios; e, segundo, uns bos equipamentos nos peiraos sen un transporte publico de calidade e barato, estando como están lonxe de moitos dos barrios (Novo Mesoiro, Os Rosais, Agra do Orzan, Castrillon, ...) e pobos mais dinámicos do resto da Area Metropolitana, xunto coa ORA e os aparcadoiros privados (O Canton, Palexco,...) que os rodea, faría deles, ademais de inútiles para a maioría da poboación lonxe deles, unha illa pública nun mar de privatización do chan.

Corrente Vermella considera que a loita pola re municipalización do chan coa supresión da ORA, a municipalización dos servizos públicos, comezando polo transporte colectivo (buses, tren de proximidades, etc.), etc., vai moito mais aló da recuperación dos peiraos; supón outro modelo de cidade oposto polo vértice ao actual.

Para iso hai que rachar co localismo “vazquista”, municipalista, e apuntar á superación do que nos feitos está superado, os concellos separados artificialmente por interese económicos e políticos. A Coruña fai parte dumha conurbación que a desborda encarando o problema desta maneira, establecendo umha Area Metropolitana baseada na defensa do carácter público dos servizos colectivos e umha coordinación de todos eles.

Un localismo municipalista miope que atenta, mesmo dentro dos limites desta estrutura municipal local actual, contra o proprio financiamento dos concellos. A dispersión da poboación fai que Galiza reciba umhas subvencións estatais moi inferiores ao que lle correspondería, pois fanse dacordo aos criterios do municipalismo castelán: o concello correspondese coa unidade de poboación, cousa que na Galiza non é así.

O localismo municipalista é umha das bases da opresión nacional da Galiza ao manter dispersión poboacional que sustenta o caciquismo, e é parte do sistema que beneficiase dele, o réxime do 78; rachar con ele cuestiona umha das institucións do estado da monarquía, a estrutura municipal centralista.

ACUDE Á MANIFESTACIÓN O 30 DE MAIO, ÁS 12 NA PALLOZA
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 27-05-2021 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Todo o apoio ao pobo palestino!
ALTO AOS BOMBARDEOS SOBRE GAZA

A resistencia ao intento de limpeza étnica no pequeno barrio palestino de Sheikh Jarrah, en Xerusalén, coa expulsión das súas casas de cidadáns e cidadás árabes israelís, detonou unha faísca que se estende por toda a Palestina histórica: a resistencia heroica e histórica alcanza agora todos os recunchos, a despeito da brutal violencia sionista. E a solidariedade internacional avanza.

Desde Gaza, a resistencia enviou un recado para tentar cesar a ofensiva brutal en Xerusalén. Agora, a estreita e empobrecida Franxa, baixo cerco criminal hai case 14 anos, sangra unha vez máis. Desde o 10 de maio, os dous millóns de palestinos que viven en Gaza están baixo o bombardeo masivo sionista.

Acurralado, Israel postergou 30 dias unha audiencia sobre as expulsións en Sheikh Jarrah, o que demostra a forza da resistencia. Se non se aplaca, pode impedir de feito a continuidade dese proceso, non só no barrio senón en toda Palestina. Hai varios outros lugares que enfrontan a mesma situación, como Silwan, tamén en Xerusalén. E hai ameazas de expulsión tamén en cidades ocupadas en 1948 durante a Nakba.

Desde que o 2005 o Estado sionista retirou os 8.000 colonos que vivían en asentamentos na estreita Franxa -por entender que era moi custoso en termos militares mantelos e o retorno non compensaba-, o camiño estaba aberto para os masacres, sen risco de alcanzar a eses colonos. En 2006, Hamas venceu democraticamente as eleccións e pasou ao comando da estreita Franxa. Israel decretou pouco despois o bloqueo asasino que impón aos palestinos de fame, frío, miséria, unha “dieta forzada” nas palabras dunha dirixente sionista. O cerco conta con axuda da ditadura exipcia. O resultado é que a metade dos nenos enfronta desnutrición crónica. E a partir de decembro de 2008, bombardeos e masacres.

Entre aquel final de ano e o comezo de 2009 ocorreu a primeira ofensiva violenta por parte de Israel, que se tornaría normal. Foron 1.400 mortos en pouco máis de 30 días. A infraestrutura destruída -escolas, hospitais, casas, servizos básicos- nunca puido ser reconstruída. En 2012, novo ataque, por unha semana, e 150 vidas palestinas perdidas, ano en que a ONU afirmou en informe que a crise humanitaria eran tan dramática que Gaza se tornaría inabitável en oito anos (até 2020).

E en 2014, durante 51 días de bombardeos e operacións terrestres, 2.200 palestinos foron masacrados, entre eles 530 nenos. En 2018, o Día da Terra palestina –o 30 de marzo- marcou o inicio da Gran Marcha do Retorno. Francotiradores sionistas e as súas bombas non perdoaron nin sequera a médicos, enfermeiros e xornalistas, pola contra, tíñanos na mira. Até o 31 de decembro do mesmo ano, máis de 159 mortes e 20.000 feridos. Con todo ese histórico, moita xente en Gaza perdeu pernas, brazos, visión.

Unha vez máis, a falsa alegación é que responden o partido político Hamas, cando en realidade é unha acción máis como parte da continua limpeza étnica que se iniciou coa Nakba; a catástrofe palestina que supuxo, coa expulsión das súas terras de 75% da poboación palestina, a creación do Estado de Israel co apoio expreso das grandes potencias do momento, a URSS e os USA.

Os actuais bombardeos cuentan, unha vez máis co apoio tacito ou expreso da maioria das potencias imperialistas, os EEUU e a UE, que algúns como o goberno “progresista” español esconden tras unha suposta “equidistancia”. Como se pode ser tan hipócrita para comparar as armas dun dos exércitos mellor armados do mundo coas pedras e os foguetes artesanais palestinos?.

O pobo palestiniano levanta a reivindicación fundamental de retorno ás terras de onde foron e continúan sendo expulsados. Na estreita franxa, en torno de 80% dos case dous millóns de habitantes son oriúndos de aldeas destruídas na Nakba. Integran, por tanto, o continxente de cinco millóns de refuxiados nos países da contorna, Libano, Siria e Xordania. Aínda co agravamento da represión israelí, a resistencia segue.

O apoio dos gobernos e da UE aos bombardeos fai necesario a unidade das forzas políticas, sociais e sindicais, que impulsen a mobilización polo illamento do Estado Sionista de Israel, ate o seu illamento comercial e diplomático total.

Solidariedade incondicional co pobo palestino e a súa lexítima resistencia, ao mesmo tempo que repudia leste outro bombardeo israelí!


Por un Estado único palestino, libre, laico, democrático e non racista, con dereitos iguais a todos e todas que queiran vivir en paz co pobo palestino.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 17-05-2021 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0