A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Apoio á folga xeral do 10M
Apoio á folga xeral do 10M em Ferrol, Ortegal e Pontedeume

Extender a folga na defensa dos postos de traballo na Galiza


Para o mércores 10 de marzo, Dia da Clase Obreira Galega, CCOO, UXT e CIG convocan á Folga Xeral nas comarcas de Ferrolterra, Ortegal e Pontedeume diante da situación de "emerxencia social" provocada polos peches de Siemens-Gamesa e Central das Pontes, que veñen a sumarse á falta de carga de traballo en Navantia ou o peche fai dous anos de Poligal e Ere de Galicia Téxtil... e tantas outras mais.

Corrente Vermella apoia esta convocatoria e chama a todos e todas as traballadoras a participar activamente nas mobilizacións.

Embora consideramos que esta folga xeral ten que extenderse en Galicia en defensa da industria galega e contra os peches e destrucción de miles de postos de traballo; a situación das comarcas afectadas ven de lonxe, desde a reconversión industrial dos 80 e o incumplimento total das promesas de reindustrialización dos sucesivos gobernos, tanto os do PSOE como os do PP.

A sua situación é dumha marxinación absoluta, desde o peche de empresas e comercios ate o insultante illamento ferroviario, tanto polo norte, coa Mariña Lucense e Asturias, co Feve, como co resto de Galiza a través do Eixo do Atlántico; illamento que agravouse coa xustificación da pandemia que resultou no peche DEFINITIVO das liñas anteditas.

Mas, tamén consideramos que o carácter local desta folga non resposta ao que está a acontecer desde fai anos na industria galega, coa espada de Damocles sobre a chamada “electro intensiva” e a ameaza constante de peche nas fábricas de Alcoa (teñan o nome que teñan, Parter, AluIberica, ... , pois todo é Alcoa) na Coruña, San Cibrao e Avilés.

Os traballadores e traballadoras de Alcoa levan anos loitando na defensa dos seus postos de traballo, ollaron como a empresa vai vendendo a cachos, primeiro Alcoa Coruña e Avilés a Parter e ista a Riesgo, despois San Cibrao, aló menos unha das suas seccións que era case a metade do cadro do persoal.

E en todos os casos, a teima das cúpulas sindicais é a que levou ás comarcas que van a Folga á situación actual: NON VOS PREOCUPEDES confiemos nos gobernos, van encontrar inversores industriais, compradores das empresas, asinemos a “paz social” na confianza de que van traer agasallos como os Reis Magos no nadal. Desde os 80 escoitando estas promesas, e AGORA estamos como estamos, numha situación de “emerxencia social”.

Por iso, desde Corrente Vermella consideramos que só existe um berro común: NINGUNHA CONFIANZA NOS GOBERNOS que levan 40 anos mentindo!


Sen industria non ha futuro!

A Folga Xeral de Ferrolterra, Ortegal e Pontedeume ten que ser un primeiro paso na convocatoria XA en toda Galiza, dumha Xornada de Loita contra a destrución de postos de traballo e a precariedade na empresa privada e na administración, construida desde as asembleas de centros de traballo, estudo,…

Os traballadores e traballadoras de Alcoa, de Siemens Gamesa, de Endesa,... non son os únicos que están en loita por eses motivos. Na administración pública miles de traballadores/as interinos e interinas están en loita pola estabilidade no emprego, mentres as traballadoras do Consorcio de Igualdade están en folga contra o ERE encuberto que a Xunta quere meter na empresa, que suporía o despedimento de centos de traballadoras en Centros de Dia, Galiñas Azuis, etc.

A eles súmanse as loitas de URBASER Santiago, Indra, Extel, ... ademáis das mobilizacións que protagonizan as traballadoras e os traballadoras da sanidade publica no Meixoeiro de Vigo, na área de Pontevedra, en centros de Saúde de todas Galiza, que sufren como ninguén as consecuencias dumha pandemia sanitaria que os gobernos, coa sua incapacidade, converteron numha “pandemia social e económica”. E as que están por vir!.

A pandemia “social e económica” so está dando os seus primeiros pasos. Hoxe son os traballadores e traballadoras da hostalaría e o comercio as que, froito da precariedade laboral na que vivían antes da crise e polas políticas reaccionarias da Xunta, están maioritariamente ou no desemprego ou en ERTEs; mas mañan pode ser calquera sector que os empresarios consideren que non é rendible.

A única perspectiva en primeiro lugar, pola NACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS EN CRISE, mas non umha nacionalización “transitoria” para despois, umha vez saneada a empresa co diñeiro de todos e todas, venderlla ao mellor postor, senon unha NACIONALIZACIÓN BAIXO CONTROL OBREIRO, que desde a conservación dos postos de traballo planifique a transición ecoloxica.

En segundo lugar, a pandemia puso de manifesto a debilidade dos servizos públicos, moitos deles en desmantelamento, para enfrenta-la; é preciso a RENACIONALIZACIÓN E FORTALECEMENTO DOS SERVIZOS públicos, que manteña todos os postos de traballo ate cubrir TODAS AS NECESIDADES SOCIAIS en saúde, educación, transportes, etc.

A UE vai destinar 140 mil millóns de euros para darllo ás empresas, rescatalas como fixeron no 2008 cos bancos, para facelas rendibles e todos os partidos xa están en liortas entre eles para ver quen dos seus amigos capitalistas “xestionan” (levan-se) eses cartos.

Ou sexa, que os gobernos non mintan, diñeiro hai para salvar os postos de traballo e para defender os servizos públicos golpeados polos mesmos que pechan Alcoa, Siemens Gamesa, Poligal,... O problema é que eles optan por resgatar ás empresas, caiga quen caiga, pois a UE xa puxo condicións á entrega dese diñeiro: so ten que ser para reactivar empresas, non para refinanciar servizos ou nacionalizar empresas en crise.

Se quixermos gañar, porque a situación de “emerxencia social” non da para medias tintas, hai que rematar coas convocatorias a golpe de asubío, que deixan nas mans das cúpulas sindicais os seus limites; son elas as que deixaron pasar todo este tempo e son elas as que chamaron sistematicamente a confiar nos gobernos que mentiron.

A construción desa Xornada de Loita, no cadro dun Plan de Mobilizacións contra o desemprego e a precariedade ten que facerse desde os centros de traballo, de estudo, barrios e vilas, en asembleas abertas onde se discutan e aproben os obxectivos e a duración da loita.

As organizacións políticas e sindicais da clase traballadora, o sindicalismo de clase e combativo teñen que se pór á tarefa da construción desa Xornada e dese Plan de Mobilizacións, pois sem industria non há futuro para ningum sector da sociedade.

Corrente Vermella só confía na capacidade loita da clase traballadora, e chama á poboación traballadora a non fiar NUNCA nas promesas dos governos que traballan para o inimigo, o capital e as grandes multinacionais.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-03-2021 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0