A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POR UNHA VOLTA ÁS CLASES SEGURA E CON GARANTÍAS!
MAIS RECURSOS, MAIS DOCENTES, MAIS AULAS: VAINOS A VIDA NISO

Se algo demostrou a pandemia é a ineficacia do capitalismo para resolver os problemas socias que, agora máis que nunca, necesitan dunha resposta contundente. O goberno de PSOE-PODEMOS, supostamente do cambio, e a Xunta do PP de Feijóo e o resto das institucións e gobernos tiveron mais de 5 meses para preparar a volta as aulas e non foron quen de facer nada.

Isto non é casual. O abandono da educación pública neste país, con recortes e privatizacións, era evidente moito antes do estalido da pandemia.
Os contaxios destes días demostran que os centros non dispoñen de recursos suficientes para garantir a separación necesaria, nin persoal docente suficiente para cumprir o ratio de alumnado, nin persoal administrativo nin de limpeza, para garantir a volta con garantías.

No caso de Galiza, a Xunta do PP segue sen escoitar á comunidade educativa e a súa política limítase a un simple ?vos ídelle dando?: desorganización, improvisación e desinterese que coma sempre pagamos a clase traballadora:

- o persoal docente asumindo unha carga de traballo imposible sen medios a estas alturas, e responsabilidades que non corresponden á súa función. Ademais de afondar na precarización do persoal interino debido á continúa improvisación dos gobernos.
- as familias traballadoras que sufrirán cos contaxios do alumnado novas corentenas que obrigarán a pais e nais traballadorxs a ter que deixar de ir a traballar para atender ás crianzas na casa, ou implicarán a volta a un modelo semipresencial, no que as familias sen recursos non poden asumir como xa quedou claro durante o curso pasado.
- sobre todo, unha política de información caótica que se resume en que ningunha familia traballadora sabe o qué facer se xs fillxs resultan contaxiadxs.

Para combater o fracaso escolar e garantir aulas seguras necesitamos unha escola e unha universidade digna, non unha gaiola de grilos, nin que manden a casa cada dos por tres por confinamentos para os que tampouco estamos preparados.
O dereito á educación universal e pública foi unha gran vitoria da clase traballadora que custou moito esforzo arrincárllela a outras clases. Non esquezamos isto. Se os gobernos con competencias en educación queren garantir ese dereito á educación deben investir na construción de infraestruturas de calidade e na contratación de docentes para reducir ratios a 15.

Debemos esixir que garantan que cada centro dispoña de protocolos e profesionais sanitarios ó cargo de detectar posibles positivos, con acceso a test e recursos para que todo o alumnado poidamos confinarnos sen perder clases, combatino a fenda dixital.

Debemos esixir o incremento do persoal docente, de atención educativa e servizos preciso para aplicar estas ratios de seguridade e hai que garantir EPIs.

Docentes e estudantes: unidas adiante!

Xa vemos como comeza o curso. Esta volta ó cole pon en perigo as nosas vidas e as dos nosos seres queridos. Se non facemos nada agarda-nos un ano de confinamentos intermitentes, estudo na casa, exames e selectividade sen preparación, e o peor: contaxios e algunhas mortes. É urxente organizar e redirixir a indignación de estudantes, nais e pais, docentes e resto de persoal cara a loita.

Están convocadas folgas pola comunidade educativa en varios lugares do estado español, e aquí en Galicia, estas mobilizacións deben estar ao servizos dun obxectivo conseguir volver as aulas seguras para todos e todas. É necesario a Coordinación de todo o movemento e non responder de forma illada unhas doutras.

Debemos ter moi claro que perseguimos coas nosas mobilizacións: parar as clases indefinidamente ata conseguir os recursos precisos para garantir calidade no ensino e sen risco de contaxio. Ese é o único camiño: que estudantes, nais e pais, e persoal docente e non docente nos organicemos conxuntamente.

Para elo é necesario un plan de loita consistente, en primeiro lugar, a celebración de asembleas decisorias nos centros de estudo, onde sexan os propios estudantes e o conxunto da comunidade educativa, as persoas activas da loita quen decidan a folga e outras medidas a levar a cabo.

As folgas non son un fin en si mesmo senón un medio para acadar as nosas reivindicacións. Aí é onde todas as organizacións políticas, sindicais estudantís e de docentes, ANPAs e plataformas pola educación pública debemos poñer todo o noso esforzo. Continuar o camiño aula por aula, claustro por claustro e barrio por barrio, pero ó mesmo tempo.

Celebramos as iniciativas unitarias que se deron en moitos territorios como Catalunya ou Andalucía. Estudantes, docentes, pais e nais de Corrente Vermella poñemos-nos ao servizo da loita e a sua organización.

Asembleas unitarias en cada centro!

Baixada de ratios, medidas de seguridade e contra a fenda dixital! Recursos para garantir materiais, profesorado e infraestrutura!

Reversión dos recortes e aporte extraordinario para salvar a educación pública! Por un 7% do PIB adicado a Educación! Non ó pago da débeda!

Educación 100% pública de calidade, segura, de balde, inclusiva, laica e que respecte as linguas dos territorios e a diversidade das persoas!

Unidade das loitas en defensa dos servizos públicos!

Pola saúde do conxunto da clase traballadora!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 22-09-2020 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0