Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Oferta para comarca do CIMO
Empregado/a administrativo/aNº da oferta 971791
Carballiño (O)
Empresa madeireira precisa persoal
con nivel alto de inglés para traballar
no departamento de Comercio
Exterior. Necesaria titulación mínima
de Ciclo Superior na rama da
Administración e experiencia de seis
meses no posto. Valoran
coñecementos de francés.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 18-06-2009 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Traballos de manualidades

As asociacions de Mulleres do Rural da Comarca, realizan distintos obradoiros e cursos de Manualidades.
Con eles ademais do desenvolvemento dunha actividade formativa, buscan a mellora de psicomotricidade fina, aumento da autoestima e socialización en comunidade.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 17-06-2009 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Elas, eles fixeron Galiza
Estes forón os primeros xogos, adiviñas, cantigas e refráns, do/as,nosos/as devanceiros/as, aqueles/es que aínda, por sorte se lembran, e que os/as mais novos/as, quizais non valoramos como debemos. Algunha das persoas teñen na memoria o pasado e recordan cantigas e refráns nas que o castelán primaba ou que se mesturaban co galego, nembargantes, non recordan o seu presente.
É parte da vida de moitos, dos que con 6 anos xa foron serir a Vilas, ou os que con 10 emigraron de Galiza, sen outra axuda, que estampas de santos e allos nos bolsillos das chaquetas, que forán remendadas antes de partiren.
Mulleres e homes, que quizais, criaron aos seus fillos en castelán, francés, alemán,..., gardando na lembranza o seu galego, un pouco rancorosos de teren que perder parte do seu, de ficar a terra éstrana, que nin comía nin bebé o esmo, que os fixo fillos/as adoptivos, e que cos anos, os que puideron e poden voltar, con tristura pensan, que Galiza camiñou soa, que non os agardou.
Memoria tamén dos/as que agardaban, dos/as que esperaban a que voltasen. Das mulleres que quedaron e medraron nunha Galicia que respiraba distinto, que esperaba o mes de verán, a carta de lonxe, o xiro dos de fora.
Os que con certa tristura, recordan que non aprednderon a diferencias o "B" e o "V"; naqueles estudos primarios, que estaban suxeitos ao horario da casa, do gando, da feira.
Lembran tomar leite en pó na hora do recreo escolar, leite que cando mais quente estaba, era cando a mestra se lembraba de deixala ao sol. Aquel leite en pó, que os americanos tiñan a ben, mandar a esta terra despois da guerra, e que entraba na cartilla de racionamiento.
Eran de pizarrín e pizarra, de zocos, de pantalón curto. De rezo na entrada ao colexio, de crucifixo, e de vista ao fronte.

Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 17-06-2009 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
OFERTA CIMO
Persoal para salón de peiteados
Nº da oferta 971744
Avión
Realizará tarefas de corte, peiteado, lavado e tinguido de
cabelo a xornada completa. Necesaria titulación de Ciclo
Medio ou Superior na rama. Entre 18 e 40 anos.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 16-06-2009 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
OFERTAS NA COMARCA (CIMO)
Carpinteiro/a metálico/a - Carballiño (O) - Nº Oferta 971721
Empresa de carpintaría metálica necesita persoal con un ano de experiencia no posto ou titulación no sector para traballar a xornada completa en
horario a convir.
Axudante/a de panadaría - Maside - Nº Oferta 971703
Apoiará e axudará ao panadeiro nas tarefas de amasado e preparación do pan e empanadas. Valoran experiencia no posto. Necesario permiso
de conducir clase B e vehículo propio. Horario de 22:30 a 7:00.
Aprendiz de carpinteiro/a - Carballiño (O) - Nº Oferta 971717
Traballará nunha carpintaría metálica a xornada completa en horario a convir. Necesario permiso de conducir clase B e medio de transporte para
chegar ao lugar de traballo. Valoran coñecementos do sector. Entre 18 e 20 anos.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 12-06-2009 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendamos
O orixen Perdido, libro de Matilde Asensi.

Trama:
Extrana enfermidade que deixa en estado vexetativo o irman dun dos protagonistas.
(Recomendao: Lucila 11 anos)
Ainda así, é unha novela ideal para adultos.
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 11-06-2009 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
<Axudante/a de panadaría - Maside - Nº Oferta 971703
Apoiará e axudará ao panadeiro nas tarefas de amasado e preparación do pan e empanadas. Valoran experiencia no
posto. Necesario permiso de conducir clase B e vehículo propio. Horario de 22:30 a 7:00.

Oferta CIMO emprego (11/06)
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 11-06-2009 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE MANEXO DE WORD
CURSO PERFECIONAMENTO DE WORD.-
DURACIÓN.- 20 HORAS
DATA.- meses de xullo e agosto (datas a confirmar)
HORARIO.- 10:30 a 12 hora
COLECTIVO.- usuarias/os con formación en iniciación
Contacto:
Aula Conectad@s ó Mundo

METODOLOXÍA.-Adaptada o grupo en formación, atendendo as expectativas das/os usuarias/os

DESCRICIÓN.-As/os usuarias/os adestraranse no manexo do WORD , e finalizar o mesmo serán capaces de realizar un documento de textos utilizando todas as ferramentas correspondentes.

PROGRAMA PORMENORIZADO.-
Test Inicial:
Copiar una noticia e poñerlle o formato axeitado, de forma que se utilicen as opcións de formato coñecidas.
Insertar unha imaxe prediseñada do arquivo.
Gardar o documento na carpeta, cun nome referente a noticia

Abrir o programa
Dende o menú de inicio
Dende un acceso directo no escritorio (no caso de que non telo, crealo)
Interfaz de Word
Como unha fiestra normal
Barra de ferramentas (Superior)
Barra de debuxo (Inferior)
Barra de desprazamento

Menú  Arquivo
Crear un documento novo ou abrir un xa existente
Gardar un documento (gardar e gardar como)
Pechar o programa
Configuración da paxina
Vista Preliminar
Exercicio do menú arquivo (Crear un novo documento nunha páxina horizontal e gardalo)
Repasar interfaz de Word

Crear un arquivo de texto .
Menú  Edición
Desfacer / Refacer
Cortar / Copiar / Pegar
Seleccionar todo
Distintas formas de seleccionar
Por texto
Por linea
Triple clic
Buscar unha palabra no texto
Reemplazar unha palabra por outra
Ir a  Una línea
Iconos na barra de ferramentas correspondentes

Menú  Formato
Formatos de fuente
Formatos de párrafo
Menú à Taboa
Insertar
Eliminar
Autoformato
Mostrar líneas de división


Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 11-06-2009 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
INICIACIÓN A INTERNET
DURACIÓN.- 4 horas
DATA.- do 18 a 25 de xuño
COLECTIVO.- Mulleres

DESCRICION:_

As usuarias achegaranse o coñecemento da función da rede de internet, e utilidade da mesma.

METODOLOXIA.-

Adaptada ás usuarias en formación.

Contacto.-
Aula Conectad@s ó Mundo
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 10-06-2009 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
Posto de Camareiro en Leiro (CIMO)
Camareiro/a para restaurante - Leiro - Nº Oferta 971665
Atenderá clientes no comedor dun hotel - restaurante en horario de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 24:00. Imprescindible formación na rama da hostalaría ou experiencia no posto, así coma medio de transporte para chegar ao lugar de traballo.
(Oferta do Cimo /data: 09/06)
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 09-06-2009 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0