Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BO NADAL
felicitacion do NadalFEMURO, desexavos un bo nadal e un feliz aninovo 2010 a todas/os.

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 21-12-2009 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
OFERTAS DE cimo
Cociñeiro/a - Ribadavia - Nº Oferta 973730
Casa rural precisa persoal para realizar menús diarios e pratos á carta. Imprescindible experiencia mínima de tres anos no posto, ademais de
coñecementos de cociña tradicional española
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 18-12-2009 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADE CREATIVA
Dende o Punto de encontro de FEMURO, a actividade Creativa deu lugar a un montón de traballos de mans das mulleres participantes na mesma.

Coa axuda dunha das nosas traballadoras e a aportación de cada unha das nosas usuarias as mostras de traballos dan fé da orixinalidade e bo facer, creando desde os tradicionais arbores de nadal para adornar os fogares nestas datas, ademais de fundas para os lentes, panos, moviles, froches.....
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 18-12-2009 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
CONTINUAMOS TRABALLANDO DURANTE O NADAL
O punto de encontro de FEMURO en O Carballiño, permanece aberto durante as datas de Nadal, no que a Aula Conectad@s o mundo manten a formación, así como a atención para realización de curriculums ou asesoramento.

Aproveitamos para desexarvos un Bo Nadal e un feliz Ano Novo 2010.

Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 17-12-2009 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendamos novo libro
El Factor Humano, un libro de John Carlin.

Un libro entretido, que nos fai compreder o que a intelixencia de Nelson Mandela e un partido en xogo, pudo facer para salvar a distancia entre negros e brancos.

Recomedado por:Alicia
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 27-11-2009 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO CURSO DE INICIACIÓN
COMENZAMOS UN NOVO CURSO DE FORMACIÓN INICIAL DE 20 HORAS DE DURACIÓN.

DE 10:30 A 12 HORAS (Luns e mercores).

Para inscrición, acercarse o Punto de Encontro de FEMURO o chamar o teléfono: 988272668.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 27-11-2009 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
PUNTO DE ENCONTRO
Para participar en calquera das formacións en alfabetización dixital, deben acercarse o punto de encontro.

Comenzamos novo curso de iniciación na vindeira semana.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 24-11-2009 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
O NOVO PUNTO DE ENCONTRO
Dende hoxe (23 de Novembro), xa estamos no novo punto de encontro de FEMURO en Carballiño.

Si queredes participar nas novas formacións, estamosvos esperando para:

Alfabetización dixital de adultos e rapaces e para o novo curso de Manualidades no que realizaremos distinto agasallos de nadal e obteremos o mesmo tempo a mellora da psicomotricidade fina e a nosa creatividade ira en aumento. Esta actividade se vai a levar a cabo todos os venres en horarios de mañan e tarde.
¡Pasade polo punto de encontro!
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 23-11-2009 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
ABRIMOS DE NOVO
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), no seu punto de encontro no Carballiño abre de novo as súas portas e actividades a toda a poboación da Vila e comarca, na nova situación na Rúa Castelao nº15., poden recibir información no teléfono:988272668
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 19-11-2009 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS INSTALACIONS
Dende o vindeiro día 15 de Novembro o punto de Encontro da Federación de Mulleres Rurais de Ourense na comarca do Carballiño, pasa a situarse na C/. Castelao nº15 da Vila.
O igual que se fixo nos casi seis anos de actuación levadas a cabo no actual Centro sociocomunitario, o persoal de FEMURO vai a seguir atendendo tanto as asociacions de mulleres, como o resto da poboación que se acerquen a nosa entidade, na procura da igualdade, formación, asesoramento e recoñecemento do medio rural en xeral e da muller en particular.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 05-11-2009 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0