Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Continuación II....
Lembran ter como xogo, recoller os bichos da patacas nun bote; ata que comenzarón a chegar as primeiras maquinas de sulfatar.
Non sabían de tecnoloxía dixital, pero, facían os seus brinquetes, amañados, caseiros e reciclados.
que recordan o carro das vacas, de poñerlle a chavella. De cargar os cestos no lombo, de facer medeiros de herba. Chamar as vaca, aos cabalos e ás bestas. Cargas os fillos ou os irmáns ás costas.
As que xa dende nenas, recordan camiñar 2 e 3 kilometros co baldo á cabeza e os caldeiros na man. ben para levar o leite ou para buscar auga.
Que souberon facer as trenczas perfectas ás fillas e netas, aprendendo a facer o cadrelo ao cabalo.
Son as mulleres que non recibiron ningunha educación sexual, pero que tiveron que ser as que loitaran para que as súas fillas si que a tiveran. Que gardaban tradición de pureza ou que recordan as palleiras coma recunchos de apertas e agarimos as agachadas.
Son as que chegaron a ter mozos no servizo militar, e recibían letra caligrafica co comezo.

Querida novia:
El que te quiere y te aguarda.

Tuyo siempre.......


ou as que quedaron en estado (coma elas din, para que eles non foran o servizo).
Saben do paso da cociña de lareira, co tres pés e pote; as cociñas de ferro do nº7 ou nº9, as mais previlexiadas con billa e as outras co servizo pro latrón da auga, co "calderín" para a auga quente (¡cando chegaron aqueles primeiros cartos que mandou o home ou os fillos/as!).
Gardaron na arqueta, pasaron á alacena e ao armario de cociña coas portas verdes, ¡todo un luxo dos 50!
De pratos de pedra, que se gardaban coma tesouro e se reparaban se rompian, coñeceron a porcelana o duralex, a chegada da auga de deposito, a traída e os lavalouzas.
Que recordan os muiños, o pan de centeo. Saben de feiras, de tratantes de batas azuis; de alcumes e motes de familia (os Charnelos, Os Tratantes; Os Catalinos, os Crepos....); de leiras, de eieras, de cabaceiros e colmos.

Recordan, cadelas, reais, pesos, pesetas e agora Euros.
Que loitaron por ter unha cartilla de aforros ou deixar de ser meras posesións.
Viron aparecer o Divorcio en España, e que algunha recorda tamén por contra a Guerra Civil ( a fame, a dor, as rencillas que quedaron, os que marcharon....)

Saben dunha soa lámpada para toda a casa, (depois de ter pasado polo candil de carburo ou de gas), a pera da luz, de cable longo, que retorcía, pero que permitía xa facer o camiño pro mando a distancia.

Lembran a primeira radio, que se gardaba no estante con volante privilexiado, a poder ser, tapada pra non se machar, e que recibía o destapa pra hora de escoitar a música, as noticias, a novela. As mesmas que ven, coma agora os seus netos/as e bisnetos/as non escoitan. "Simplemente María....(novela radiada dos anos 60);
Din elas:
¡levan eses raio de esas cousas nas orellas!....


Os/AS que non recordan ter a televisión ata os anos 60 e 70 cando por as aldeas apareceron as primeiras; aparello que comprada por un, era de todos os veciños. Servindo de motivo socializador, aínda sendo en branco e negro, que facia mil raias e que nalgúns dos casos a forza de luz non era capaz nin de prendela.
Todas/os saben do festival de Eurovisión, e brisca no mesmo día, ¡aquelo paraba todo!, e de comenzos do fúrbol televisado (Pirri, Velazquez....)

A todos e todas que por emigrar ou por quedar, agardar e loitar fixeron o camiño dos anos, que domo din:
¡pasan deseguida!

Mulleres e homes que fixeron de Galiza o que hoxe é, ben ou mal, tan só buscaron o que creron mellor, cando os tempos non tiñan bytes, megabytes, nin gygabytes, solo se pensaba en ferrados, cuartas e cuartillos.

A todas elas e eles ¡grazas! por gardar o recordo da nosa historia
(Alicia González B.)
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 30-06-2009 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0