Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xornadas de Desenvolvemento Rural (2012)
XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL.
Carballiño, 17 e 18 de Novembro de 2012.



Os vindeiros días 17 e 18 de Novembro, a Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organiza as Xornadas de Desenvolvemento Rural na Residencia de Tempo Libre da Xunta de Galicia en O Carballiño. Nesta xuntaza máis dun cento de mulleres de todo do rural ourensán reúnense co propósito de dar a coñecer iniciativas empresariais levadas a cabo no medio rural por mulleres emprededoras.

As Xornadas comezan o sábado día 17 coa recepción das participantes que se desprazaran dende fora da comarca para asistir as mesma, e posteriormente se reúnen nun xantar de confraternidade coas mulleres asistentes da comarca do Carballiño. A inauguración das xornadas serás as 16.30 da tarde. A continuación as disertacións sobre as ?Formas de Vivir no Rural Galego?, no que escoitaremos as de Experiencias protagonizadas por dúas mulleres do rural galego, neste caso dúas experiencias levadas a cabo na provincial de Lugo.

Dna. Marta Álvarez , de ?Granxa Maruxa?, e Dna. Mª Jesús Exposito de ?Cooperativa Milhulloa?, ambas iniciativas, xa recoñecidas e premiadas en varias ocasións. Estas mulleres contarannos as súas experiencias de comezos duros e camiñar esperanzador, que deixan ver que unha vida no rural é sostible e posible, que o rural ten perspectivas laborais de futuro, non sen deixar loita e dubidas no camiño, sen ter tempos duros, pero, sí con pasos que como os destas mulleres demostran que o rural pode ser unha saída a tan nomeada crise.

Acabadas as disertacións seguira a rolda de preguntas, na que as mulleres participantes poderán mostras as súas dubidas, inquedanzas e reflexionarán sobre o traballado das mulleres no diario.
Rematado este acto, unha visita a Vila do Carballiño, fará visible os encantos que esta poboación pode ter para o visitante e remataremos o día cunha velada de confraternidade.

O Domingo 18 disfrutaremos dunha andaina matutina percorrendo o parque municipal e parte do Camiño do Arenteiro, nun xeito de mellorar a saúde e de animar o movemento.
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 14-11-2012 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0